21/2/11

Tertulia Literaria en Rialeda: 26 de febreiro (Grupo A)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30
Comentaráse a obra "León el Africano" de Amin Maalouf.
Documentación sobre a obra.

Obras de Amin Maalouf nas nosas bibliotecas.

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo: 22 febreiro 2011

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

O ilustrador Manel Cráneo impartirá un Taller de Iniciación á Banda Deseñada.
Díptico: anverso / reverso

2 sesións (9,30 e 11,45 h) dirixidas ao alumnado de 1º de ESO do I.E.S. Neira Vilas.

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas.
Aviso importante: durante as sesións queda fóra de servizo o 2º andar da biblioteca. Os usuarios/as que desexen utilizar o servizo de ordenadores teñen á súa disposición os da Sala Infantil e Xuvenil.

18/2/11

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 21 de febreiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Obras de Gonzalo Torrente Ballester nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Logo Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 18 de febreiro:
- Infantil e xuvenil:

“Sopa de xarope de amora” de Xosé A. Neira Cruz, ilustracións de Marta Álvarez MiguénsCuberta do libro Sopa de xarope de amora, editado por Xerais e AGADIC. Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil 2009.

Divertida obra de teatro que relata os traballos do doutor Amorodo, un científico ao servizo das casas reais que recibe encargos estrafalarios e está namorado de dona Chismunda.

- Mozos-as e adultos-as:

“Todo é silencio” de Manuel Rivas, en Xerais.
Fins, Leda e Brinco son tres rapaces amigos que viven en Brétema, unha vila da costa atlántica. Mariscal é un capo contrabandista que ascendeu rapidamente socialmente.
Narra o pro
Cuberta do libro Todo é silencioceso de conversión do contrabando de tabaco ao narcotráfico, acontecido en Galicia nas últimas décadas, como as mafias poden controlar unha gran parte da poboación: uns porque viven delas, outros porque están mercados con cartos ou agasallos e uns terceiros porque teñen medo e non se atreven a falar, saben que falando se xogan a vida. Son mafias que corrompen ás persoas, que acaban coa súa dignidade.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

17/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 18 de febreiro AVISO IMPORTANTE: esta charla está SUSPENDIDA

Ler para saber  A CIENCIA

AVISO IMPORTANTE!!!:

SUSPÉNDESE a charla "A vida nos mares do pasado: obradoiro de paleontoloxía para nenos", prevista para hoxe venres 18 de febreiro ás 18:30 na Biblioteca Central Rialeda a cargo de Roberto Bao Casal.

Desculpen as molestias.

16/2/11

Hora do conto: Biblioteca "Rialeda" de Perillo, xoves 17 de febreiro; Biblioteca "Mª José Trincado de Mera", venres 18 de febreiro

Logo da Hora do contoOla: espérote na Biblioteca "Rialeda" de Perillo o xoves 17 de febreiro ás 18:30 para escoitar a hora do conto. Para os nenos-as menores de 6 anos Mamá Ratiña da Compañía do Trinke Trinke contará: "Sae, bebé!", "O mundo ao que vés", "A mellor familia do mundo". Para os-as maiores de 6 anos, Paula Carballeira contará: "A lagoa das voces misteriosas", "A ra que quería ser princesa".

Na Biblioteca Pública Municipal "Mª José Trincado" de Mera, o venres 18 de febreiro teremos a Ratiña Lupiña da Compañía do Trinke Trinke cos títulos “O galo Xacinto”, “Inés do revés”, “O gato lambón”.

14/2/11

Novidades DVD Cine na Biblioteca Rialeda

Presentamos algunhas das novas películas que incorporamos á nosa colección (1351 títulos e crecendo...):

- Ágora, de Alejandro Amenábar
- Celda 211, de Daniel Monzón
- The Company, de Robert Altman
- I'm not there, de Todd Haynes
- Invictus, de Clint Eastwood
- Los límites del control, de Jim Jarmusch
- Muerte de un ciclista, de Juan Antonio Bardem
- Peregrinos, de Coline Serreau
- Sacrificio, de Andrei Tarkovsky
- Transsiberian, de Brad Anderson
- Up in the air, de Jason Reitman
- The Wall (Pink Floyd), de Alan Parker

... e máis títulos que podes atopar no 2º andar da Biblioteca Central Rialeda, expostas na mesa de novidades.

Tertulia Literaria en Rialeda: 16 de febreiro (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Casiña de Actividades)
Hora: de 17,30 a 19,30

Comentaráse a obra "Olive Kitteridge" de Elizabeth Strout.
Documentación sobre a obra.

Obras de Elizabeth Strout nas nosas bibliotecas.

11/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de febreiro:

-Infantil:
Editado por Kalandraka
Madame Pôl ofrécese voluntaria nunha actuación dun mago. Acontece o que ninguén agardaba: Madame Pôl desaparece.
Libro en tapa dura e con magníficas ilustracións.

-Mozos-as e adultos-as:

Editado por Tusquets
Joseph Dupuche, enxeñeiro, chega a Panamá para traballar nunha empresa. Esta atópase sen fondos e vese obrigado a vivir no barrio negro, un arrabaldo pouco recomendábel.
Un libro dun escritor clásico plenamente actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

9/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 11 de febreiro

Cartel Ler para saber A CIENCIAEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 11 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Iván Ceán Vázquez e Lucía Escacha Arroyo, de 6º curso, do Colexio Público Valle Inclán de Perillo, falarán de "Os ósos" previamente á charla "Mutantes..." a cargo do doutor Andrés Martínez Lage, profesor titular da Universidade da Coruña, no Departamento de Bioloxía Celular e Molecular, da área de coñecemento de Xenética, da Facultade de Ciencias.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

4/2/11

Tertulia Literaria en Santa Cruz: 7 de febreiro

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.

Comentaráse a obra "El baile" de Irène Némirovsky.

Obras de Irène Némirovsky nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Logo de Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 4 de febreiro:
-Infantil-Xuvenil (nenos-as de 9 anos en adiante):
"Mi hermano el genio" de Rodrigo Muñoz Avia en Edebé.Cuberta do libro Mi hermano el ganio
Lola, de 10 anos, xoga nun equipo de fútbol, afección que non é moi respectada na súa familia, onde todos son músicos e sempre é comparada co seu irmán, un xenio do piano.
-Mozos-as e adultos-as:
"Yo mCuberta do libro Yo maldigo el río del tiempoaldigo el río del tiempo" de Per Petterson editado por Mondadori.
Arvid ten 37 anos, un traballo nunha librería, unha muller que xa non o quere, dúas fillas pequenas... Trata de ir tirando, pero cando a súa nai cae gravemente enferma entra nunha profunda crise.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

3/2/11

Ler para saber A CIENCIA: 4 de febreiro

Logo de Ler para saber A CIENCIAEsperámoste na Biblioteca Central Rialeda (2º andar), o venres 4 de febreiro ás 18,30, para participar nesta actividade dirixida a nenos e nenas a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

Marianne Bernot e Daniel Sánchez, do Colexio Valle Inclán, realizarán unha pequena presentación sobre "Os fondos mariños" previamente á charla "E se os coches non fixeran ruído?, E se só soltaran vapor de auga?" a cargo de Socorro Castro García, profesora titular do Departamento de Química Fundamental, área de Química Inorgánica da Universidade da Coruña.

Seleccionamos para ti libros para esta charla científica.

31/1/11