Na busca dun fogar de Alexis Deacon, ilustrado por Viviane Schwarz. Editado por Patasdepeixe.
Unha familia de ratiños ten que saír do seu fogar morno e seguro e buscar outro máis grande no que meterse. Un simpático álbum ilustrado que nos fala de afrontar os medos, da importancia de apoiarnos e permanecer unidos ante as adversidades e de coidar o medio ambiente.
As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo, 1885-1936 de Carmen V. Valiña. En Galaxia.
Dispoñible en GaliciaLe
Ensaio que combina o rigor histórico cunha narración próxima e profundamente emotiva, que dá voz ás mulleres recluídas no manicomio de Conxo entre os anos 1885 e 1936. Mulleres que, en moitos casos, non tiñan ningún trastorno mental senón que foron castigadas por desafiar as normas sociais do seu tempo. Todos os testemuños recollidos nesta obra son reais e proceden das historias clínicas do manicomio de Conxo conservadas no Arquivo de Galicia.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en RadiOleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.


No hay comentarios:
Publicar un comentario