23/12/10

Premio María Moliner ás Bibliotecas Municipais de Oleiros

Logo Premios María MolinerO Ministerio de Cultura en colaboración coa FEMP e a Fundación Coca-Cola acaba de conceder os Premios María Moliner de animación á lectura.

De entre os proxectos presentados por bibliotecas de todo o Estado Español (aparte dos tres primeiros premios que están elixidos por nº de poboación e que no grupo de poboación de 20.001 - 50.000 habitantes gañou a Biblioteca de Tortosa en Tarragona) seleccionou 300 proxectos ganadores que recibirán un lote bibliográfico de 200 libros. O proxecto presentado polas Bibliotecas Municipais de Oleiros titulado “A lectura esa gran viaxe” no que se explican as actividades de promoción da lectura que se realizaron no primeiro semestre deste ano, resultou seleccionado entre estes 300 proxectos.

GRAZAS A TODOS-AS POR PARTICIPAR NAS NOSAS ACTIVIDADES!!!

GRAZAS POR FACER BIBLIOTECA!!!


Contos para contar na lareira, este nadal, nas bibliotecas

Icono Contos para contar na lareiraO Centro de Información Xuvenil e as Bibliotecas do Concello de Oleiros, coa colaboración do Grupo de Teatro Portaberta, organizará durante as vacacións de Nadal unha serie de contacontos nas Bibliotecas Municipais e no Centro Cultural A Fábrica.
O grupo de Teatro Portaberta formado por Sabela Ramos Candedo, Daniel Vázquez Paredes, María Abad Ruibal, Julia Laport Ribas, Rebeca Sosa Molinelli, Sabela Dominguez Pérez, Lucía Pombo López e Cristina Eirea Ponte, levará a cabo unha adaptación de unha serie de contos para achegar ata os máis novos e todos aqueles que así o desexen, as disintas imaxes do Nadal.
O calendario e os lugares dos contacontos son:

22/12/10

Programación de actividades para os Centros de Ensino Públicos

Presentamos esta programación coas actividades que se realizarán ao longo do ano 2011 para os Centros de Ensino Públicos do noso concello. A maior parte das mesmas terán lugar na Biblioteca Central Rialeda, na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro" de Santa Cruz e na Biblioteca Municipal "Manuel María" de Oleiros.

Calendario de apertura das Bibliotecas Públicas Municipais nos días de Nadal

foto ábore de nadalDurante os días do Nadal van pechar algunha das nosas bibliotecas. Relacionámosche a continuación os días e as bibliotecas nos que non estarán abertas: iso si, permanecerán abertas para o teu servizo, a Biblioteca Central "Rialeda" de Perillo, a Biblioteca "Rosalía de Castro" de Santa Cruz e a Biblioteca "Ánxel Fole" de Nós.
Os días 24 e 31 de decembro e o sábado 8 de xaneiro de 2011 pechan todas as bibliotecas.


-> Do 27 ao 30 de decembro (ambos incluídos) estará pechada a Biblioteca "Mª Jose Trincado" de Mera.
-> Os días 3, 4, 5 e 7 de xaneiro de 2011 estarán pechadas a Biblioteca "Manuel María" de Oleiros, a Biblioteca "Federico García Lorca" de Montrove, a Biblioteca "Mª José Ruso" de Dorneda e a Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé.

Aproveitamos para desexar unhas boas festas de nadal a todas as persoas que nos seguen a través do noso blog e da web do Concello de Oleiros, e por suposto a todos-as os-as nosos-as lectores-as e usuarios-as.

20/12/10

Guía de Lectura "Palabras para encher ilusións"

Presentamos a guía de lectura do Nadal 2010 titulada "Palabras para encher ilusións".

Trátase dunha selección de creacións de autoras e autores galegos, españois e internacionais, para distintos gustos, intereses, preferencias e idades. Boas historias e bos libros para ler, observar ou mirar, películas ou discos para gozar e compartir.


Desde as Bibliotecas municipais ofrecemos esta guía de lectura cun dobre obxectivo: presentar obras de calidade literaria, artística ou científica para animar a súa lectura, audición ou visionado e lembrar que un libro, un cd, ou un dvd son tamén un bo agasallo.

Tertulia literaria en Rialeda: 22 diciembre 2010 (Grupo B)

Na Biblioteca Central Rialeda (Aula de Actividades)
Hora: 17,30 a 19,30 h. Última tertulia do ano 2010.

Comentario da obra "Arthur & George" de Julian Barnes.

17/12/10

AXÓUXERES: contos de nadal no Teatro As Torres de Santa Cruz

Convite Axóuxeres A actriz e contacontos Soledad Felloza poñerá en escena “Axouxeres”: contos de Nadal o próximo mércores, día 22 de decembro, ás 18.30 horas, no Teatro As Torres de Santa Cruz, para os nenos e nenas a partir de 4 anos de idade.

NON O PERDAS!!!

Recomendacións en Radioleiros

Títulos recomendados o venres 17 de decembro:

- Xuvenil (nenos-as de 14 anos en adiante):

Editado por Anaya

Eva ten quince anos e un problema co seu peso. Cre que ninguén a quere e discute coa súa familia habitualmente. Pouco a pouco, aprende que terá que vencer os seus medos para aceptarse a si mesma.

- Mozos-as e adultos-as:

Editado por Xerais.

Libro misceláneo arredor da vida e obra do pintor Laxeiro. Consta dunha conversa mantida por Carlos G. Reigosa na que trata o seu labor vital e pictórico, unha escolma fotobiográfica e da súa obra e artigos sobre o pintor escritos por Xosé Antón Castro, Antón Patiño e Leopoldo Nóvoa.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

Os mellores do ano 2010

A Fundación Germán Sánchez Ruipérez. especializada no libro infantil e xuvenil, edita a guía Lo + 2010, unha escolma de títulos editados no ano que remata que inclúe diferentes xéneros con títulos para todas as idades e que pretenden satisfacer todos os gustos.

16/12/10

Novidade DVD: Harold Lloyd (Colección definitiva)

No 2ª andar da Biblioteca Central Rialeda
Estantería DVD Cine (baixo letra L)

Presentamos a Colección Definitiva de Harold Lloyd, 10 dvds que inclúen unha ampla antoloxía das súas produccións dende 1919 ata 1936. O lexendario comediante competíu en popularidade con Buster Keaton e Charles Chaplin. O estilo de Lloyd desprende unha constante vitalidade e dinamismo que amosa en todas as súas obras que incluían a veces números acrobáticos reais (El hombre mosca, 1923 - dvd 3)

Nota: cada dvd préstase por separado.

13/12/10

Foto da Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé

Como todo os anos, desde a Biblioteca "Xograr Mendiño" de Lorbé queremos celebrar a chegada destas datas tan especiais: desde o xoves 9 de decembro, contamos con todos os-as socios-as, usuarios-as, amigos-as, veciños-as e toda aquela persoa que queira participar para:

- Decorar a Biblioteca e a Casa do Pobo

- Participar nun concurso sobre o Nadal: trae un debuxo ou unha maqueta cun portal de Belén, unha árbore, unha tarxeta de felicitación das festas ou adornos de Nadal.

-Pasalo moi ben todos-as xuntos-as!!!

Obradoiros de Ilustración con Manel Cráneo: 16 e 17 decembro 2010

Biblioteca Central Rialeda (2º andar)

O ilustrador Manel Cráneo impartirá unha serie de obradoiros de ilustración sobre a súa obra "Os lobos de Moeche"

Díptico: anverso / reverso

Xoves 16 de decembro:
Hora: 2 sesións (9,30 e 11,40)
Dirixidas ao alumnado de 1º A e B de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros.

Venres 17 de decembro:
Hora: 2 sesións (9,30 e 11,40)
Dirixidas ao alumnado de 1ª C e D de ESO do Instituto Miraflores de Oleiros.

Cada obradoiro terá unha duración aproximada de 2 horas.

Aviso importante: durante as sesións queda fóra de servizo o 2º andar da biblioteca. Os usuarios/as que desexen utilizar o servizo de ordenadores teñen á súa disposición os da Sala Infantil e Xuvenil.

Tertulia literaria en Rialeda: 15 decembro 2010

Na Biblioteca Central Rialeda (Aula de Actividades)

CAMBIO DE HORARIO para esta data: de 18 a 20 horas.

Comentario final da obra "Monte Louro" de Luis Rei Núñez.

Breve autobiografía de Luis Rei Núñez.
Documentación sobre a obra.
Obras de Luis Rei Núñez nas nosas bibliotecas.

10/12/10

Tertulia literaria en Santa Cruz: 13 decembro 2010

Na Biblioteca e Centro de Documentación da Muller "Rosalía de Castro"
Hora: de 18,30 a 20 h.
Comentaráse a obra "1984" de George Orwell.

Obras de George Orwell nas nosas bibliotecas.

Recomendacións en Radioleiros

Icono Recomendacións en RadioleirosTítulos recomendados o venres 10 de decembro:
- Infantil (nenos-as menores de 6 anos):
"Un ao dez ... e de volta outra vez" de Betty Ann Schwartz e Alexander Wilensky, en A Nosa Terra.Cuberta do libro Un ao dez
"Un libro práctico para aprender a contar do un ao dez con animaliños que gabean. Editado en tapa dura con complementos de tea no interior".
- Mozos-as e adultos-as:
"Historia de las mujeres en Galicia: siglos XVI al XIX" de Ofelia Rey Castelao e Serrana Rial GarCuberta do libro Historia de las mujeres en Galiciacía, editado por Nigratrea.
"Síntese dos aspectos máis relevantes da historia das mulleres galegas nesas datas: natalidade, casamento, alimentación, oficios, relacións familiares, relixión,etc. ofrecendo un conxunto científico interesante".
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.