Esta é unha pregunta que a bo seguro a Humanidade vén facendo en todo momento ao longo da súa historia, pois adoito camiñamos ás atoutiñadas, abríndonos paso no escuro, fragmento do manifesto MAIS ELES TAMÉN PERDIDOS de Eva Veiga para a AELG.
O 23 de febreiro conmemoramos o Día de Rosalía de Castro, data do seu nacemento. Rosalía de Castro é un símbolo para o pobo galego, unha das grandes poetas da literatura galega e española do século XIX e unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego. Un ano máis, as Bibliotecas Municipais de Oleiros xuntámonos á iniciativa que promove a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e celebramos o aniversario do nacemento da autora. A AELG propón á cidadanía desde 2010 que agasalle un libro en galego e unha flor. O lema escollido para este 2026 foi #maiselestamenperdidos
En 2026 Eva Veiga foi a persoa escollida para a redacción do Manifesto da AELG, que foi lido no acto central do Día de Rosalía de Castro, (domingo 22 de febreiro no Panteón de Galegos Ilustres, Santiago de Compostela).
Podes ler o manifesto nesta ligazón.
Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): sesión da Hora do conto titulada Nena, adicada a Rosalía o luns 23 de febreiro ás 17:30 a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): sesión da Hora do conto titulada Contos con tradición adicada a Rosalía o martes 24 de febreiro ás 17:30 a cargo de Pablo Díaz.
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): sesión da Hora do conto titulada Historias soñadas adicada a Rosalía o mércores 25 de febreiro, ás 17:30 a cargo de Trémola Teatro.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): sesión da Hora do conto titulada Rosalía, contos nunha roda adicada a Rosalía o xoves 26 de febreiro, ás 17:30 a cargo de Tarabelos Teatro.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): sesión da Hora do conto titulada Soños adicada a Rosalía o venres 27 de febreiro, ás 17:30 a cargo de Ramiro Neira.
- Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera): sesión da Hora do conto titulada Nube de algodón adicada a Rosalía o venres 27 de febreiro, ás 17:30 a cargo de Trémola Teatro.
Actividades de fomento da lectura para os centros escolares que conmemoran o Día de Rosalía:
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo):
Luns 23 de febreiro:
- Alumnado de 3º e de 4º de EP do CEIP Juana de Vega (Nós). Rosalía pequena con Ramiro Neira
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros):
Martes 24 de febreiro:
- Alumnado de 5º e de 6º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros). A miña historia con Trémola Teatro
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz):
Mércores 25 de febreiro:
- Alumnado de 3º de EP do CEIP Isidro P. Pondal (Santa Cruz). Cantos da avoa con Trémola Teatro
Mércores 25 de febreiro:
- Alumnado de 3º de EP do CEIP Isidro P. Pondal (Santa Cruz). Cantos da avoa con Trémola Teatro

No hay comentarios:
Publicar un comentario