11/2/22

Recomendacións en Radioleiros: 11 febreiro 2022

- Infantil (de 6 a 8 anos):

Bajo las olas, de Meritxell Martí con ilustracións de Xavier Salomó
Flamboyant

Cun texto breve e unhas ilustracións de gran calidade, esta nova aportación de Martí e Salomó lévanos polos camiños da integración con dous nenos que se coñecen nunha praia.

- Mozas/os e adultas/os:

Medos, de Héctor Carré
Xerais

Versión electrónica en Galiciale

Doce relatos arredor do medo contados con prosa firme e de calidade, desenvolvendo historias ás veces con humor e outras con pesadelos. Un conxunto satisfactorio da man do guionista Héctor Carré.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


8/2/22

Hora do conto e actividades infantís: 7 a 11 de febreiro 2022

- Hora do conto para nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Todas as sesións serán ás 18:30 h.
- Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
 
Luns 7 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Lía Magalia
TÍTULO: “Bruxerías"
 
Martes 8 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Debaixo das mantas"

Mércores 9 de febreiro 
Aforo completo!!!
TÍTULO: “Irene no Sáhara"
 
Xoves 10 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Moito conto"
 
Xoves 10 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
TÍTULO: “Extra"

Venres 11 de febreiro 
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507
CONTACONTOS: Galeatro
TÍTULO: “Comechíns, 2º prato"
 
                                                       AVISOS

Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Entroido 2022 nas Bibliotecas de Oleiros

Goza do Entroido nas Bibliotecas Municipais de Oleiros con obradoiros nos que poderás realizar un peliqueiro articulado. 

- Dirixido a nenas e nenos a partir de 6 anos.
- Máximo de participantes en cada obradoiro: 15.
- Imprescindible inscribirse na biblioteca na que desexen participar. Podes facelo telefonicamente ou achegándote á biblioteca correspondente. O prazo para inscribirse ábrese 10 días antes da data de realización da actividade.
- Hora: 17:30.
 
 
 
- Xoves 17 de febreiro
Biblioteca Central Rialeda. (Perillo)
Aforo completo!!!
- Venres 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. (Mera)
Aforo completo!!!
- Venres 18 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole. (Nós)
Tel.: 981 664 257
- Luns 21 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso. (Dorneda)
Tel.: 981 626 638
- Martes 22 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Manuel María. (Oleiros)
Aforo completo!!!
- Mércores 23 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Aforo completo!!!
- Xoves 24 de febreiro
Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño. (Lorbé)
Tel.: 981 618 201

AVISOS
* Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, nas sesións presenciais será necesario notificar os datos persoais dos/as participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

* O/A adulto/a responsable de cada un dos/as menores de idade deberá permanecer necesariamente no recinto da biblioteca ata que remate a actividade e recolla o neno ou nena.

Novidades en Libros - Febreiro 2022

 Libros para todas as idades, fai clic sobre o documento.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 9 febreiro 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Homenaxe a Darío Xohán Cabana. Comentario dunha selección da súa obra poética.
Coa colaboración da catedrática de lingua e literatura galegas Rosa García Vilariño.
Documentación

Seguinte lectura: Ébano, de Ryszard Kapuściński

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 8 febreiro 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La mancha humana, de Philip Roth
Documentación

Seguinte lectura: Poesía lírica medieval (selección de textos)

4/2/22

Recomendacións en Radioleiros: 4 febreiro 2022

- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos): 

"A estraña visita" de Gracia Iglesias. Ilustracións de Vicente Cruz. Editado por Bululú.

Inspirada nun conto tradicional escocés, “A estraña visita” é unha historia terroríficamente divertida na que unha velliña que desexa ter compaña vaise atopar, nunha noite tormentosa, cunha visita inesperada e moi estraña. Historia de humor arrepiante cun sorprendente final. 

- Mozas-os e adultas-os:

"Madialeva" de Ana Moreiras. En Aira.

Madialeva é un colorido libro de banda deseñada que nos traslada á Terra Chá, concretamente ao lugar de Miraz, no que a autora pasou a súa infancia e no que todas-os poderíamos recoñecer a nosa aldea. É unha homenaxe, tan sentida como reivindicativa, ao rural galego afastado de tópicos e moi especialmente ás súas mulleres. Mulleres fortes e loitadoras como Pelines, Gloria ou Mirta ás que este cómic dá voz.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


31/1/22

Presentación do libro "Un peixe na gorxa" de María G. Cotelo

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 3 de febreiro, ás 20:00 h., terá lugar a presentación do libro "Un peixe na gorxa" de María G. Cotelo.

María G. Cotelo estará acompañada do escritor Cesáreo Sánchez.

O poemario Un peixe na gorxa, publicado na editorial Toxosoutos na colección Letra Inversa, é unha escolma poética formada por 43 poemas que falan do amor, o desamor, a beleza... Para a autora, escribir poesía é unha especie de catarse mediante a cal canaliza as paixóns que dá a madureza.

María G. Cotelo vive en Santa Cruz (Oleiros). Traballa na empresa familiar desde hai máis de vinte anos. O seu amor pola poesía, alimentado pola canción popular, venlle desde nena. Ten un Blog de contos denominado La vida a cuestas, no que escribe tanto en galego como en castelán. A lectura e o atletismo son as súas maiores afeccións.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido para que gocen coa palabra.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: mércores 2 febreiro 2022 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La herencia, de Vigdis Hjorth
Documentación

Seguinte lectura: El fin de semana, de Bernhard Schlink

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 1 febreiro 2022 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Y llovieron pájaros, de Jocelyne Saucier
Documentación

Seguinte lectura: A nena do abrigo de astracán, de Xabier P. Docampo

28/1/22

Recomendacións en Radioleiros: 28 xaneiro 2022

- Xuvenil (a partir de 14 anos):

O mal querer, de Natalia Carou
Baía

É a historia dun rapaz de 17 anos que nun momento determinado da súa vida comete un delito, ingresa nun centro de menores e alí coñece a Iria, a psicóloga encargada dos seus informes. Ela irá descubrindo que nada é o que parece, involucrando aos lectores nunha historia dura na que atopamos maltrato, acoso, machismo, drogas e tamén por que non decilo, a desidia dun entorno familiar pernicioso.

- Mozas/os e adultas/os:

El hereje, de Miguel Delibes
Destino

A novela narra a vida do vallisoletano Cipriano Salcedo marcada por nacer o mesmo ano no que naceu a Reforma Luterana. Desde a súa infancia, Cipriano veráse inmerso nun sinfín de inquietudes espirituais, que o levan a buscar axuda na súa formación relixiosa.
Mentres a súa vida segue, hereda o negocio de la do seu pai, que amplia co curtido e comercio de peles, convertindo o zamarro dos pastores nunha peza de roupa usada por todas as clases sociais. Viaxa a Flandes onde se pon en contacto coas doctrinas de Erasmo. É denunciado ao Santo Oficio, detido e xulgado coas mínimas garantias de xustiza.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.