11/2/11

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 11 de febreiro:

-Infantil:
Editado por Kalandraka
Madame Pôl ofrécese voluntaria nunha actuación dun mago. Acontece o que ninguén agardaba: Madame Pôl desaparece.
Libro en tapa dura e con magníficas ilustracións.

-Mozos-as e adultos-as:

Editado por Tusquets
Joseph Dupuche, enxeñeiro, chega a Panamá para traballar nunha empresa. Esta atópase sen fondos e vese obrigado a vivir no barrio negro, un arrabaldo pouco recomendábel.
Un libro dun escritor clásico plenamente actual.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.