19/2/21

Recomendacións en Radioleiros: 19 febreiro 2021

- Infantil:

Rosalía pequeniña, composicións e idea orixinal de Uxía sobre poemas de Rosalía de Castro, con arranxos de Sergio Tannus e ilustracións de Marina Seoane. Contén CD
Galaxia, 2013

Versión dixital en Galiciale

Uxía déixanos un feixe de cancións para coñecer mellor a Rosalía, unha poeta sempre de actualidade e adiantada ao seu tempo. Unha recomendación para lembrar o Día de Rosalía.

- Mozas/os e adultas/os:

Y tú no regresaste, de Marceline Loridan-Ivens
Salamandra, 2015

Reflexións escritas no 2015 arredor do tempo da adolescencia. A autora participa na Resistencia, sendo detida co seu pai e enviada a Auschwitz. Lembranzas da relación familiar que tiveron, sendo un texto fondamente optimista e cheo de enerxía.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

18/2/21

Hora do conto audiovisual: 15 a 19 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Seguimos coas sesións de contacontos audiovisuais, dirixidas a nenas-os a partir de 6 anos.
 
Estas sesións poden verse a través Internet, os días programados ás 18:30 horas, e durante as 48 horas posteriores.
 
Apunta no teu calendario:
 
Luns, 15 de febreiro:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Os andares do porco"
 
Mércores, 17 de febreiro:
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Contamos en igualdade" 
 
 
 
Xoves, 18 de febreiro:
CONTACONTOS: Anxo Fariña
TÍTULO: “Gliz, o pintor de flores"
 
Venres, 19 de febreiro:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Revolto de contos"

17/2/21

12/2/21

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 17 febreiro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Desgracia, de J. M. Coetzee
Documentación

Seguinte lectura: La vegetariana, de Han Kang

Recomendacións en Radioleiros: 12 febreiro 2021

- Xuvenil (a partir de 12 anos):

O Chispas, de Manuel Rivas, con ilustracións de Sonia García
Xerais, 2020

Versión dixital en Galiciale

O Chispas é músico e unha noite cando volta dunha actuación na súa moto ten unha experiencia cuns seres extraordinarios do planeta Mutandi. Agora é un músico cósmico!.

- Mozas/os e adultas/os:

El espejo de nuestras penas, de Pierre Lemaitre
Salamandra, 2020

Versión dixital en Galiciale/eBiblio

Lemaitre pecha a triloxía comezada con "Nos vemos allá arriba" con este título situado na primavera de 1940: a retirada do exército francés diante do avance alemán, provoca o éxodo de dez millóns de homes e mulleres  cara o sur. Unha crise histórica que Lemaitre aproveita para contarnos unha historia social con personaxes variadas e cargadas de forza. Literatura de calidade da man dun admirador de Galdós.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

6/2/21

Hora do conto audiovisual: 8 a 12 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Seguimos coas sesións de contacontos audiovisuais, dirixidas a nenas-os a partir de 6 anos.
 
Estas sesións poden verse a través Internet, os días programados ás 18:30 horas, e durante as 48 horas posteriores.
 
Apunta no teu calendario:
 
Luns, 8 de febreiro:
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Libros para sorprender e participar"
 
Martes, 9 de febreiro:
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Comendo orellas"
 
 
 
Mércores, 10 de febreiro:
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Quen se esconde tras o disfrace?"
 
Xoves, 11 de febreiro:
CONTACONTOS: Soledad Felloza
TÍTULO: “Contos fariñentos"
 
Venres, 12 de febreiro:
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Quero disfrazarme"

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 10 febreiro 2021 (Grupo A)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Americanah, de Chimamanda Ngozi Adichie
Documentación

Seguinte lectura: Vinieron como golondrinas, de William Maxwell

Tertulia literaria (virtual) en Santa Cruz: 9 febreiro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Salir a robar caballos, de Per Petterson
Documentación

Seguinte lectura: Un amor, de Alejandro Palomas

5/2/21

Hora do conto audiovisual: Comezamos! 5 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

A situación sanitaria provocada polo COVID-19 está poñéndollo difícil á cultura viva e directa. Durante o tempo que as bibliotecas estean pechadas ao público e non se podan realizar actividades presenciais, levaremos a cabo sesións de contacontos audiovisuais.
Os contos bulen por saíren das bibliotecas, dos libros e da imaxinación das nosas e nosos contacontos favoritos, así que, abre ollos e orellas e conéctate á maxia das historias de Caxoto, Charo Pita, EduvíaFátima Fernández, Ramiro Neira, e Soledad Felloza.
 
Esta sesión pode verse a través Internet, o día programado ás 18:30 horas, e durante as 48 horas posteriores.
 
Apunta no teu calendario:
Venres, 5 de febreiro:
Para nenas-os a partir de 6 anos 

Recomendacións en Radioleiros: 5 febreiro 2021

- Infantil (a partir de 10 anos):
"Expedición Tilovonte" de Carlos López. Ilustracións de Kristina Sabaite. En Galaxia. 
Dispoñible en GaliciaLe.
Unha viaxe imposible de esquecer nun mundo tolo, divertido e disparatado, ilustrado cunha chea de animais.
- Mozas-os e adultas-os:
"14 de julio" de Éric Vuillard. Editado por Tusquets. 
Dispoñible en Ebiblio.
O trasfondo económico e social que provocou a Revolución Francesa contado desde o punto de vista dos protagonistas reais: xente modesta que pasaba fame e miserias en contraposición co vida diaria de Versalles.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/2/21

Hora do conto audiovisual: entre o 5 e o 17 de febreiro 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

As sesións da Hora do Conto, dirixidas a nenas e a nenos maiores de 6 anos, programadas para os días comprendidos entre o 5 e o 17 de febreiro (en principio e á espera de como sigan as restricións a causa da pandemia de coronavirus) realizaranse de forma audiovisual. Poderán visualizarse a través da sección de bibliotecas da Web municipal e do blog das Bibliotecas Municipais de Oleiros.
 
Programación:
- Venres 5 de febreiro: Máscaras e mascariñas con Caxoto
- Luns 8 de febreiro: Libros para sorprender e participar con Fátima Fernández.
- Martes 9 de febreiro: Comendo orellas con Caxoto.
- Mércores 10 de febreiro: Quen se esconde tras o disfrace? con Charo Pita.
- Xoves 11 de febreiro: Contos fariñentos con Soledad Felloza.
- Venres 12 de febreiro: Quero disfrazarme!!! con Ramiro Neira.
- Luns 15 de febreiro: Os andares do porco con Caxoto (Esta sesión, programada inicialmante para o día 11, celebrarase o 15).
- Mércores 17 de febreiro: Contamos en igualdade con Eduvía.
 
Cada un destes contacontos colgarase, o día programado, ás 18:30 horas, e poderá verse durante 48 horas.

Para calquera dúbida ou aclaración poderán dirixirse por teléfono ou correo electrónico a cada unha das bibliotecas municipais de Oleiros no seu horario habitual de atención ao público:
Biblioteca Central Rialeda (Perillo): 981 639 511    biblioteca.rialeda@oleiros.org
Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): 981 626 338     biblioteca.santacruz@oleiros.org
Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera): 981 628 507     biblioteca.mera@oleiros.org
Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): 981 626 638      biblioteca.dorneda@oleiros.org
Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): 981 610 700       biblioteca.manuelmaria@oleiros.org
Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): 981 664 257     biblioteca.nos@oleiros.org
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): 981 618 201    biblioteca.lorbé@oleiros.org
 
Desde as Bibliotecas Municipais de Oleiros invitamos a todas as nenas e nenos destas idades, e ás súas familias, para que visiten a Web municipal ou o noso blog e se divirtan con estas narracións de contos e historias.

#bibliotecasegura #culturasegura

2/2/21

Os máis prestados do 2020

Tocounos vivir un ano difícil, malia todo o 2020 nos deixa tamén as vosas preferencias lectoras.
Pulsa as imaxes e coñece os títulos máis prestados ao longo do ano nas sete bibliotecas municipais.

     Infantil                              Xuvenil                      Mozas/os e Adultas/os
 
Desde Bibloleiros agradecemos o voso esforzo e a vosa fidelidade.
Moitas grazas, máis que nunca, por facer biblioteca!

EBIBLIODACORUNA segue aberta a toda Galicia!

EBIBLIODACORUNA é a plataforma  gratuita de préstamo dixital de libros, películas, audiolibros, e outros contidos dixitais das máis variadas temáticas, que a Deputación da Coruña pon en servizo para todas as persoas usuarias de calquera biblioteca pública municipal da provincia da Coruña ou da Deputación. EBIBLIODACORUNA é a biblioteca dixital para todas as persoas da provincia da Coruña, pero como medida excepcional en tempos da COVID-19, está aberta a toda Galicia!!!
Podes darte de alta enviando a solicitude cuberta a biblioteca.info@dacoruna.gal
Terás acceso libre á biblioteca dixital EbiblioDaCoruna, con máis de 5000 recursos de balde (libros, xornais, revistas, audiolibros), así como a todas as actividades do Club de lectura virtual.
Se precisas formación sobre o seu funcionamento, solicita unha cita previa en https://cita.dacoruna.gal/citaprevia/?idCliente=8 e poderás resolver as túas dúbidas. 
 
Aproveita os recursos dixitais que nos ofrece a Biblioteca Provincial da Deputación da Coruña!
Moitas grazas por compartir os vosos recursos!

Tertulia literaria (virtual) en Rialeda: 3 febreiro 2021 (Grupo B)

17:30 h. Sesión virtual (90 minutos)

Comentario de Prisioneros en el paraíso, de Arto Paasilinna
Documentación

Seguinte lectura: Desgracia, de J. M. Coetzee