13/9/11

Agustín Fernández Paz, VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil

foto de Agustín Fernández Paz O escritor vilalbés Agustín Fernández Paz obtén o VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil y Juvenil.
Este galardón é o recoñecemento máis importante do ámbito iberoamericano a autores cunha carreira literaria consolidada no ámbito do libro infantil e xuvenil.
O premio entrégase o próximo 29 de novembro de 2011 no marco da XXV Feria Internacional del Libro de Guadalajara (México).

Polo “seu compromiso cos valores humanos universais e o seu papel determinante na construción dunha literatura infantil e xuvenil en lingua galega”, o escritor galego Agustín Fernández Paz, autor de libros como Cartas de inverno, Corredores de sombra, O único que queda é o amor, Aire negro, Noite de voraces sombras, Valados, Non hai noite tan longa, O centro do labirinto, Trece anos de Branca, O meu nome é Skywalker, entre moitos outros títulos, é o gañador do VII Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil, un elo máis que engadir á longa cadea de distincións que recoñecen a súa dilatada carreira literaria.


PARABÉNS AGUSTÍN!!!

9/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 9 de setembro

Libros recomendados o 9 de setembro:

- Infantil (para menores de 6 anos):

"Cantas pingas na cidade!", de Eva Montanari
Editado por OQO
Unhas pingas de auga debaten sobre se caer na cidade. Cando o deciden, percorren un itinerario visitando diferentes lugares e persoas.
Libro fundamentalmente visual cunha grande calidade estética e de edición. Moi pouco texto. A consellábel para que os pais o compartan co neno.

- Para mozos-as e adultos-as:

"Diario de un ama de casa desquiciada" de Sue Kaufman
Editado por Libros del Asteroide
Tina Balser é unha sofisticada ama de casa no Manhattan dos anos sesenta. Teóricamente ten todo canto pode desexar pero hai algo que non funciona.
Un libro que reflicte a infelicidade como a serie de televisión "Mad Men" e abriu un novo camiño na literatura norteamericana escrita por mulleres.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/9/11

Unha oleirense soñadora

Ben sabido é que Oleiros é terra fértil en imaxinación, e así faino notar a nosa amiga Marisol Mejuto, unha oleirense soñadora como ela mesmo se considera. O seu relato "A terra que me inspira" foi seleccionado no concurso "Relatos de Verán" de La Voz de Galicia, sendo publicado nas dúas edicións, impresa e dixital.

Dende as Bibliotecas Municipais de Oleiros queremos felicitar e dar un pulo ás inquedanzas creadoras de Marisol, e animamos a todos e todas a apoiala como se merece participando nas votacións que podedes realizar a través dos cupóns que entrega o xornal.


"A terra que me inspira"

Unha leve brisa fai ondear os meus cabelos, o canto dun paxaro marabilla os meus oídos, a fragrancia das flores embriaga o meu olfato, a vista da posta de sol faime sentir libre, o lixeiro contacto da fina herba co cantil faime rir. Unha aura máxica envolve o ambiente, non deixa dúbidas, é a miña terra ... (segue lendo)

2/9/11

Recomendacións en Radioleiros: 2 de setembro

logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 2 de setembro:
- Infantil-xuvenil (de 12 anos en adiante):
"La isla de los delfines azules"
de Scott O'Dell, en Noguer.cuberta do libro La isla de los delfines azules
Karana, unha rapaza que queda co seu irmán Ramo nunha illa, vese obrigada a sobrevivir polos seus propios medios.
Unha historia que enlaza con clásicos como Robinson Crusoe, aportando detalles interesantes sobre o mundo animal.

- Mozocubeta do libro Pan e coitelos/as e adultos/as:
"Pan e coitelo" de Bieito Alonso, editado por Galaxia.
Un relato magnífico da política galega resultado de mesturar a Cela con Tarantino, da man da banda deseñada e cun vocabulario excelente. Unha simbiose entre o costumismo e a actualidade dando de si a mellor prosa de Bieito Iglesias.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido por Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

26/8/11

Recomendacións en Radioleiros: 26 de agosto

Títulos recomendados o venres 26 de agosto:

- Infantil (nenos/as de 10 a 12 anos):

"Mi amigo pintor", de Lygia Bojunga Nunes
Editado por SM
Historia dun encontro entre un mozo e un pintor maduro. Para o primeiro será a revelación do mundo das cores e das formas xunto cunha nova interpretación da vida. Para o pintor, a enerxía do seu amigo aportará unha novidade ao drama que é a súa vida. Lygia Bojunga é unha reputada escritora brasileira e foi a primeira galardoada non europea nen estadounidense co premio Hans Christian Andersen. Vive a cabalo entre Londres e Río.

- Mozos-as e Adultos-as:

"Unicrom" de Rosa Enríquez
Editado por Sotelo Blanco
Un divertido xogo narrativo no que as distintas voces describen un universo de ciencia fición mediante a técnica do "manuscrito atopado". Así vemos a Ten Asor, a Montaña Rosa e a Obolo B quen nos acompañan entre híbridos, sereas, xigantes e anfibios.



Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

19/8/11

Recomendacións en Radioleiros: 19 de agosto

logo recomendacións en Radioleiros Títulos recomendados o venres 19 de agosto:
- Infantil (nenos/as menores de 6 anos):
"Vístome" de Liesbet Slegers en Edelvives/Tambre. cuberta libro VístomeLibro en tapa dura para que os-as máis cativos-as aprendan vocabulario básico. Petencente á serie "Xurxo".
- Mozos-as e adultos-as:
"Tres mujeres fuertes" de Marie NDiaye, editado por Acantilado.
Premio Goncourt 2009, este libro mestura valores estéticos e narrativos, con escenarios que combinan o mundo suburbano francés e o colonial, xunto ao mundo mítico do continente paterno. A súa autora, nacida no ano 1cuberta do libro Tres mujeres fuertes967, ten escrito novelas, relatos infantís e obras de teatro.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes escoitar en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

12/8/11

Recomendacións en Radioleiros: 12 de agosto

Títulos recomendados o venres 12 de agosto:







- Novela xuvenil:


"O contador de estrelas" de Santiago Jaureguizar

Editado por Obradoiro Santillana

Antía vai pasar dous meses acompañando á nai nunha base de servizo antilumes.

Novela sobre o derrumbamento da candidez, do salto á madureza dunha rapaza que ten que mudar a súa visión inocente da realidade.


- Mozos/as e adultos/as:


"Itinerarios seguindo o río Miño" de Paco Armada

Editado por Xerais

O pai dos ríos galegos rega o 40% do noso territorio, cun rico patrimonio natural, monumental e cultural. Cunha descrición detallada dos itinerarios e todas as súas posibilidades, a guía contén mapas e máis de catrocentas fotografías, que fan deste libro unha referencia imprescindible para o/a viaxeiro/a.


Recomendacións que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

5/8/11

Recomendacións en Radioleiros: 5 de agosto

logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 5 de agosto:
- Infantil (a partir de 8 anos):
"Cyrano" de Taï-Marc Le Thanh. Ilustracións de Rébecca Dautremer, en Edelvives.cubeta do libro Cyrano
Álbum ilustrado que recrea de forma maxistral a historia de Cyrano de Bergerac, narigudo, namorado e poeta.
- Mozos/as e adultos/as:
"La extraña desaparición de Esme Lennox" de Maggie O'Farrell, editado por Salamandra.
Recén sacuberta do libro La extraña desaparición de Esme Lennoxída dun hospital psiquiátrico onde vive desde os 16 anos, Esme Lennox é un enigma para todos: por qué foi ingresada se non había causa aparente, por qué non recibe ningunha visita en cincuenta anos, e sobre todo, por qué a súa familia negou siempre a súa existencia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas

4/8/11

32 mozos-as italianos-as visitan a Biblioteca Central Rialeda

foto da visita de mozos italianos á Biblioteac RialedaA expedición de 32 mozas e mozos italianos que participan no intercambio cultural entre Oleiros e o municipio de Buccino visitou a Biblioteca Central Rialeda.

Despois do primeiro intercambio xuvenil que se levou a cabo con éxito en 1999 fóronse intensificando os contactos entre ambos municipios, de feito, o verán pasado unha expedición de mozos e mozas oleirenses visitou Buccino. Entre outros equipamentos culturais e deportivos de Oleiros, os-as xoves italianos-as visitaron as instalacións da Biblioteca Central Rialeda o pasado 1 de agosto, onde coñeceron de perto o funcionamento do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros e o xeito de fomentar o mundo dos libros e a difusión da cultura en calquera soporte (CD, DVD, Internet) a todos-as os-as que se acheguen ás bibliotecas do SBPM.
BENVIDOS-AS A OLEIROS!!!
GRAZAS POLA VISITA!!!
Enlace

29/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 29 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 12 anos:
"La evolución de Calpurnia Tate" de Jacqueline Kelly




Editado por Roca
Unha rapaza aprende a pensar acompañada do seu avó científico e da obra de Darwin “A orixe das especies”. Un xeito de chegar á verdade mediante a experimentación e a observación. Un libro para todas as idades

- Para mozos/as e adultos/as:

"Pan con xamón" de Charles Bukowski

Editado por Faktoría K
Relato autobiográfico de Bukowski no que nos narra da man de do seu alter ego, Henry Chinaski, o seu paso pola infancia e xuventude. Un mundo sórdido no que retrata a vida das clases baixas na cidade de Los Ángeles na depresión. Unha denuncia do soño americano antes da segunda guerra mundial.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

22/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 22 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 6 anos:





Editado por Siruela


Antony Penrose vai debullando dun xeito sinxelo pequenas anécdotas que lle ocorreron cando de pequeno coñeceu a Pablo Picasso, por ser os seus pais tamén artistas e amigos do pintor.


- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Libros del asteroide

Stegner fai nesta novela un canto a amizade, paseándonos por casi corenta anos de relación entre dous matrimonios.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

15/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 15 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 6 anos:




Editado por OQO
Fermosa obra, cunhas ilustracións que nos lembran a África, que nos fala como vive unha nena de Guinea Bissau. Está enferma e vai ao hospital, pero dende que a trata o doutor Vieira xa non ten medo. Estamos no Entroido e busca como disfrazarse. Marcha cos seus curmáns á festa e baila todo o tempo....Trata o problema do SIDA na poboación infantil de Guinea Bissau e a ilustradora ademais de utilizar cores vivas, debuxa personaxes de aparencia forte e saudable para incidir na mensaxe positiva e esperanzadora do relato que transmite a capacidade de seren felices destes pequenos, a pesar da pobreza económica e a enfermidade.


Este libro, dende unha perspectiva solidaria, pretende contribuír á educación en valores e invita á colaboración para mellorar as condicións da poboación infantil máis desfavorecida. Unha obra optimista e que transmite esperanza, representada polo médico e polo anacardio como protección e esperanza na curación.Recomendámolo para nenos e nenas a partir de 6 anos.


- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Seix Barral
Antonia, a protagonista da novela, con só 26 anos e sola no Madrid dos anos 80, ten que coidar do seu fillo de 4 anos ao mesmo tempo que debe abrirse paso na vida. Foi nai aos 21, pero rompeu coa súa parella. Ela é unha guionista de radio e de televisión que está empezando e que pouco a pouco irá destacando. Vainos contando aspectos da súa vida, xunto cos do seu fillo e diranos como parece que é o fillo o que a vai guiando en moitos momentos nos que se sente perdida.


É unha novela intimista sobre as vivencias, pensamentos e desexos dunha muller nova, que reflexiona sobre a soidade e o amor, pero escrita anos máis tarde cando o seu fillo xa é case un home, recordos de mocidade mesturados con lembranzas da infancia.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

8/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 8 de xullo

- Para nenos e nenas a partires de 8 anos:





Editado por Planeta Oxford
Bruno é un neno de pel oscura que vai á Escola do Arco Iris. Na escola de Bruno hai nenas e nenos de diferentes paises e de distintos tonos de pel. Todos son amigos e mesmo hai quen se namora e precisa axuda. Por iso Bruno decide abrir unha oficina para aconsellar, ata que nun momento se decata de que el tamén precisa consellos e axuda.

- Para mozos/as e adultos/as:



Editado por Taurus
Fala da crise do modelo da sociedade e economía actual. Dinos que debemos opoñernos aos males desta sociedade e que debemos defender o estado de benestar europeo cos seus servizos públicos: sanidade, ensino, etc. Que estamos nunha época de inseguridade económica, política... e que a inseguridade enxendra medo. Que nos corresponde aos cidadáns concebir o papel do goberno que queremos e se nós non o facemos, outros o farán por nós.
Ao longo do libro podemos atopar numerosas citas de pensadores europeos: Tocqueville, Adam Smith, Keynes, John Stuart Mill, Joseph Chamberlain ou de escritores como George Orwell, Leon Tolstoi, Marcel Proust...
Analiza e compara a evolución histórica, filosófica e política do século XX, principalmente en Europa e en EEUU, pero tamén a situación actual dos escándalos das bancarrotas, fondos de inversión, hipotecas basura e o motivo polo que os inversores privados estean dispostos a adquirir bens públicos, sen esquecerse do problema do desempleo.
Finaliza dicíndonos que: “Como ciudadanos de una sociedad libre tenemos el deber de mirar críticamente a nuestro mundo. Si pensamos que algo está mal, debemos actuar en congruencia con ese conocimiento.”


En conclusión, unha obra moi completa e moi interesante para comprender como chegamos á crise da sociedade actual, explicándonos que non é certo que unha economía cada vez máis globalizada tenda á nivelación da riqueza.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

1/7/11

Recomendacións en Radioleiros: 1 de xullo

- Para nenos e nenas menores de 8 anos:
"O corazón do xastre" de Txabi Arnal e Cecilia Varela.



Editado por OQO
Fermosa obra que nos fala dun xastre que traballaba para os señores e señoras de palacio e estaba canso de facer sempre ese tipo de roupa, sentía un inmenso baleiro no seu interior. Unha noite, mentres que todos durmían, decidiu marchar. Levou como única equipaxe un cofre cos seus instrumentos de traballo. Segundo vai camiñando descobre que a xente non vive tan ben como era de supoñer. No mundo hai máis pobreza e problemas dos que se imaxinaba e el decida axudar ás persoas que vai atopando no camiño.
Entrañable texto xunto cunhas delicadas ilustracións que os nenos e nenas deben observar xa que unhas veces reforzan o relato e outras desvelan aspectos interesantes.

- Para mozos/as e adultos/as:
"Non hai noite tan longa" de Agustín Fernández Paz.
Editado por Xerais.
"Non hai noite tan longa" conta o regreso de Gabriel Lamas, un home de 50 anos, asentado en París dende 1970 e que volve á vila galega na que naceu con motivo da morte da súa nai. Aos dezaoito anos marchou de Monteverde e nunca máis volveu. Nin sequera cando morreu o seu pai, inxustamente acusado dun delito polo que foi condenado e encarcerado, nun proceso que provocou a súa morte, en 1972. Só trinta e dous anos despois, o falecemento da súa nai é o que o forza a regresar. A Galicia coa que se atopa en 2002 é moi distinta, pero o problema que o obrigou a marchar formou unha ferida no seu interior que non pechou. Ten unha debida co seu pasado, limpar a memoria do seu pai.
Excelente obra ambientada nos últimos anos da ditadura e principio do século XXI que presenta unha ollada crítica sobre a nosa sociedade e que nos fala da culpa, a vinganza, pero sobre todo da xustiza, o amor e a morte.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

30/6/11

Horarios das Bibliotecas de Oleiros durante xullo, agosto e setembro

foto horarios bibliotecas de OleirosInformámosvos dos horarios das Bibliotecas para este verán, (clica na imaxe e accede aos horarios de todas as bibliotecas durante os meses de xullo, agosto e setembro).

Aproveitamos para recordarvos que na Biblioteca Central Rialeda poderedes renovar os libros daquelas outras bibliotecas que estean pechadas. Lembra que deberás facer a devolución dos libros ou o material que teñas en préstamo na biblioteca onde o retiraches. Se a biblioteca correspondente está pechada, espera a que abra para facer a devolución.

Como sempre, podedes contactar connosco ou consultar calquera dúbida sobre o horario chámandonos á Biblioteca Central Rialeda, no teléfono 981 63 95 11 ou envíandonos un correo electrónico a: biblioteca.rialeda@oleiros.org

Queremos desexar un feliz verán a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.