9/1/18

Tertulia literaria en Rialeda: 10 xaneiro 2018 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
https://www.orhanpamuk.net/Biblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Me llamo Rojo" de Orhan Pamuk
Documentación

Seguinte lectura: "Onde houbo lume" de Marica Campo

2º trimestre no grupo A da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27449.pdfBiblioteca Central Rialeda
Hora: 17,30 a 19,30

Programación 2º trimestre:

- "La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas
- "Abril encantado" de Elizabeth Von Arnim
- "Lourenço, xograr" de Manuel Portas
- "La analfabeta" de Agota Kristof
- "Me llamo Rojo" de Orhan Pamuk

Datas:
- Xaneiro: días 17 e 31
- Febreiro: días 14 e 28
- Marzo: día 14

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

2º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
- "Abril encantado" de Elizabeth Von Arnim

Datas:
- Xaneiro: días 10 e 24
- Febreiro: días 7 e 21
- Marzo: días 7 e 21

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

2º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias?updated-max=2017-05-23T08:22:00%2B02:00&max-results=20&start=20&by-date=false
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27447.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 17,30 a 19 h.

Programación 2º trimestre:

- "Patria" de Fernando Aramburu
- "El mapa y el territorio" de Michel Houellebecq
- "De noche, bajo el puente de piedra" de Leo Perutz
- "Amor é unha palabra como outra calquera" de Francisco Castro
- "La habitación de Nona" de Cristina Fernández Cubas

Datas:
- Xaneiro: días 15 e 29
- Febreiro: día 19
- Marzo: días 5 e 19

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

5/1/18

Recomendacións en Radioleiros: 5 xaneiro 2018

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1332696https://youtu.be/Rf38BtzE4_Q- Infantil (a partir de 5 anos)
 
A horta de Simón, de Rocío Alejandro
Kalandraka

X Premio Internacional Compostela para álbums ilustrados 2017

Chegou a primavera, e Simón, como todos os anos, plantou as súas cenorias: construíu un valado, preparou a terra, sementounas e pouco a pouco foron medrando. Ao cabo dunhas semanas estaban listas para ser recollidas. Pero ao velas os seus amigos déronlle ideas para plantar leitugas, tomates, berenxenas, millo... Ao principio a horta é só de Simón, pero despois compartiraa cos demais.

Fermoso e ecolóxico álbum, ilustrado en tons ocres, que lles ensina aos nenos e ás nenas a importancia da amizade, de compartir e a convivir coa natureza. Recomendámolo para a súa lectura e tamén como un bo agasallo de Reis.

- Mozos/as e adultos/as:

Volver a casa, de Yaa Gyasi
Salamandra

Premio Pen ao mellor debut de ficción
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1237438
Unha novela que nos fala de colonialismo e de escravitude, de como era a vida na Costa do Ouro en África, da  trata de escravos levada a cabo polos británicos, da situación dos escravos e dos inmigrantes negros en Estados Unidos e do racismo que tiveron que soportar.

Consta de dúas partes e desenvólvese na costa suroccidental de África (a actual Ghana) e en Estados Unidos, desde o século XVIII ata a actualidade.

Effia e Esi son dúas irmás que nunca chegarán a coñecerse. Son fillas da mesma nai, pero de pais diferentes e pertencentes a dúas etnias distintas. Effia é obrigada a casarse cun gobernador inglés e a residir nunha fortaleza na costa de Ghana. Pola contra, Esi é capturada e enviada como escrava ao sur de Estados Unidos.

A narración da vida destas dúas mulleres e da súa descendencia estrutúrase en torno a doce personaxes. Cada capítulo leva por título o nome dun deles, cun fondo histórico distinto, ata chegar á actualidade. Con Effia veremos a forma de vida nesta zona de África. Como diversas etnias colaboraban no comercio dos escravos cos británicos. Con Esi coñeceremos a situación dos escravos e dos inmigrantes negros en Estados Unidos. 

Asistiremos a importantes acontecementos históricos como as guerras tribais entre distintas etnias africanas, á chegada dos misioneiros a África, ao nacemento do movemento de independencia na Costa do Ouro, pero tamén, á loita polos dereitos civís en Estados Unidos, ao renacemento de Harlem nos anos vinte e ao problema da heroína nos anos setenta.


Unha obra moi interesante na que a autora soubo condensar, mesturando intimismo e historia, tres séculos de acontecementos sociais e políticos de dous países distintos. Sen dúbida unha boa elección para agasallar no día de Reis.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

29/12/17

Recomendacións en Radioleiros: 29 decembro 2017

https://youtu.be/yklh8vGgqGM

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=961693- Infantil (de 8 a 10 anos):

"Mi abuela no se acuerda de mi nombre" de Rodolfo Esteban. En Dib-buks.
Esta historia trasládanos ata a atenta mirada dunha nena que descobre como o Alzheimer vai desdibuxando os recordos da súa encantadora avoa que xa non se lembra do nome da súa neta a pesar de chamarse Elena, igual ca ela. A rapaza vainos contando con gran soltura os despistes da avoa, desde os primeiros síntomas, como non lembrarse do seu nome ou deixar ao avó sen chaves para poder entrar na casa… ata outros máis preocupantes. Un relato que, a pesar de tocar un tema de fondo serio e grave, non deixa de ser un conto alegre e cheo de tenrura.

- Mozas-os e adultas-os:

"Comunidad" de Ann Patchett. Editado por Alianza.
Todo empeza nunha festa, nun bautizo e cun bico prohibido. Viaxamos ata os '60, a unha casa californiana con xardín onde se está a celebrar o bautizo baixo unha calor abafante.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1242251&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC
Bert, axudante do fiscal do distrito, preséntase sen ter sido convidado. Trae unha botella de xenebra na man fuxindo dunha vida familiar que o asfixia. Fix, policía e pai do bebé do bautizo, recíbeo con reserva. Aínda non sabe que unhas horas máis tarde e unhas cantas copas despois, Bert estará bicando a Beverly, a súa muller. Aí comezará a disolución de dúas familias.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Recomendacións de Nadal 2017 "Un libro, un bo agasallo"

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27409.pdf
 

22/12/17

Recomendacións en Radioleiros: 22 decembro 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1245648https://youtu.be/5_idOqrv-FU- Xuvenil:
"Ceiba de Luz" de Manuel Lourenzo González, en Xerais.
Unha novela de aventuras na selva amazónica  onde atopamos culturas ancestrais, natureza virxe e a superficialidade da sociedade en que vivimos.
- Mozas-os e adultas-os:
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1249975"Dunkerque" de Joshua Levine. Editado por HarperCollins.
Un episodio histórico narrado desde o punto de vista dos exércitos de terra, mar e aire nunha época tráxica e traumática con testemuñas en primeira persoa.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

20/12/17

Nadal 2017: calendario das bibliotecas

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2017/12/nadal-2017-calendario-das-bibliotecas.html

Queremos informar ás nosas usuarias e usuarios do calendario no que as Bibliotecas Municipais de Oleiros non abrirán ao público durante os meses de decembro de 2017 e xaneiro de 2018 polas festas de Nadal e Reis.
Aproveitamos para transmitir os nosos mellores desexos de saúde, felicidade e prosperidade; que o vindeiro ano traia boas novas e un mundo de ilusións e proxectos convertidos en realidades.
 
Biblioteca Municipal Mª José Ruso. Dorneda: pechada ao público de 26 a 29 de decembro.
Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera: pechada ao público o 5 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Xograr Mendiño. Lorbé: pechada ao público de 2 a 9 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Ánxel Fole. Nós: pechada ao público os días 2 e 3 de xaneiro.
Biblioteca Municipal Manuel María. Oleiros: pechada ao público de 2 a 5 de xaneiro e o 17 de xaneiro. Os días 18, 19, 30 e 31 de xaneiro estará pechada polas mañás e abrirá polas tardes de 16:00 a 20:00 horas.
Biblioteca Central Rialeda: pechada o 30 de decembro.

                                                           Desculpen as molestias. Felices festas!!!


15/12/17

Novidades dvd cine - xeral e adult@s - en Rialeda (decembro 2017)

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27416.pdf
35 novas incorporacións no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda

Descarga a guía pulsando sobre a imaxe

Tertulia literaria en Rialeda: 20 decembro 2017 (Grupo A)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27408.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
Atención! cambio de horario: 18 a 20 h.

Comentario de "Onde houbo lume" de Marica Campo
Documentación

Seguinte lectura: "De noche, bajo el puente de piedra" de Leo Perutz


Recomendacións en Radioleiros: 15 decembro 2017

https://youtu.be/vhJbzDWzny0
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1241410- Infantil - xuvenil (cómic):
"Astrid Bromuro: cómo aniquilar al Ratoncito Pérez" de Fabrice Parme. En Dib-buks.
Astrid Bromuro é unha rapaza de boa familia que vive nun palacete na cima dun rañaceos dunha gran cidade. Está convencida de que o Rato Pérez non existe e como está a piques de perder un dente de leite proponse demostrar a falsidade da lenda tendéndolle unha trampa, pero obviamente nada sairá como o tiña planeado.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=sapos+e+sereas&idx=au%2Cwrdl&q=cabaleiro&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda 
- Mozas-os e adultas-os:
"Sapos e Sereas" de Ana Cabaleiro. Editado por Galaxia.
Sapos e Sereas é unha colección de catro relatos e un epílogo. A autora parte de personaxes dos contos máis tradicionais de fantasía infantil, como o Lobo Feroz, a Sereíña ou os Reis Magos, para construír un mundo real, máis cru, no que aparece a violencia e os conflitos
do día a día.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/12/17

Presentación do libro de poesía ilustrada "A trazos" de María Míguez: venres 15 decembro na Biblioteca de Nós

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122559&name=DLFE-27372.pdf
O venres 15 de decembro, ás 19 h. na Biblioteca Municipal Ánxel Fole de Nós terá lugar a presentación do libro de poesía ilustrada "A trazos" da artista e poeta María Míguez.

Intervirá a autora María Míguez e a editora Puri Sánchez.

"A trazos", publicado pola editorial Piediciones, é un  libro de poemas e ilustracións que van da man en todo momento. A letra e a imaxe unidas nun continuo diálogo que dá sentido á esencia deste poemario.
               

               Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir!!!

Tertulia literaria en Rialeda: 13 decembro 2017 (Grupo B)

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27381.pdfBiblioteca Central Rialeda (Casiña de actividades)
17,30 a 19,30 h.

Comentario de "Una desolación" de Yasmina Reza
Documentación

Seguinte lectura: "Me llamo Rojo" de Orhan Pamuk