6/7/21

Natureza na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)

Este verán, máis que nunca, natureza na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera)!!!

Agora que voltamos ao contacto coa natureza polos beneficios para a nosa saúde física e psíquica, desde a Biblioteca de Mera animámosvos a visitar a nosa mostra de libros sobre natureza, especialmente dirixida á rapazada e as súas familias.

2/7/21

Ler conta moito en xullo: maxia en Lorbé e contacontos en Oleiros

No mes de xullo poderás gozar de dúas sesións de Ler conta moito:

- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé)
Xoves 8 de xullo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201
Maxia para nenas-os a partir de 6 anos con Leo Leiño co espectáculo “A peregrina máxica”.

Martes 20 de xullo
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700
"Contos do mundo" para nenas-os a partir de 6 anos con Solidariedade Internacional de Galicia.

Recomendacións en Radioleiros: 2 xullo 2021

- Xuvenil:

Atranco no banco, de Manuel Núñez Singala
Galaxia, 2020

Versión dixital en Galiciale

Comedia teatral baseada nun feito real acaecido hai anos: un director dun banco e o seu irmán son detidos por atracar a súa oficina. Catro personaxes que Núñez Singala regálanos nun enredo disparatado nunha mañá dun domingo.

- Mozas/os e adultas/os:

Los amnésicos: historia de una familia europea, de Géraldine Schwarz
Tusquets, 2020

A autora, filla de alemán e francesa, estuda o comportamento dos seus avós na Alemaña dos anos trinta nunha investigación que chega aos tempos actuais e supón unha interesante aportación á Europa contemporánea.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Películas con orgullo na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz)

Os disturbios de Stonewall supuxeron un antes e un despois na loita polos dereitos da comunidade LGTBIQ+. A madrugada do 28 de xuño de 1969, o que comezou como unha redada policial rematou por convertirse nun movemento que mobilizou a milleiros de persoas que, por medo, permaneceran escondidas durante anos.

Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) unímonos a esta celebración pola diversidade sexual recomendando unha pequena selección de películas relacionadas coa temática LGTBIQ+


29/6/21

1 xullo en As Torres (20 h.): Presentación de “La serenidad y las palabras” de Miguel A. Castro

Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Día e hora: xoves 1 de xullo ás 20 h.
Entrada libre (ata completar capacidade permitida)

Intervirán: Miguel A. Castro (autor), Héctor J. Castro (escritor)

La serenidad y las palabras” é unha novela publicada pola editorial Adarve, na que un narrador indaga nos aspectos relevantes da súa vida, partindo da infancia ata o momento actual, tendo a temática amorosa como fío condutor.
Unha obra que trata sobre a necesidade de amar, pero tamén da necesidade de esquecer.


Miguel A. Castro é licenciado en Arqueoloxía e Prehistoria pola Universidade de Santiago de Compostela. Traballou en diversos proxectos arqueolóxicos. Actualmente traballa nunha entidade financeira.

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio  manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

25/6/21

Recomendacións en Radioleiros: 25 xuño 2021

- Infantil (a partir de 8 anos):

As pombas de Bastián, de María Canosa e ilustrado por Noemí López
Xerais, 2021

Versión dixital en Galiciale

Minia observa a diario como un home lles dá de comer ás pombas da rúa. A partir do primeiro encontro xurdirá unha fermosa amizade.

- Mozas/os e adultas/os:

Tirar del hilo, de Andrea Camilleri
Salamandra, 2020

Falecido no 2019, Camilleri é unha referencia mundial na novela negra. O seu personaxe Montalbano é de novo testemuña dunha crise humanitaria e ten que investigar a morte dunha modista en Vigàta.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

23/6/21

"Un verán para explorar" na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda)

Este verán achégate á Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) e atoparás lecturas estivais para todas as idades, poderás coñecer xente interesante na nosa sección de libros e pelis biográficas, preparar as túas escapadas viaxeiras coa axuda das nosas guías de viaxe ou aprender a ser un-unha explorador-a da natureza coa mostra infantil "Un verán para explorar".

18/6/21

Tertulian@s da Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz): trinta e tantos corazóns latexando xuntos!!!

A complicación deste último ano obrigounos a todas e a todos a cambiar moitos hábitos. 

Un deles foi pasar das tertulias presenciais ás virtuais. Non foi fácil xa que todo era novo, pero grazas ao apoio e ao interese amosado por tod@s @s tertulian@s fixémolo posible. E non só iso, senón que conseguimos gozar enormemente de cada sesión.

Desde a Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz), queremos agradecer ese empeño e cordialidade ás nosas tertulianas e tertulianos. 
 
Pola vosa fidelidade e comprensión!!! Por non tirar nunca a toalla a pesar das dificultades!!! 
GRAZAS DE TODO CORAZÓN!!!

Recomendacións en Radioleiros: 18 xuño 2021

- Infantil (a partir de 8 anos):

Xerais, 2020


Lea é a neta dun porteiro e ten a curiosidade de saber quen son os veciños e veciñas do seu edificio. Serán tal e como os imaxina?. Unha historia divertida con estupendas ilustracións.

- Mozas/os e adultas/os:


No Mozambique dos primeiros setenta, unha nena filla de portugueses lembra o seu día a día nun mundo dividido entre brancos e negros. Dun xeito duro e directo, esta filla de colonos transmite os últimos tempos da colonia nun texto polémico e admirado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

14/6/21

”No verán le algo diferente”, mostra de libros na Biblioteca Mª José Trincado (Mera)

Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) teremos unha mostra de libros de editoriais independentes non pertencentes aos grandes grupos do sector. Estas editoriais dan voz a autoras-es e obras descoñecidas para o gran público, que están fóra dos circuitos comerciais pero que ofrecen literatura de gran calidade. 

Grazas a elas descubrimos auténticas xoias que non deben pasar desapercibidas!!!

11/6/21

Recomendacións en Radioleiros: 11 xuño 2021

- Infantil (nenas-os a partir de 10 anos):

"A grande epopea do pianista de Cans" de Xosé A. Perozo; ilustracións de Fran Muñiz. En Auga Editora.

Pedro de Chamorro acadou gloria e sona no século XVIII pola súa adicación á música.

- Mozas-os e adultas-os: 

"Hora Zero: la inteligencia británica en España durante la Segunda Guerra Mundial" de Emilio Grandío Seoane. Editado por Cátedra.

Unha detallada investigación histórica dunha das partes máis interesantes da II Guerra Mundial.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/6/21

Parabéns, Ana Luísa!

Ana Luísa Amaral foi galardoada co XXX Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana. A escritora portuguesa está considerada unha das voces máis importantes das letras portuguesas dos últimos trinta anos. É profesora na Universidade do Porto, ten un doutoramento sobre a poesía de Emily Dickinson e publicacións académicas sobre poesía inglesa e estadounidense, así como poética comparada e estudos feministas. O Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana está suscrito dentro do Convenio de Cooperación Cultural entre a Universidad de Salamanca e Patrimonio Nacional. O galardón está dotado con 42.000 euros e ten por obxecto premiar o conxunto da obra poética dunha autora ou autor vivo que, polo seu valor literario, constitúa unha aportación relevante ao patrimonio cultural común de Iberoamérica e España. 
Tivemos a sorte de contar coa presenza de Ana Luísa Amaral, xunto aos prezados Xabier P. DoCampo e Xosé Cobas na Biblioteca Central Rialeda o 6 de maio de 2005 cando a biblioteca acolleu a bonita actividade "Estafeta do Conto", na que participaron o escritor galego, a escritora portuguesa, e o ilustrador galego, ademais de 35 nenas-os de 10 e 11 anos, do CEIP Valle-Inclán (Perillo). Rialeda foi seleccionada, xunto con outras bibliotecas do resto de Galicia, para levar a cabo esta iniciativa que organizou a Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. A actividade consistíu na elaboración dun conto colectivo entre nenas-os galegas-os e portuguesas-es conducidos polo escritor galego Xabier P. Docampo e a escritora portuguesa Ana Luísa Amaral. O conto iniciábase nunha biblioteca galega, viaxaba a unha portuguesa, volvendo a outra biblioteca galega para rematar nunha portuguesa. O resultado desta creación entre nenas-os de Oleiros, a poeta portuguesa e o escritor galego foi engadido a outros tres contos que foron elaborados coa mesma dinámica e que contaron coa participación doutras-os creadoras-es galegas-os e lusas-es.
 
Finalmente este conto transfronteirizo e intercultural publicouse en galego e portugués, conxuntamente pola Xunta de Galicia e o Ministério da Cultura de Portugal. Esta fermosa iniciativa deu lugar ao libro "Pasos de música, camiños de auga = Passos de música, caminhos de água", con espléndidas ilustracións de Xosé Cobas.

Parabéns, Ana Luísa!!!

8/6/21

Eric Carle (1929-2021): expo de eirugas, elefantes, camaleóns e papás que acadan lúas

Hai uns días que nos deixou Eric Carle, autor e ilustrador da eiruga máis coñecida do mundo da literatura para cativas-os. O conto protagonizado por esta larva de bolboreta é un auténtico best-séller infantil. "Unha eiruga moi larpeira", "La pequeña oruga glotona" en castelán, foi traducido a 66 linguas e leva vendidos máis de 50 millóns de exemplares.

Esta historia engaiola a nenas-os de todo o mundo polo seu humor e as cores das ilustracións feitas en colaxe, papeis pintados a man e recortados que conforman imaxes brillantes. Moitos dos seus libros teñen páxinas esfuracadas, luces que pestanexan e sons, o que o convertíu nun precursor dos álbumes para ler e xogar. Outro dos seus libros máis lidos e xogados nas nosas bibliotecas é "Papá, por favor, achégame a lúa", "Papá, por favor, consígueme la luna" en castelán.

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) fixemos unha expo co libro da eiruga e os outros bichiños deseñados por Carle para que os sigas gozando na túa casa.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 9 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Madres e hijas, relatos recopilados por Laura Freixas
Documentación

Nun ano difícil con cambio de formato da tertulia, agradecemos a comprensión e agarimo de todas/os os participantes.

Vémonos en outono!

7/6/21

Expo de libros na Biblioteca Mª José Trincado (Mera): "O apoio incondicional das nosas nais e pais é o mellor lugar para crecer"

Todas-os temos unha familia e cada unha é diferente.
 
As nais e os pais son uns dos referentes e figuras de apego máis importantes das nosas nenas e nenos.
 
Na mostra bibliográfica amósanse contos da relación que se establece entre nais e pais coas súas fillas-os.