7/6/24

Recomendacións en Radioleiros: 7 xuño 2024

Recomendacións en Radioleiros: 7 xuño 2024
"El libro de David Pichón sobre cómo tratar con gatos malos y conservar (casi) todas tus plumas" de Swapna Haddow, ilustrado por Sheena Dempsey - Infantil (crianzas de 8 anos en adiante):
"El libro de David Pichón sobre cómo tratar con gatos malos y conservar (casi) todas tus plumas" de Swapna Haddow, ilustrado por Sheena Dempsey. En Flamboyant.
Esta novela é algo así como un manual para pombas. Os protagonistas, Capi e David son dous pombiños que intentan construír un mundo mellor. Para conseguilo teñen que desfacerse da gata Malvada, así poderán coller unha enchedela de galletas e biscoitos sen medo ás súas gadoupas.

"Deixádenos remar" de Ana Cabaleiro- Mocidade e persoas adultas:
"Deixádenos remar" de Ana Cabaleiro. Editado por Xerais.

Dispoñible en GaliciaLe

Finalista do Premio Xerais de Narrativa do ano 2021 é unha novela que ten como protagonistas as vivencias das persoas que habitan un arrabalde de calquera cidade galega que se opoñen a esas outras persoas tamén anónimas que se trasladan a vivir nos chalés situados en fronte. Reivindicando a convivencia dos barrios fronte á tendencia da uniformidade e a globalización.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario