10/5/24

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2024

Recomendacións en Radioleiros: 10 maio 2024
- Infantil (crianzas a partir de 3 anos):
"Carabuñas" de Margarita del Mazo. Ilustrado por Charlotte Pardi"Carabuñas" de Margarita del Mazo. Ilustrado por Charlotte Pardi. En OQO.
Nunha casoupa vella, ao outro lado do bosque, vive un bruxo chamado Carabuñas que nas noites de luar vai cazar cativas-os para a súa despensa. Unha daquelas noites entra na aldea e métese no dormitorio de Branca, unha nena espelida e lista que non está disposta a ser a merenda de ninguén... Historia divertidísima cunha mensaxe que xira ao redor da astucia. A nena, sendo en principio a máis débil, consegue que Carabuñas fuxa do seu cuarto espantado e desgustadísimo.

"La historia de los vertebrados" de Mar García Puig
- Mocidade e persoas adultas:
"La historia de los vertebrados" de Mar García Puig. Editado por Random House.

Dispoñible en eBiblio

Mar García Puig é filóloga, editora e política española, deputada do Congreso por Barcelona entre 2016 e 2023. Este é o seu primeiro libro e nel fala do trastorno de ansiedade que sufriu despois de converterse en nai e congresista ao mesmo tempo. É un interesantísimo relato no que o público e o privado mestúranse e pelexan e no que a autora, partindo da súa experiencia persoal, viaxa polo mundo da arte, da literatura, da mitoloxía e da historia da medicina para mostrarnos a mulleres que sufriron problemas de saúde mental relacionados co posparto.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario