25/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 25 maio 2018

https://youtu.be/Eura-M1zK2o
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1243185&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20ernesto%20celestina%20musicos%20rua- Infantil (menos de 6 anos):

Ernesto e Celestina: músicos da rúa, de Gabrielle Vincent
Kalandraka

Precioso álbum ilustrado protagonizado por unha peculiar parella. Ernesto é un oso grande e sosegado, algo refunfuñón e perguiceiro. Celestina é unha pequena ratiña, vivaraz, alegre e moi optimista. Xuntos, viven nunha pequena casa que precisa algunha reparación pero non teñen cartos. Así que empezan a cavilar algún xeito para conseguilos. Celestina ten unha idea: Ernesto ten certa habilidade co violín, así que podería tocalo na rúa. O primeiro día que saen, non teñen moito éxito e regresan a casa sen cartos. Pero Celestina, que non se daba por vencida, plantexa a posibilidade de que ela cante mentres Ernesto toca.

Esta historia fálanos de compañerismo e do traballo en equipo.

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1204980&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20tantos%20dias%20felices%20colwinTantos días felices, de Laurie Colwin
Libros del Asteroide

Rematada a universidade e asentados nas súas vidas laborais, dous amigos-primos, Guido e Vincent, coñecen cada un deles e en circunstancias diferentes a Holly e Misty, as mulleres coas que casarán. A simple vista, parece un argumento sinxelo. A excepcionalidade desta novela é o ben escrita que está e por suposto, os personaxes que se van construíndo a través de brillantísimos diálogos. Isto a converte nunha novela áxil e dinámica, que amosa ao lector ou lectora o que pode haber de especial en feitos tan banais como os que compoñen o noso día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

18/5/18

Recomendacións en Radioleiros: 18 maio 2018

https://youtu.be/nArTmAx56KQ
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1301896- Infantil (nenas-os a partir de 8 anos):
"A batalla da pequeña Chañan Curi Coca" de Rosa Aneiros; ilustracións de Almudena Aparicio. En Xerais.
A nai de Noelia e Miguel non ten cartos para pagar o piso xa que foi despedida do estaleiro onde traballaba. Unha historia social vista cos ollos dunha nena, acompañada do traballo plástico de Almudena Aparicio.
 

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=964800&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC- Mozas-os e adultas-os:
"Murguía" de Xosé Ramón Barreiro Fernández. Editado por Galaxia.
Probablemente o mellor estudo da traxectoria vital, literaria e política de Manuel Murguía. Unha crónica do século XIX e do primeiro terzo do XX galego e español da man dun historiador de recoñecido 
prestixio.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Actividades de promoción da lectura: de 22 a 24 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 22 a 24 de maio:

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 22 de maio:
- 10:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).

"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo. 
Mércores 23 de maio:  
- 10:35: Alumnas-os de 3º de ESO do IES María Casares (Santa Cruz).
"Taller de banda deseñada" con Manel Cráneo.
Xoves 24 de maio:
- 10:30: Alumnas-os de 5º de Primaria
do CEIP Luís Seoane (Mera). 
"Obradoiro de ilustración", a cargo de Manel Cráneo.

15/5/18

Tertulia literaria en Rialeda: 16 maio 2018 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-28055.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Nosotros en la noche" de Kent Haruf
Documentación

Seguinte lectura: "El amor no es un verso libre" de Susana Fortes

"Libros para soñar": a expo itinerante de Kalandraka estará a partir de hoxe na Manuel María

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
Para conmemorar o Día das Letras Galegas e o vixésimo aniversario da editora Kalandraka, do 15 ao 31 de maio poderás ver a exposición itinerante de 80 libros infantís e xuvenís publicados pola editorial Kalandraka na Biblioteca Municipal "Manuel María" (Oleiros). 

Moitos deles son obras clásicas da literatura infantil e xuvenil, entre os que podemos destacar títulos como: O coelliño branco, A cebra Camila, A que sabe a lúa?, A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza...  
Cada exposición vai acompañada dunha actuación que ten aforo limitado. É imprescindible reservar praza na biblioteca correspondente ou chamando por teléfono. O prazo de inscrición é de 10 días antes da data de celebración. O 15 de maio, contaremos coa presenza do rato Fuco da Compañía Trinke Trinke, coa sesión “Asociación de animais solidarios”.
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27640.pdf
A visita á exposición é libre. Nesta biblioteca finaliza a xeira de exposicións que comezou no mes de febreiro e estivo presente en todas as bibliotecas do Concello.

11/5/18

Hora do conto e actividades infantís: 14 a 16 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27478.pdf
Todas as actividades terán lugar ás 18:30 h. 
Celebramos as Letras Galegas
Luns 14 de maio   
Para nenas-os de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638)
CONTACONTOS: Lilí Gruyère de Trinke Trinke
TÍTULO: “Paxariños”
 
Martes 15 de maio   Expo Kalandraka!!!
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700) CONTACONTOS: Rato Fuco de Trinke Trinke
TÍTULO: “Asociación de animais solidarios”
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. (Santa Cruz)
Mércores 16 de maio      
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Volta e dalle”

Actividades de promoción da lectura: de 14 a 16 de maio 2018

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27835.pdf
Programa de actividades de promoción da lectura que Bibloleiros organiza para os centros de ensino do Concello, de 14 a 16 de maio:

Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) 
Luns 14 de maio:
- 10:30 e 11:45: Alumnas-os de 1º de Primaria do
CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Saúde afectiva: o rato Fuco quere aprender a querer" con Trinke Trinke.
Mércores 16 de maio: 
- 10:15 e 11:30: Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Valle-Inclán (Perillo).
"Xa non teño medo" con Ramiro Neira.

Na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz) 
Martes 15 de maio:
- 10:15: Alumnas-os de 1º de ESO
do IES Miraflores (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
- 11:45:  Alumnas-os de 3º de Primaria do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.
Mércores 16 de maio:  
- 10:15: Alumnas-os de 1º de Bacharelato do IES Miraflores (Oleiros).
"Anagnórise", a cargo de Soledad Felloza. 

Na Biblioteca Manuel María (Oleiros) 
Martes 15 de maio:
- 10:30 e 12:15: Alumnas-os de 2º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Mans", a cargo de Pablísimo.
Mércores 16 de maio:
- 10:15 e 11:45: Alumnas-os de 4º de Primaria
do CEIP Rabadeira (Oleiros).
"Unha viaxe mar adiante" con Caxoto.

Máis info das nosas actividades, programas, documentación, publicacións, etc., na nosa web http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/bibliotecas, o blog das Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros e en twitter @bibloleiros

Recomendacións en Radioleiros: 11 maio 2018

https://youtu.be/e3aujzaBst8
- Infantil-Xuvenil (a partir de 10 anos):https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=se%C3%B1orita+bubble+ledicia+costas&branch_group_limit=

A señorita Bubble, de Ledicia Costas e ilustrado por Andrés Meixide
Galaxia

Noa, unha nena de 9 anos soñadora e creativa que quere ser astronauta de maior e a súa irmá Sofi de 6 anos chegan tarde ao colexio ao non recibir o almorzo da súa coidadora. Noa tamén esqueceuse de coller o libro que tiña que devolver na biblioteca escolar. Ao chegar, dona Úrsula, a mestra encargada da biblioteca, castigaa sen recreo e sen poder levar libros da biblioteca durante un mes. A Noa gustáballe moito ler, e considerábao un castigo inxusto, polo que protestou co cal o castigo ampliouse a dous meses, ademais de ter que presentarse diante da directora. Por todo isto, as nenas deciden escapar do colexio e coñecen á señorita Bubble, unha muller rara, excéntrica, que levaba un vestido negro, longo, dos de antes, un sombreiro e un parche no ollo e ademais circula nun vehículo a motor de vapor recén atascado. Na vila onde vivían tíñanlle manía porque era unha muller diferente e ademais era inventora: embotellaba sorrisos en tarros de cristal, facía medrar bastóns de caramelo riquísimos...
O que sucede a continuación son unhas aventuras divertidísimas, pero os nenos e nenas que queiran coñecelas deben ler o libro.


Unha obra que trata con humor e fantasía a necesidade de aceptar ás persoas diferentes, de ser máis tolerantes, de loitar contra a ignorancia e da busca da felicidade.

Con esta historia, a autora quere reivindicar o papel da muller na ciencia. É unha homenaxe a todas as mulleres inventoras que, como aconteceu noutros ámbitos, foron invisibilizadas ao longo da Historia.

Tamén é unha homenaxe a diferentes escritores e cineastas como Julio Verne, Tim Burton ou Roald Dahl...

- Mozos/as e adultos/as:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=xardineiro+ingleses+calveiro&branch_group_limit=O xardineiro dos ingleses, de Marcos Calveiro
Galaxia

Premio Manuel García Barros en 2017

Narra uns acontecementos que sucederon en Vilagarcía desde principios do século XX ata 1936 e que aluden ao "Xardín dos Ingleses" desa localidade. Está narrada en dous tempos, o actual do escritor (Modesto, un personaxe de ficción) que está escribindo un libro e que busca información sobre uns episodios que aconteceron na vila e o tempo da novela que está redactando.

Nos primeiros anos do século XX chegan a Vilagarcía mariñeiros ingleses e alemáns. Algúns relaciónanse coa poboación local, neste caso cunha moza (Delia Cores), xurdindo unha curta historia de amor.  Paralelamente, asistimos ás repercusións que nesta zona tivo a 1ª Guerra Mundial, ao duro traballo das lavandeiras, aos conflitos dos obreiros e obreiras nas conserveiras, ao anarquismo e ao comezo da Guerra Civil Española coas súas tráxicas consecuencias.

Acompañaremos a Delia e ao seu fillo Edelmiro (o xardineiro dos ingleses, encargado por vontade propia do coidado deste xardín) polo seu recorrido vital e veremos as diferenzas entre as distintas clases sociais, tan evidentes nunha poboación pequena, pero ao mesmo tempo tamén nos intrigará o misterio que envolve unha tumba anónima do xardín dos ingleses e que tratará de desentrañar o escritor.


Cunha prosa áxil e linguaxe directa, Calveiro consegue unha obra sobre a busca da liberdade, pero tamén fala de xustiza e de vinganza xunto co que aconteceu en Vilagarcía nos terribles meses do ano 1936 despois do alzamento e como ninguén pode fuxir do seu pasado. É unha homenaxe a súa vila natal.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


8/5/18

Conmemoración Letras Galegas 2018: Mª Victoria Moreno

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-28030.pdf
Programa de Bibloleiros adicado ao Día das Letras Galegas 2018, protagonizado este ano por unha grande escritora que amou Galicia: Mª Victoria Moreno.
 

Como ela dixo, "Galicia aniñou en min... A lingua de Galicia dende hai moitos anos - máis da metade da miña vida - é a lingua de meu".
 

Teatro, contacontos, mostras bibliográficas, pasatempos, actividades lúdicas e didácticas son algunhas das moitas propostas de Bibloleiros para celebrar a vida e obra de Mª Victoria Moreno, escritora homenaxeada nas Letras Galegas deste ano
Clica e coñece todas as actividades de Bibloleiros para as Letras Galegas!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 9 maio 2018 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27904.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "A nena do abrigo de astracán" de Xabier P. DoCampo coa colaboración da profesora de lingua e literatura galegas Rosa Gª Vilariño
Documentación

Seguinte lectura: "Una desolación" de Yasmina Reza