16/10/17

Inicio 1º trimestre no grupo B da Tertulia Literaria de Rialeda

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Tertulias%20Literarias
Hora: 17,30 a 19,30

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:


Datas:
- Outubro: día 18
- Novembro: días 15 e 29
- Decembro: día 13

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

II Día das escritoras: 16 de outubro

http://www.bne.es/es/AreaPrensa/Noticias2017/0628-II-Dia-Escritoras.html
A Biblioteca Nacional de España organiza por segundo ano consecutivo o Día das Escritoras, celebración concebida «para recordar o legado cultural das escritoras do ámbito hispánico e hispanoamericano e as dificultades que no pasado impediron un xusto desenvolvemento e recoñecemento ao seu labor». Xunto á BNE, o acto está promovido pola Federación Española de Mujeres Directivas, Ejecutivas, Profesionales y Empresarias (FEDEPE) e a Asociación Clásicas y Modernas (CyM).  

Convidamos a todas as persoas a visitar a Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, sita en Santa Cruz, onde poderás atopar numerosos recursos documentais relacionandos coa situación das mulleres así como textos literarios escritos e/ou protagonizados por elas.

13/10/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 16 a 20 de outubro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 16 de outubro
Para nenas-os a partir de 6 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
MONITORADO: OQO
ACTIVIDADE: “Coas mans na masa”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 17 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Carmen Domech
TÍTULO: “Contacontos de libros contentos”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 18 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
CONTACONTOS: Mamá Cabra
TÍTULO: “Contos que saen dos libros”
 
Xoves 19 de outubro
Para nenas-os de 1 a 3 anos  Aforo completo!!!
CONTACONTOS: Migallas
TÍTULO: “Os contos do chupete”
Xoves 19 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
MONITORADO: Mago Albert
OBRADOIRO: “O mago Albert ten moito conto”

Venres 20 de outubro
Para nenas-os a de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)      
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O curral de cocoricoricó”
Venres 20 de outubro
Para nenas-os a de 7 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
MONITORADO: Efervesciencia
OBRADOIRO: “Biotecnólogos na biblioteca”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 13 outubro 2017

https://youtu.be/hiJ9rrJJ6L8
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1027944&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20maruxa%20and%20au%2Cwrdl%3A%20mejuto- Infantil (nenas-os a partir de 4 anos):
"Maruxa" texto de Eva Mejuto e ilustracións de Mafalda Milhões. En OQO.
Maruxa e o seu home, Pepiño, rifan porque este lle pide que lle faga o pan porque morre de fame. Pero Maruxa négase e decide darlle unha lección, argumentando que lle falta algún ingrediente. Con astucia e habilidade consegue que este vaia buscarllos, algunhas das peticións son algo desmesuradas, como a de facerlle buscar montañas de sal no mar… así Maruxa logrará que o seu home comprenda que o traballo está mal repartido e cambie de actitude: o traballo e o lecer son cousa de dous.
 
- Mozas-os e adultas-os:
"El secreto de Black Rabbit Hall" de Eve Chase. En Plaza&Janés.
A historia de Black Rabbit Hall, unha impresionante mansión situada nalgún remoto rincón de Cornualles, está narrada en dous tempos, o presente protagonizado pola xove Lorna Smith, que  busca unha casa antiga, ou un lugar ideal na campiña inglesa para celebrar a súa
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1216248 voda e por outro lado lévanos a década dos 60, na que atopamos como protagonista a Amber Alton, a filla máis vella da familia propietaria da casa que verá como a desgraza sacude as súas vidas, vidas íntimamente ligadas a esta casa onde os reloxos nunca miden ben o tempo...

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

10/10/17

Kazuo Ishiguro, Nobel de Literatura 2017

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=ishiguro%2C+kazuo&limit=%28branch%3A+OLE1++or+branch%3A+OLE2++or+branch%3A+OLE3++or+branch%3A+OLE4++or+branch%3A+OLE6++or+branch%3A+OLE7++or+branch%3A+OLE9+%29&multibranchflag=OLE&sort_by=title_az&addto=Engadir+a...&biblionumber=1249069&loggedinuser=&biblionumber=1128412&loggedinuser=&biblionumber=1167364&loggedinuser=&biblionumber=631115&loggedinuser=&biblionumber=776585&loggedinuser=&biblionumber=855585&loggedinuser=&biblionumber=1182362&loggedinuser=&biblionumber=668714&loggedinuser=&biblionumber=848928&loggedinuser=&biblionumber=417446&loggedinuser=
O escritor británico Kazuo Ishiguro é o gañador do Nobel de Literatura 2017. O premio está dotado cunha medalla de ouro, un diploma acreditativo e unha cantidade en metálico de 819.000 euros.
Ishiguro, de 62 anos, impúxose sobre nomes como Margaret Atwood, Ngugi Wa Thiong'o e Haruki Murakami.
 

"Se mesturas a Jane Austen e Kafka, sae Kazuo Ishiguro". A portavoz da Academia Sueca, Danius describíu ao autor nacido en 1954 en Nagasaki (Xapón), e nacionalizado no Reino Unido como "alguén que, en novelas de gran forza emocional, descubríu o abismo baixo o noso sentimento ilusorio de pertenza ao mundo".
Ishiguro comezou escribindo guións para series de televisión e debutou tarde na novela, polo que a súa bibliografía é unha das máis curtas que condecorou o Nobel de Literatura. A abundancia non é un requisito para a calidade, e deste xeito, o xornal The Times destacouno entre os 50 escritores británicos máis importantes desde 1945.
 

Os seus temas máis recorrentes son a memoria, o tempo e a desilusión do ser humano, sinte unha debilidade especial por periodos como o Xapón da posguerra, nazismo e certas etapas anteriores á II Guerra Mundial. Todo isto toma forma na súa novela máis famosa, "Lo que queda del día", pola que gañou o Man Booker Prize en 1989, máis tarde adaptada ao cine por James Ivory e protagonizada por Anthony Hopkins, onde o actor dá vida a un mordomo obsesionado co cumprimento do deber.
Os seus libros máis recentes son de corte fantástico. Coa distopía "Non me deixes nunca = Nunca me abandones", Ishiguro introducíu unha corrente de ciencia ficción no seu traballo.
Na súa última novela, "El gigante enterrado" (2015), unha parella de anciáns inicia un road trip para atoparse co seu fillo, ao que non viron durante anos. O británico, residente en Londres, explora cun tono emotivo como a memoria se relaciona co olvido, a historia relaciónase co presente e a fantasía, coa realidade.

As bibliotecas municipais de Oleiros adicamos exposicións bibliográficas coas obras de Ishiguro para que podas levalas en préstamo.
 
Info obtida en  www.eldiario.es
Parabéns Ishiguro!!!

9/10/17

Inicio 1º trimestre na Tertulia Literaria de Santa Cruz

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=65429&folderId=122717&name=DLFE-27145.pdfBiblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: 17,30 a 19 h.

Comenzamos o 1º trimestre coa seguinte programación:

- "Canadá" de Richard Ford
- "Mentiras de mujeres" de Liudmila Ulítskaya
- "Alguien" de Alice McDermott
- "Lourenço, xograr" de Manuel Portas
- "Intemperie" de Jesús Carrasco

Datas:
- Outubro: días 9 e 23
- Novembro: días 6 e 20
- Decembro: día 11

Nestes intres o grupo está completo. As novas solicitudes pasarán a formar parte da lista de espera.

6/10/17

Recepción do Premio Liber 2017 ao fomento da lectura concedido ás Bibliotecas de Oleiros

O día de onte, María Luz Corral Uzal, bibliotecaria municipal do Concello de Oleiros recibíu o Premio Liber 2017 ao fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España.

O acto tivo lugar na Feria Internacional del Libro que se celebra no recinto do IFEMA de Madrid.

A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) está formada polo 90% das editoriais privadas do Estado español.

A Xunta Directiva da FGEE quixo recoñecer con este galardón “a intensa dedicación chea de actividades nunha área de poboación dispersa, así como a posta a disposición da poboación de máis de catrocentos postos de lectura e uns fondos bibliográficos moi superiores á media nacional”. 

A bibliotecaria municipal, rodeada do resto de galardoados/as co Premio Liber 2017

Ler conta moito e actividades infantís: de 9 a 13 de outubro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!
Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 10 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Pablísimo
TÍTULO: “Contiario”
 

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 11 de outubro
Para nenas-os a partir de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
CONTACONTOS: Ramiro Neira
TÍTULO: “Canto conto!!!”
 


Algúns destes actos están incluídos no programa
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

Recomendacións en Radioleiros: 6 outubro 2017

https://youtu.be/A2XS8l9Sp9s
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1239451- Infantil (de 8 a 10 anos):
"Dadá, o amigo invisíbel" de Xavier Frías Conde. Editado por Galaxia
Tras a morte da súa muller, Lino volcouse no seu papel de pai e nai do seu único fillo, Nero. A dura experiencia pola que acababan de pasar había uns meses fixo que Lino levara a Nero a visitar ao psicólogo quen lle aconsellou que fose comprensivo co rapaz e que pasasen tempo xuntos. Por iso, cando o neno lle presentou ao seu amigo invisible, Lino non lle deu moita importancia. Pero na viaxe que estaban a punto de emprender non ían ir sós…
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=870848&query_desc=ti%2Cwrdl%3A%20t%C3%ADa%20Mame- Mozas-os e adultas-os:
"La tía Mame" de Patrick Dennis. En Acantilado
Esta novela é máis ben unha serie de relatos que transcorren ao longo dun cuarto de século durante o que teñen que convivir o protagonista e a súa tía Mame. De como este personaxe inolvidable da tía lle complica a Patrick a existencia a cada paso que dá, convertindo a súa vida nunha aventura divertida e excitante. Novela amena, optimista, que transmite alegría de vivir e reivindica os lazos familiares, pero sen caer xamáis en sentimentalismos.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Parabéns, Antonio!!!

http://garciateijeiro.blogspot.com.es/
Bibloleiros celebra o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2017 outorgado a Antonio García Teijeiro polo seu libro "Poemar o mar". Na Biblioteca Central Rialeda temos unha exposición cos seus libros. Anímate a levalos en préstamo e gozar dos seus poemas!!!

O xurado premiou o autor e o seu libro “por ser un texto cargado de emoción, cunha brillante elección léxica, onde o mar é o gran protagonista, poboado de criaturas que transitan por orixinais e suxerentes composicións poéticas”.

"Esta distinción pon en valor simultaneamente un libro de extraordinario valor literario e unha traxectoria de máis de trinta anos dedicada á poesía, e supón un recoñecemento colectivo ao valor da LIX galega actual como unha das mellores do Estado". Berta Dávila en praza.gal
                                                      
                                                              
                                                              TEN trenzas
                                                                                 o mar?

                                                               Pois claro que si
                                                                    ten trenzas de escuma
                                                                    trenzadas na bruma
                                                                    ten trenzas con algas
                                                                    trenzadas nas malvas
                                                                    ten trenzas de noiva
                                                                    trenzadas na choiva
                                                                    ten trenzas de vidro
                                                                    trenzadas nun libro
                                                                    ten trenzas de fume
                                                                    trenzadas no lume
                                                                    ten trenzas de leiras
                                                                    trenzadas nas veigas.

                                                               Ten trenzas
                                                                                 o mar?
                                                               Si, si...
                                                               que eu llas vin,
                                                               por elas subín
                                                                             e non tiñan fin.

                                                                                                        PARABÉNS, ANTONIO!!!

4/10/17

Entrega do Premio Liber 2017 ao fomento da lectura ás Bibliotecas de Oleiros!!!

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/2017/06/as-bibliotecas-de-oleiros-celebramos-o.html
O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros recibirá o Premio Liber 2017 ao fomento da lectura en bibliotecas abertas ao público que concede a Federación de Gremios de Editores de España. Este acto terá lugar en Madrid, o día 5 de outubro, no marco da Feria Internacional del Libro.
A Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) está formada polo 90% das editoriais privadas do Estado español.
As bibliotecas municipais de Oleiros, xunto co seu importante fondo bibliográfico, e as numerosas actividades de promoción da lectura que se desenvolven ao longo do ano foron determinantes para a concesión deste importante premio.
A Xunta Directiva da FGEE quixo recoñecer con este galardón “a intensa dedicación chea de actividades nunha área de poboación dispersa, así como a posta a disposición da poboación de máis de catrocentos postos de lectura e uns fondos bibliográficos moi superiores á media nacional”.

Neste acto tamén se entregarán:
Premio ao mellor autor hispanoamericano ao escritor Javier Marías.
Premio Boixareu Ginesta ao libreiro do ano á Librería Lé de Madrid.
Premio ao fomento da lectura en medios de comunicación ao suplemento “Cultura” do xornal asturiano “La Nueva España”.
Premio á mellor adaptación dunha obra literaria a Juan Antonio Bayona por “Un monstruo viene a verme”.
Finalmente, o editor Emiliano Martínez recibirá a Homenaxe desta edición que concede a Feria Internacional del Libro e a FGEE.
 
Agradecemos á Federación de Gremios de Editores de España a concesión deste galardón e ofrecémolo a todas as persoas que utilizan as bibliotecas municipais de Oleiros, ás que participan nas nosas actividades, que gozan das nosas bibliotecas e que contribúen a ampliar o horizonte do libro e a lectura!!!
Moitas grazas!!!

2/10/17

Ler conta moito e actividades infantís: de 2 a 6 de outubro 2017

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Todas as sesións se celebrarán ás 18:30!!!

Biblioteca Pública Municipal “Mª José Ruso”. Dorneda
Luns 2 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 638) 
CONTACONTOS: Paco Nogueiras
TÍTULO: “Brinca vai!: de aquí a acolá”

Biblioteca Pública Municipal “Manuel María”. Oleiros
Martes 3 de outubro
Para nenas-os a partir de 3 anos
(imprescindible reservar praza, tlf.: 981 610 700)
CONTACONTOS: Pavís Pavós
TÍTULO: “Contos que deixan pegada”

Biblioteca Pública Municipal “Rosalía de Castro”. Santa Cruz
Mércores 4 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 626 338)      
CONTACONTOS: Elefante Elegante
TÍTULO: “O xigante”
 
Xoves 5 de outubro
Para nenas-os de 7 a 12 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 639 511)      
MONITORADO: Teatro Ghazafellos
OBRADOIRO: “Camiñando entre estrelas”
Xoves 5 de outubro
Para nenas-os a partir de 6 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 618 201)      
MONITORADO: Ciencia en ruta
OBRADOIRO: “Obradoiro de submarinos”

Venres 6 de outubro
Para nenas-os a partir de 4 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 628 507)      
MONITORADO: Pedras: artesanía e patrimonio
OBRADOIRO: “A galiña dos ovos de conto”
Venres 6 de outubro
Para nenas-os a partir de 1 a 3 anos (imprescindible reservar praza, tlf.: 981 664 257)      
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “O curral de cocoricoricó”

Algúns destes actos están incluídos no programa 
http://rbgalicia.xunta.es/ler-conta-moito/da Rede de Bibliotecas de Galicia

1/10/17

44 sesións de actividades de promoción da lectura e Ler conta moito de outubro a decembro!!!

http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
Unha tempada máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros organizan actividades de promoción da lectura dirixidas a nenas e nenos. Entre os meses de outubro a decembro, nas sete bibliotecas municipais levaranse a cabo 44 sesións de diferentes actividades infantís para fomentar á lectura e animar a que as nenas e os nenos visiten as bibliotecas no seu tempo libre. Levarase a cabo a programación de Ler conta moito, os bebecontos, a hora do conto así como diversas actividades e obradoiros para adolescentes. Os folletos e carteis están distribuídos en todos os colexios de ensino público de Oleiros e tamén nas sete bibliotecas municipais.
Ler conta moito é un programa de dinamización da lectura nas bibliotecas públicas promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e en colaboración coas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
 
A hora do conto é unha actividade tradicional nas Bibliotecas Municipais de Oleiros na que se levan a cabo diferentes sesións de narración oral dirixidas a nenas e nenos menores de 10 anos. Cóntanse ou dramatízanse un ou varios contos, cun enfoque lúdico e unha vivencia activa e participativa cos libros, fomentando a creatividade, como unha invitación a viaxar a un mundo máxico de imaxinación e fantasía.
Bebecontos son contacontos dirixidos a nenas e nenos de 1 a 3 anos.
Con esta programación as nenas e os nenos poderán escoitar e gozar cos contacontos, fomentar a creatividade con distintos obradoiros: de cómic, de scrapbooking, de maxia, de creación de teatriños de papel, de autoedición...,  divertirse e aprender con sinxelos experimentos científicos como os obradoiros sobre submarinos, coñecer a formación dos planetas e estrelas ou entreterse con espectáculos de maxia.
As sesións levaranse a cabo, preferentemente, ás 18:30 horas, excepto algúns obradoiros que terán lugar ás 17:30 h. e que se avisan na propia actividade.
 
O aforo é limitado en todas as actividades, polo que é imprescindible reservar praza
http://www.oleiros.org/c/document_library/get_file?p_l_id=14092&folderId=122717&name=DLFE-27124.pdf
na biblioteca correspondente, tanto indo persoalmente como chamando por teléfono. Poderanse inscribir desde 10 días antes da data de realización da actividade.
Os obxectivos que se intentan conseguir son a promoción da lectura, que as nenas e os nenos participantes se divirtan escoitando contos, facer novas lectoras e lectores ou consolidarlles este hábito, que descubran a diversidade dos libros e o pracer pola lectura e que vivan o libro en colectividade xunto con outras nenas e nenos.

Preténdese introducir ás nenas e aos nenos no mundo dos libros a través dunha lectura que poidan comprender, coa que gocen e se entreteñan. Tratarase de espertar unha sensibilidade que faga descubrir o pracer que pode proporcionar a lectura, que os nenos e as nenas vexan que tamén se poden divertir e pasar momentos moi agradables cos libros.
Para calquera información que precisen sobre estas sesións poden chamar por teléfono á Biblioteca Central Rialeda 981 639 511 ou a calquera das demais bibliotecas municipais.