Pulsa na imaxe para visualizar a guía
3/6/21
Novidades Libros Xuño 2021
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
14:34
No hay comentarios:
Etiquetas:
Boletín de novidades
2/6/21
"Lecturas de ida e volta" na Biblioteca Manuel María (Oleiros)
Os libros desta exposición son viaxeiros e pasarán connosco boa parte do verán. Podes levalos en préstamo durante 21 días e logo devolvelos na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros), na que están de visita, para que poidan seguir o seu camiño. Atoparás interesantes títulos de novela para adultas-os e literatura infantil!
Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 2 xuño 2021 (Grupo A). Remate da tempada
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)
Comentario de La impaciencia del corazón, de Stefan Zweig
Documentación
Agradecemos ás participantes a súa fidelidade e agarimo neste atípico ano, especialmente a súa dispoñibilidade ao cambio de formato da actividade.

Vémonos en outono!
1/6/21
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 1 xuño 2021 (Grupo B). Remate da tempada
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)
Comentario de Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Documentación
Esta sesión pon punto final á tempada nas tertulias da Biblioteca de Santa Cruz. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.
Vémonos novamente en outono!!!

Comentario de Me llamo Lucy Barton, de Elizabeth Strout
Documentación
Esta sesión pon punto final á tempada nas tertulias da Biblioteca de Santa Cruz. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.
Vémonos novamente en outono!!!
Publicado por
Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros
en
9:07
No hay comentarios:
Etiquetas:
Biblioteca de Santa Cruz,
Tertulias Literarias
28/5/21
Recomendacións en Radioleiros: 28 maio 2021
- Infantil (nenas-os a partir de 4 anos):
"Extra!". Texto das cancións e música de Paco Nogueiras. Ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.
"Extra!". Texto das cancións e música de Paco Nogueiras. Ilustracións de Marc Taeger. En Kalandraka.Libro-disco dedicado “aos nenos, nenas e familias que seguen a cantar e a bailar cun sorriso pese a todas as dificultades dos tempos actuais”.
Está formado por 12 cancións. A 1ª titúlase “Extra!”, igual que o libro-disco, nel explica que é un xornal musical para compartir porque cando era pequeno imaxinou facer o seu propio xornal onde se tratasen todos os temas, pero sobre todo con moita música. Presenta noticias con letras, debuxos e sons, porque para el unha publicación entra polos ollos, polas mans e polas orellas.
A segunda é “Dime por que” e coméntanos que ten unha pregunta difícil de explicar:
Por que é salgada a auga do mar?
Como voan os paxaros, co difícil que é voar?
Quen inventou a música e nos puxo a bailar?
A 3ª fala do que se pode facer coa bicicleta.
A 4ª de cando estou enfadado ou enfadada.
A 5ª dos superheroes e das superheroínas.
A 6ª trata da ecoloxía:
Derrétese o xeo, cada vez hai máis calor.
A terra fica cansa con tanta explotación.
...
Con estas cancións convídanos a conectar co mundo e a transformalo pero con alegría.
Invitamos a todas as nenas e nenos a que escoiten o disco, lean as letras e miren as imaxinativas ilustracións. Estamos ante un divertido libro-disco que serve para escoitar pero tamén para aprender, e que sobre todo aporta beleza e diversión.
Algunhas cancións teñen videoclips realizados por José Miguel Sagüillo cos que se pode desfrutar conectándose en www.kalandraka.tv
Pódese gozar en familia, polo que o recomendamos para todas as idades, pero unha orientativa sería a partir de 4 anos.
"La edad del desconsuelo" de Jane Smiley. Editado por Sexto Piso.
Trata sobre a vida en parella e a perda da felicidade.
Preséntanos a Dana e a David, dous estudantes de odontoloxía que ao acabar a carreira casan e montan unha clínica dental, pero iso leva consigo unha hipoteca de 2.500 $ ao mes. Non foi fácil cumprir os prazos, pero conseguírono. Cando ía todo encamiñado Dana quedou embarazada. Nuns anos tiveron 3 nenas (Lizzie, Stephanie e Leah). Son unha familia próspera, cunha xornada laboral a tempo parcial que teñen que preocuparse de cuestións de odontoloxía e do coidado, educación e crianza das nenas. Aparentemente todo vai ben, a vida lles sorrí: un apracible matrimonio, tres fermosas fillas e unha próspera clínica dental. Pero un día, Dana di, como falando para si, “Nunca máis volverei a ser feliz”. Dave fai como que non a oíu e convéncese de que Dana se namorou doutro home. Sexa por inseguridade, por covardía ou por manter a estabilidade, decide que a mellor maneira de salvar o matrimonio é que ela non descubra que el o sabe. Decide non falalo, non preguntarlle nada.
Asistimos á narración da vida diaria desta familia ata que chega ese descubrimento que o trastoca todo, e que inflúe na crianza das nenas, porque elas danse conta de que algo vai mal e aféctalles na súa saúde e no seu benestar. É como se houbese unha ameaza no ambiente familiar.
Un libro curto que presenta un bo retrato dunha familia de clase media-alta americana, cuns personaxes moi ben caracterizados e que nos provoca diversas preguntas. Asistimos a unha reflexión sobre a vida en parella, sobre o medo a perder o ser amado e tamén á perda da felicidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
Hora do conto na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) 28/05/2021
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 28 de maio, ás 18:30
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
Venres 28 de maio, ás 18:30
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
Podes velo (desde as 18:30 do 28/05 ata as 18:30 do 30/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeRamiro!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de cores"
27/5/21
Presentación do libro de Cecilia Monllor "Nunca te hagas librero" 27/05/2021
No Teatro As Torres (Santa Cruz), o pasado xoves 27 de maio, ás 20:00, tivemos o pracer de asistir á presentación da obra "Nunca te hagas librero" de Cecilia Monllor.
Presentou o acto a bibliotecaria municipal, Luz Corral.
Interviñeron a autora Cecilia Monllor e Lola Roel, directora de teatro e escritora .
"Nunca te hagas librero" son reflexións, en ton irónico, en torno á lectura, aos libros, aos libreiros-as e as librarías, que a autora aplica tanto a si mesma como ao que conta perdendo o aire luctuoso e pesimista, para gañar en intimidade e complicidade coas lectoras-es.
Cecilia Monllor é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Exerceu o xornalismo durante dúas décadas, ata que a literatura a apartou dos despachos de comunicación. Actualmente todas as súas actividades profesionais teñen ao libro como punto de partida.
Colabora e coordinadora os Clubs de lectura e Tertulias Literarias do Sistema de Bibliotecas de Oleiros desde hai máis de dúas décadas.

Podes ver a presentación do libro de Cecilia Monllor "Nunca te hagas librero" clicando na imaxe ou aquí.
25/5/21
27 maio en As Torres (20 h.): Presentación de “Nunca te hagas librero” de Cecilia Monllor
Lugar: Teatro As Torres (Santa Cruz)
Día e hora: xoves 27 de maio ás 20 h.
Entrada libre (ata completar capacidade permitida)
Intervirán: A autora Cecilia Monllor e a directora de teatro e escritora Lola Roel.
“Nunca te hagas librero” son reflexións, en ton irónico, en torno á lectura, aos libros, aos libreiros/as e ás librerías.
Cecilia Monllor é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Exerceu o xornalismo durante dúas décadas, ata que a literatura a apartou dos despachos de comunicación. Actualmente todas as súas actividades profesionais teñen ao libro como punto de partida. Asimesmo Cecilia Monllor é coordinadora das Tertulias Literarias nas Bibliotecas Municipais de Oleiros desde os anos 90.
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, a presentación terá aforo limitado e será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir ata completar o aforo permitido.

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 26 maio 2021 (Grupo B)
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)
Comentario de La habitación de invitados, de Helen Garner
Documentación
Última lectura: Madres e hijas (Varias autoras), relatos recopilados por Laura Freixas

Comentario de La habitación de invitados, de Helen Garner
Documentación
Última lectura: Madres e hijas (Varias autoras), relatos recopilados por Laura Freixas
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) 24/05/2021
Gravación do espectáculo “Contos de tesouros” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda) o 24 de maio a cargo de Ana Carreira.
Podes velo (ata as 12:00 do 27/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeAna!
24/5/21
Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: martes 25 maio 2021 (Grupo A). Remate da tempada
17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de La lotería, de Shirley Jackson
Documentación
Esta sesión pon punto final á tempada neste grupo. Queremos agradecervos a fidelidade, a comprensión e o agarimo amosados neste ano tan complicado.
Vémonos novamente en outono!!!
Hora do conto: 24 e 28 de maio 2021 #bibliotecasegura #culturasegura
Aforo limitado: chama á biblioteca na que se realiza a actividade e reserva a túa praza. Podes inscribirte desde 10 días antes da data de realización de cada unha das contadas.
Todas as sesións serán ás 18:30 h. e realizaranse presencialmente na biblioteca correspondente. Poderán verse en Youtube a través do blog das bibliotecas e da web municipal a partir do día seguinte do contacontos presencial (as sesións celebradas os venres poderán verse a partir do luns) e durante 48 horas.
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 24 de maio
Imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Ana Carreira
TÍTULO: “Contos de tesouros”
Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 28 de maio
AVISO IMPORTANTE: Este contacontos será só audiovisual!!!
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Contos de cores"
AVISO
Hora do conto na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) 21/05/2021
Gravación do espectáculo “A princesa rebelde e outros contos” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera) o 21 de maio a cargo de Lía Magalia.
Podes velo (ata as 14:00 do 26/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeLía!
Hora do conto na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 20/05/2021
Gravación do espectáculo “Tigres e cabalos” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Central Rialeda (Perillo) o 20 de maio a cargo de Paula Carballeira.
Podes velo (ata as 13:00 do 26/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDePaula!
Hora do conto na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) 20/05/2021
Gravación do espectáculo “En busca dos monstros” que puidemos ver na sesión da Hora do conto da Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) o 20 de maio a cargo de Trémola Teatro.
Podes velo (ata as 12:15 do 26/05) clicando nesta ligazón: QueroContosDeTrémola!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)