29/12/17

Recomendacións en Radioleiros: 29 decembro 2017

https://youtu.be/yklh8vGgqGM

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=961693- Infantil (de 8 a 10 anos):

"Mi abuela no se acuerda de mi nombre" de Rodolfo Esteban. En Dib-buks.
Esta historia trasládanos ata a atenta mirada dunha nena que descobre como o Alzheimer vai desdibuxando os recordos da súa encantadora avoa que xa non se lembra do nome da súa neta a pesar de chamarse Elena, igual ca ela. A rapaza vainos contando con gran soltura os despistes da avoa, desde os primeiros síntomas, como non lembrarse do seu nome ou deixar ao avó sen chaves para poder entrar na casa… ata outros máis preocupantes. Un relato que, a pesar de tocar un tema de fondo serio e grave, non deixa de ser un conto alegre e cheo de tenrura.

- Mozas-os e adultas-os:

"Comunidad" de Ann Patchett. Editado por Alianza.
Todo empeza nunha festa, nun bautizo e cun bico prohibido. Viaxamos ata os '60, a unha casa californiana con xardín onde se está a celebrar o bautizo baixo unha calor abafante.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1242251&viewallitems=1&offset=20&homebranch=&ob=barcode&sb=ASC
Bert, axudante do fiscal do distrito, preséntase sen ter sido convidado. Trae unha botella de xenebra na man fuxindo dunha vida familiar que o asfixia. Fix, policía e pai do bebé do bautizo, recíbeo con reserva. Aínda non sabe que unhas horas máis tarde e unhas cantas copas despois, Bert estará bicando a Beverly, a súa muller. Aí comezará a disolución de dúas familias.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario