Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Día da Muller. Mostrar todas las entradas

6/3/26

Actividades en Bibloleiros para conmemorar o 8M

Actividades en Bibloleiros para conmemorar o 8 de marzo, Día da Muller
- Actividades da Hora do conto que promoven a igualdade entre as nenas e nenos e de temática feminista 
dirixidas a crianzas:
Sesión A viaxe de Piruleta o 4 de marzo a cargo de Ariadna Ligero na Biblioteca de Santa Cruz.
Sesión Lúa quera viaxar a Marte o 5 marzo con A Xanela do Maxín na Biblioteca de Lorbé.
Sesión Canta, Bugina, canta! o 5 marzo con Marta Ortiz na Biblioteca Central Rialeda.
Sesión Dúas heroínas voando van o 6 marzo con Raquel Crespo na Biblioteca de Mera.
Sesión Aitana e a avoa e outros contos violetas o 9 marzo con Soraya Lema na Biblioteca de Dorneda.
Sesión Lúa quera viaxar a Marte o 10 marzo con A Xanela do Maxín na Biblioteca de Oleiros.
Sesión Imos ao recreo o 13 marzo con Trémola Teatro na Biblioteca de Nós.

- Actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino: 
Directas ao espazo de Trémola Teatro na Biblioteca de Santa Cruz o 6 de marzo para alumnado do CEIP Isidro Parga Pondal (Santa Cruz). 

- Exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas:
Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo) e na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz) realizaranse dúas exposicións de temática similar pero orientadas a públicos distintos:
Expo As estacións en feminino na Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Para público adulto: As estacións en feminino proposta para darlle visibilidade o papel das mulleres na historia, no coñecemento e na creación.
Primavera—Literatura (libros de grandes escritoras), Verán—Ciencia (libros de destacadas científicas), Outono—Dereitos civís (libros de loitadoras polos dereitos femininos), Inverno—Arte (libros de mulleres artistas).
Para público infantil: E ti, que queres ser de maior? que busca fomentar a imaxinación, a lectura e a igualdade de oportunidades a través de referentes femininos inspiradores.
Primavera—Escritora, Verán—Científica, Outono—Activista, Inverno-Artista
Na Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): exposición Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño. Mostra bibliográfica sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, na política, no deporte, etc. Pioneiras que venceron as barreiras que lles estaban impostas e ás que lles debemos o non dar nin un paso atrás.
Na Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): exposición titulada Igualdade de xustiza en feminino, para todos os públicos, composta por material relacionado coa temática da muller e a xustiza. Muller e desigualdade legal que existe arredor dela como leis discriminatorias, proteccións xurídicas deficientes e normas sociais nocivas que debilitan os dereitos das mulleres e nenas.
Na Biblioteca Municipal Mª José Trincado (Mera): Escritoras actuais. Escolma de obras dalgunhas das máis destacadas escritoras de hoxe dirixidas a un público infantil e xuvenil. Tamén contaremos con debuxos sobre o Día da Muller para que coloreen as crianzas.
Na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): Dereitos. Xustiza. Acción. Para TODAS as mulleres e nenas. Mostra na que se aborda a temática do feminismo e as reivindicacións da muller.
Na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): Diversidade é a nosa forza. Igualdade é o noso dereito. Pequena exposición bibliográfica para destacar tanto a creatividade coma os logros das mulleres ao longo da Historia. Tamén teremos elaboración de carteis para conmemorar o 8M e recomendacións de lecturas enfocadas á igualdade de xénero.

18/3/25

Martes 18 de marzo: Recital poético "Con nome de muller" con Chus Álvarez e Ángeles Dorrio.

Teatro As Torres. Santa Cruz
Martes 18 de marzo ás 20:30 h.

Conmemoración do Día da Muller.

Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio.

Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.

Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.

Poetas galegas:

Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño

Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez

Desde as bibliotecas municipais invítase a todas as persoas que desexen asistir, ata completar o aforo. 

10/3/25

Conmemoración do Día da Muller nas Bibliotecas Municipais

Con todas estas as actividades, organizadas desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.

Recital poético "Con nome de muller" a cargo da actriz Chus Álvarez, acompañada ao piano por Ángeles Dorrio, no Teatro As Torres de Santa Cruz, o martes, 18 de marzo, ás 20:30 h.
Unha homenaxe á poesía escrita por mulleres universais, en galego e castelán. Unha escolma de 36 poemas únicos, recitados con voz falada e cantada, e música en directo.
Selección poética, interpretación e dirección: Chus Álvarez. Piano e voz cantada: Ángeles Dorrio.

Poetas galegas:
Alba Cid
Ana Romaní
Emma Pedreira
Estíbaliz Espinosa
Lucía Aldao
Luisa Villalta
Lupe Gómez
Luz Fandiño
Luz Pozo Garza
María Lado
Olalla Cociña
Olga Novo
Pilar Pallarés
Pura Vázquez
Rosalía de Castro
Xela Arias
Xohana Torres
Yolanda Castaño

Poetas españolas e internacionales:
Alba Flores
Alejandra Pizarnik
Alfonsina Storni
Ana Luisa Amaral
Beatriz Osés
Concha Méndez
Emily Dickinson
Gata Cattana
Gioconda Belli
Gloria Fuertes
Mar Benegas
María Elena Higueruelo
María Elena Walsh
Maya Angelou
Patricia Benito
Sylvia Plath
Wislawa Szymborska
Xitlalitl Rodríguez
 
Actividades da Hora do conto, dirixidas a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista. Todas para nenas e nenos a partir de 5 anos. Realizaranse ás 18.30 h: 

- Dúas heroínas voando van!, a cargo de Raquel Crespo. Na Biblioteca Rialeda de Perillo, o 6 de marzo.
- Dámoslle a volta ao conto, por Raquel Queizás. Na Biblioteca Mª José Ruso de Dorneda, o 10 de marzo.
- A verdadeira historia de Cincenta, a cargo de Charo Pita. Na Biblioteca Manuel María de Oleiros, o 11 de marzo.
- O mundo ao revés, por Trémola Teatro. Na Biblioteca Rosalía de Castro de Sta. Cruz, o 12 de marzo.
- Lúa quere viaxar a...Marte, a cargo de A Xanela do Maxín. Na Biblioteca Xograr Mendiño de Lorbé, o 13 de marzo.
- Contamos en igualdade, por Eduvía. Na Biblioteca Ánxel Fole de San Pedro de Nós, o 14 de marzo.

Nos Clubs de Lectura vanse ler e comentar libros escritos por mulleres ou que tratan temas relativos á muller:

Na Biblioteca Central Rialeda, Perillo:
- Vi: una mujer minúscula, de Kim Thuy (comentarase o 5 de marzo no grupo A e o 9 de abril no grupo B).
- Todo cuanto amé, de Siri Hustvedt (comentarase o 26 de marzo no grupo B).

Na Biblioteca Rosalía de Castro, Sta. Cruz:
- Desgracia, de J. M. Coetzee (comentarase o 18 de marzo no grupo C).

Na Biblioteca Mª José Trincado, Mera:
- Os seres queridos, de Berta Dávila (comentarase o 17 de marzo no grupo B).
- Historia de los vertebrados, de Mar García Puig (comentarase o 7 de abril no grupo A).

Na Biblioteca Manuel María, Oleiros:
- Circe ou o pracer do azul, de Begoña Caamaño (comentarase o 10 de abril).

Nas actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino están programados actos con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home: 

- E ti que queres ser de maior?, a cargo de Trémola Teatro. Na Biblioteca Rialeda, o 10 de marzo, ás 10 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do Colexio Valle Inclán de Perillo.
- Muller, poeta en galego, a cargo da Premio Nacional de Poesía 2024, Yolanda Castaño. Na Biblioteca Rosalía de Castro, o 11 de marzo, ás 10.30 e ás 12 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º da ESO do IES Neira Vilas de Perillo.
- Rosalía pequena, a cargo de Ramiro Neira. Na Biblioteca Rialeda, o 27 de marzo, ás 10.15 e ás 11.45 h. (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 3º de primaria do colexio Valle Inclán de Perillo.

Tamén se realizarán mostras bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas, co obxectivo de dar visibilidade á muller e á temática da igualdade de xénero:

Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: A Biblioteca Violeta de Rialeda presenta “Mulleres e ciencia”
Unha selección de libros sobre científicas ocultadas polo veo da invisibilidade. Mostra bibliográfica que fala de médicas, xeólogas, matemáticas, enxeñeiras, xenetistas, biólogas que foron inspiradoras, valentes e pioneiras. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas científicas pero non tiveron recoñecemento, aínda hoxe, ao seu inmenso traballo.
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.

Na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz a mostra bibliográfica titulada  “Mulleres entre viñetas”.

Selección de obras de banda deseñada escritas ou debuxadas por mulleres. Inclúense tanto títulos para o público adulto como para o infantil.
Os obxectivos que se pretenden conseguir son visibilizar o traballo das mulleres dentro do mundo da banda deseñada. Dar a coñecer autoras que forman parte do noveno arte. Achegar, tanto aos adultos/as como aos nenos/as, ao mundo do cómic a través de títulos escritos por mulleres. Deste xeito, na mostra figurarán nomes como Marjane Satrapi, Raina Telgemeier, Ana Oncina, Lola Vendetta, Ana Penyas, Katie O'Neill...
Público ao que vai dirixida: todo tipo de público.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo.

Na Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: “Mulleres bravas e loitadoras que abriron camiño”.
Historias de  mulleres  que  destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. Pioneiras  que venceron as barreiras que lles estaban impostas,  que abriron camiño e ás que lles debemos non dar nin un paso atrás.
Público ao que vai dirixida: todos os públicos
Tempo que durará a mostra bibliográfica: mes de marzo

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”.
Formada por unha selección de novelas escritas por mulleres e que teñen unha protagonista  feminina.
Público ao que vai dirixida: público adulto
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 5 de marzo ata fin de mes.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Voces femininas: o 8M a través da literatura”.

Exposición bibliográfica que recolle unha selección de ensaios e obras literarias que abordan a loita das mulleres pola igualdade, os dereitos civís e sociais, así como a súa representación ao longo da historia. A través de textos clásicos e contemporáneos, esta mostra invita á reflexión sobre os logros alcanzados e os desafíos que aínda existen na loita feminista.
Público ao que vai dirixida: para todos os públicos.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 14 de marzo.

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Mulleres empoderadas”.
Biografías de mulleres que destacaron nos eidos da ciencia, literatura, medicina ou causas sociais e medioambientais.
Público ao que vai dirixida:  infantil.
Tempo que durará a mostra bibliográfica: do 5 ao 19 de marzo.

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Garantir a igualdade”.
Selección bibliográfica para sensibilizar e tomar conciencia das dificultades, que aínda, a día de hoxe atravesamos as mulleres, elaborando ademais, un breve recopilatorio de mulleres que fixeron historia en distintos ámbitos.
Público ao que vai dirixida: todo o público en xeral .
Tempo que durará a mostra bibliográfica: desde o 6 de marzo ata fin de mes.

5/3/25

Mulleres e Ciencia: expo en Rialeda para o 8 de marzo 2025

Mulleres e Ciencia: expo en Rialeda para o 8 de marzo 2025
Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito esencial a transformar as súas áreas científicas pero non tiveron recoñemento, aínda hoxe, do seu inmenso traballo.

"Mulleres e Ciencia" é unha selección de libros sobre científicas ocultadas polo veo da invisibilidade.

Eis a exposición bibliográfica que celebra o 8 de marzo que fala de médicas, xeólogas, matemáticas, enxeñeiras, xenetistas, biólogas que foron inspiradoras, valentes e pioneiras. Na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Arredemos os panos que agochan as vidas e as obras de investigadoras que non ocuparon o lugar que lles correspondería!!!

Actividades en Bibloleiros para conmemorar este día:
- Todas as sesións serán ás 18:30 e están dirixidas a crianzas a partir de 5 anos.
- Biblioteca Central Rialeda (Perillo): o xoves 6 de marzo, sesión de contacontos a cargo de Raquel Crespo titulada "Historias soñadas".  
- Biblioteca Municipal Mª José Ruso (Dorneda): o luns 10 de marzo, sesión de contacontos con Raquel Queizás titulada "Dámoslle a volta ao conto".
- Biblioteca Municipal Manuel María (Oleiros): o martes 11 de marzo, contacontos con Charo Pita titulado "A verdadeira historia de Cincenta".
- Biblioteca Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz): o mércores 12 de marzo, sesión de contacontos titulada "O mundo ao revés" con Trémola Teatro.
- Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé): o xoves 13 de marzo, a sesión conmemorativa do 8 de marzo titúlase "Lúa quere viaxar a… Marte" con A Xanela do Maxín.
- Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós): o venres 14 de marzo, o contacontos adicado ao Día da Muller titúlase "Contamos en igualdade" a cargo de Eduvía.

8/3/24

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros

Conmemoración do Día da Muller 2024 en Bibloleiros
Conmemoración do
Día da Muller eBibloleiros. En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados con feminismo, mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas. Tamén obras literarias, tanto para público infantil e xuvenil como para persoas adultas, escritas por mulleres.

"Mulleres e Artes", escolma de libros sobre artistas ocultadas polo veo da invisibilidade. Exposición bibliográfica que fala de escritoras, pintoras, escultoras, artistas que foron inspiradoras, transgresoras, valentes e libres. Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas artísticas pero non viron recoñecido o seu inmenso traballo, aínda hoxe.
Exposición de material bibliográfico titulada “Literatura en feminino” no que figurarán obras de autoras que ao longo da Historia da Literatura por un ou outro motivo recolleron alegatos contra a sociedade patriarcal e a denuncia das desigualdades en todos os ámbitos sociais.
Mostra "Medrando en igualdade", para este día de reflexión e reivindicación desde a biblioteca queremos seguir mostrando o noso compromiso coa igualdade.
Exposición bibliográfica “Da man dELAS”: historias de nenas e mulleres que afrontan prexuízos e loitan polos seus soños.
"Mulleres relevantes na historia" é unha exposición para público infantil con biografías de mulleres que fixeron historia conseguindo grandes logros científicos, sociais, políticos e artísticos.
Mostra bibliográfica na sala infantil e xuvenil "Mulleres que deixaron pegada" sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, do deporte, etc. 
Exposición sobre o feminismo.

ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
1 de marzo: "Rebeldes" con Ramiro Neira na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para crianzas a partir de 5 anos.
4 de marzo: "A cidade violeta" a cargo de Anxo Fariña na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para crianzas a partir de 5 anos.
5 de marzo: "Exploradoras" con Ramiro Neira na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para crianzas a partir de 5 anos.
6 de marzo: "Lúa quere viaxar a Marte" a cargo de A Xanela do Maxín na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "De princesas vai o conto" a cargo de Proyecto Bululú na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para crianzas a partir de 5 anos.
7 de marzo: "E ti que queres ser de maior?" con Trémola Teatro na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Dirixido a crianzas a partir de 5 anos.
8 de marzo: "Unha nena moi moi valente" a cargo de Trémola Teatro na Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para crianzas a partir de 5 anos.

Actividades plásticas e manuais
- Biblioteca Manuel María (Oleiros):
Actividade para público infantil “Comecocos pola igualdade”. Creamos un comecocos con 8 preguntas sobre o reparto das tarefas do fogar e dos coidados. Para xogar e reflexionar en familia.
- Biblioteca Ánxel Fole (Nós):
Pasatempos como a sopa de letras para atopar os nomes de mulleres galardoadas co Premio Nobel.
- Biblioteca Xograr Mendiño:
Debuxos de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica para as crianzas.

5 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º e 4º de EP do CEIP Parga Pondal (Santa Cruz).
6 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 6º de EP do CEIP Luís Seoane (Mera).
7 de marzo: "Contos pola igualdade" para alumnado de 3º de EP do CEIP Rabadeira (Oleiros).

ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Presentación da obra "Aprendendo a vivir na túa ausencia" de Carmen Torreiro. Xoves 7 de marzo ás 19:00 h. no Teatro "As Torres" (Santa Cruz). Intervirán: a autora, Carmen Torreiro; o escritor e editor, Xulio López Valcárcel e a psicóloga, Alma López Sande.

4/3/24

Mulleres e Artes: expo en Rialeda para o 8 de marzo

Mulleres e Artes: expo en Rialeda para o 8 de marzo
Mulleres vangardistas que contribuíron de xeito crucial a transformar as súas áreas artísticas pero non viron recoñecido o seu inmenso traballo, aínda hoxe.

"Mulleres e Artes" é unha escolma de libros sobre artistas ocultadas polo veo da invisibilidade.

Eis a exposición bibliográfica que celebra o 8 de marzo que fala de escritoras, pintoras, escultoras, artistas que foron inspiradoras, transgresoras, valentes e libres na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).

Arredemos os panos que agochan as vidas e as obras de creadoras que non ocuparon o lugar que lles correspondería!!!

13/3/23

14 marzo 2023: "Girls Just Wanna Have Fun" con Lesuiteband no Teatro As Torres

Conmemoración do Día da Muller
Teatro As Torres de Santa Cruz
Martes 14 de marzo ás 20 h.

O dúo Lesuiteband está formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros).

"Girls Just Wanna Have Fun" presenta un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado coa muller como protagonista, como: Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor, Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.

Algunhas das cancións que interpretarán son:
Girls Just Want to Have Fun (Cyndi Lauper)
Bad Girls (Donna Summer)
Hot Stuff (Donna Summer)
It's a Heartache (Bonnie Tyler)
I Will Survive (Gloria Gaynor)
Bette David Eyes (Kim Carnes)
Because The Night (Patti Smith)
True Colors (Cyndi Lauper)
What You Get Is What You See (Tina Turner)
Nothing Compares to You (Sinnead O'Connor)
Ironic (Alanis Morissette)
Beautiful (Christina Aguilera)
Back to Black (Amy Winehouse)

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, para que gocen coa música.

6/3/23

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Conmemoración do Día da Muller: A favor da igualdade nas Bibliotecas Municipais de Oleiros.
En todas as bibliotecas municipais realizaranse exposicións de fondos bibliográficos (libros, DVD, CD) relacionados coa muller:
-Sobre feminismo, seleccionando libros para abordar a temática da igualdade de xénero.
-Sobre mulleres que destacaron como científicas, escritoras, no mundo da arte, na música, no cine, no deporte, na política e noutras temáticas.
-Obras literarias, tanto para público infantil-xuvenil como para adultos/as, escritas por mulleres.
En cada biblioteca haberá unha exposición distinta.
ACTIVIDADES PARA PÚBLICO INFANTIL
A HORA DO CONTO
Todas as sesións serán ás 18:30 h.
7  de marzo: A BIBLIOTECA QUE VIAXABA POLO TEMPO a cargo de Olga Abad na Biblioteca Manuel María (Oleiros). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
8 de marzo: A VIAXE DE MARUXIÑA a cargo de Olga Abad na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: PRINCESOS E PRINCIPETAS a cargo de Raquel Galavís na Biblioteca Central Rialeda (Perillo). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
9 de marzo: BRAVAS a cargo de Ramiro Neira en Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: A RODA DAS TRES DONAS a cargo de Charo Pita na Biblioteca Mª José Trincado (Mera). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
10 de marzo: O NENO QUE NON QUERÍA SER AZUL E A NENA QUE NON QUERÍA SER ROSA a cargo de Proyecto Bululú en Biblioteca Ánxel Fole (Nós). Para nenas e nenos de 2 a 5 anos.
13 de marzo: ANIMAIS ARTISTAS E OUTRAS COUSIÑAS a cargo de Iván Davila na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda). Para nenas e nenos a partir de 6 anos.
ACTIVIDADES PLÁSTICAS E MANUAIS
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Ánxel Fole (Nós) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos a través de recortables de imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Desde o día 6 ao 10 de marzo, na Biblioteca Municipal Xograr Mendiño (Lorbé) realizaranse diversas actividades plásticas e manuais para nenas e nenos, baixo o título: Mulleres: Imaxes de mulleres ilustres cunha pequena descrición biográfica.
ACTIVIDADES PARA MOCIDADE E PÚBLICO ADULTO
Actuación musical: GIRLS JUST WANNA HAVE FUN a cargo do dúo Lesuiteband, formado por Marian Ledesma (voz) e Sofía Canedo (piano/coros)
No Teatro As Torres (Santa Cruz), martes 14 de marzo, ás 20:00 h.
Neste concerto presentaran un repertorio de diferentes artistas importantes na historia da música pop, especialmente pensado na muller como protagonista, como:  Cyndi Lauper, Donna Summer, Bonnie Tyler, Gloria Gaynor, Kim Carnes, Patti Smith, Tina Turner, Sinéad O'Connor,  Alanis Morissette, Amy Winehouse ou Christina Aguilera, todas elas grandes figuras da música.
Algunhas das cancións que interpretarán son: Girls just want to have fun que alcanzou fama como himno feminista, Bad girls, Hot stuff, It's a heartache, I will survive, Bette David eyes, Because the night, What you get is what you see, Nothing compares to you, Ironic, Back to black , Beautiful,  etc.
CLUBS DE LECTURA
Están lendo as seguintes obras:
Bibioteca Central Rialeda. Perillo
GRUPO A: El cuento de la criada de Margaret Atwood
GRUPO B: Espejo roto de Mercé Rodoreda

Biblioteca Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
GRUPO A: Americanah de Chimamanda Ngozi Adichie
GRUPO B: La isla de las mujeres del mar de Lisa See  

Biblioteca Municipal Mª José Trincado. Mera
Infamia de Ledicia Costas


22/3/22

"Voces de muller" con Black Dúo no Teatro As Torres de Santa Cruz (unha pequena mostra)

No Teatro As Torres (Santa Cruz), tivo lugar o xoves 17 de marzo a actuación musical de Black Dúo co espectáculo "Voces de muller" en conmemoración do Día da Muller. 
 
Deixámosvos este clip de vídeo como mostra do estupendo concerto que foi no que lembramos a artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James, grandes figuras da música negra que tiveron unha enorme influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que interpretaron foron: "At last", "Superwoman", "Say a little prayer" ou "My baby just cares"...

11/3/22

"Voces de muller" con Black Dúo no Teatro As Torres de Santa Cruz

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 17 de marzo, ás 20:30 h., terá lugar a actuación musical "Voces de muller" con Black Dúo, en conmemoración do Día da Muller.

Neste concerto lembrarán a artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James, grandes figuras da música negra que tiveron unha enorme influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que van interpretar son: "At last", "Superwoman", "Say a little prayer" ou "My baby just cares"...

En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19 será obrigatorio manter a distancia de seguridade e asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.

Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa música. 

7/3/22

Día Internacional da Muller en Bibloleiros: A FAVOR DA IGUALDADE

- Exposicións bibliográficas en todas as bibliotecas.

- Actividades para público infantil:
Todas as sesións infantís levaranse a cabo ás 18:30 h. e estarán dirixidas a nenas e a nenos a partir de 6 anos.
3 de marzo: "Contos pola igualdade" a cargo de Lía Magalia na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
7 de marzo: "Irene no Senegal" a cargo de Solidariedade Internacional de Galicia na Biblioteca Mª José Ruso (Dorneda).
8 de marzo: "Eu non quero" a cargo de Ana Carreira na Biblioteca Manuel María (Oleiros).
9 de marzo: "Unha nena moi, moi valente" a cargo de Trémola Teatro na Biblioteca Rosalía de Castro (Santa Cruz).
10 de marzo: "Iguais e diferentes" a cargo de Expresión Producións na Biblioteca Central Rialeda (Perillo).
10 de marzo: "Uns lentes diferentes" a cargo de Proyecto Bululú na Biblioteca Xograr Mendiño (Lorbé).
11 de marzo: "Contos diversos" a cargo de Miguel A. Alonso Diz na Biblioteca Mª José Trincado (Mera).
11 de marzo: "Pioneiras" a cargo de Ramiro Neira na Biblioteca Ánxel Fole (Nós).
 
- Actividades para a mocidade e público adulto:
17 de marzo, ás 20:30 h.: Actuación musical Voces de muller a cargo de Black dúo, no Teatro As Torres (Santa Cruz).
Neste espectáculo lembrarán artistas como Nina Simone, Alicia Keys ou Etta James,  grandes figuras da música negra e que tamén tiveron unha gran influencia en diversos ámbitos do feminismo. Algunhas das cancións que van interpretar son: “At last”, “Superwoman” “Say a little prayer” ou “My baby just cares”.
 
- Clubs de lectura:
Grupo A
Grupo B
 
Grupo A
Grupo B


16/3/21

"A luz na batalla" en Rialeda

Aínda podes contemplar, na Biblioteca Central Rialeda, a expo bibliográfica sobre Emilia Pardo Bazán para celebrar o 8 de marzo, Día da Muller.  A mostra bibliográfica A luz na batalla, baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é toda unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual, está dedicada á escritora Emilia Pardo Bazán, con novelas, artigos xornalísticos, ensaios e biografías sobre a autora de "La Tribuna". Tamén tes á túa disposición a serie de televisión homónima inspirada na novela "Los pazos de Ulloa" e o audiolibro "Aire y otros relatos" con seis das súas narracións cortas. En 2021 cúmprese o centenario da morte da autora coruñesa.
Emilia  Pardo  Bazán, filla única dunha familia aristocrática, nace na Coruña no ano 1852 e morre en Madrid en 1921. Para o seu tempo recibiu unha coidadosa educación e desde moi nena amosou unha gran afección pola lectura. As circunstancias políticas do pai -deputado liberal- levan a familia a pasar tempadas en Francia e a viaxar  por  Europa.  Así, dona Emilia coñecía e falaba francés, inglés e alemán e ademais foi pioneira, con grande escándalo na sociedade da súa época, da divulgación e defensa do estilo naturalista coa publicación do seu ensaio La cuestión palpitante. Como persoa independente, separouse do seu home e mantivo un longo romance con Benito Pérez Galdós, vai ser precursora de ideas feministas e valente defensora da educación para a muller. Por iso sempre atopou obstáculos para lograr o recoñecemento dos ambientes intelectuais. A escritora mantivo interesantes e acedas polémicas con Unamuno, Pereda, Juan  Valera, Clarín e Manuel Murguía. Curros Enríquez sitúaa no vagón da envexa na súa obra O divino sainete, pola fría acollida que dona Emilia prestou ao Rexurdimento. E por último, a Real Academia Española negoulle os votos necesarios para pertencer a esta institución xuntamente con Gertrudis Gómez de Avellaneda. A súa achega á literatura española pasa por obras imprescindibles como "Los pazos de Ulloa", "La madre naturaleza", "De mi tierra", "Morriña" e contos de toda tipoloxía e de gran factura que a consagran como excelente narradora. Emilia Pardo Bazán casou e gozou os veráns no pazo de Meirás creando nel unha importante e ampla biblioteca.
No municipio de Oleiros contamos co Castelo de Santa Cruz que mercou o seu home en poxa pública. Foi restaurado pola familia que o vai converter na súa nova residencia de verán. Máis tarde quedaralle en herdo á súa filla Blanca Quiroga que o doará, en 1939, á arma de cabalaría co fin de que se dedique a casa de colonias das-os  orfas-os de guerra. Ata 1978 albergou no verán orfas-os do exército, para  despois desta data quedar abandonado. En 1989 foi mercado polo Concello de Oleiros para que toda a cidadanía puidese gozar deste lugar emblemático e se convertese nun centro de referencia na educación ambiental en Galicia, que é ao que se dedica desde 2001: Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA). Foi declarado Ben de Interese  Cultural. O seu grande interese histórico, xunto coa súa beleza natural e paisaxística, fan deste lugar unha paraxe extraordinaria.
As Bibliotecas Municipais de Oleiros dedicámoslle a Emilia Pardo Bazán, xunto a Sofía Casanova, Juana de Vega e María Casares, o Roteiro Cultural e Literario 2012. Estes percorridos dan a coñecer e divulgar a vida e obra de persoas especialmente vinculadas co noso concello.

8/3/21

Hora do conto: 8 a 12 de marzo 2021 #bibliotecasegura #culturasegura

Volven os contacontos ás Bibliotecas Municipais para nenas e nenos a partir de 6 anos!!!
 
Aforo limitado: chama e reserva a túa praza.
 
Todas as sesións serán ás 18:30 h. 
 
Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso (Dorneda)
Luns 8 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 638
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Mulleres que cambiaron o mundo” Día da Muller
 
 
Biblioteca Pública Municipal Manuel María (Oleiros) 
Martes 9 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 610 700 
CONTACONTOS: Charo Pita
TÍTULO: “Aventureiras intrépidas” Día da Muller
 
Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro (Santa Cruz)
Mércores 10 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 626 338
CONTACONTOS: Caxoto
TÍTULO: “Contamos=” Día da Muller
 
Biblioteca Central Rialeda (Perillo)
Xoves 11 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 639 511
CONTACONTOS: Eduvía
TÍTULO: “Dada o duende”

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole (Nós)
Venres 12 de marzo
Imprescindible reserva praza, tlf.: 981 664 257
CONTACONTOS: Fátima Fernández
TÍTULO: “Un mundo de mulleres" Día da Muller

                                                       AVISO
Atendendo á razón de interese esencial no ámbito específico da saúde pública e coa finalidade do seguimento e vixilancia epidemiolóxica do COVID-19, será necesario notificar os datos persoais das/dos participantes ao persoal da biblioteca que coordine a organización do evento.

8 de marzo: Celebramos o Día da Muller nas Bibliotecas Municipais de Oleiros

Nas Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, ao longo do mes de marzo, levaranse a cabo diversas actividades cos obxectivos de promover a igualdade de xénero, difundir o relevante papel das mulleres ao longo da historia en todos os ámbitos: científicas, deportistas, escritoras, pintoras..., provocar a reflexión sobre estes temas, presentar diversas obras escritas por mulleres e dar a coñecer libros de autoras galegas, todos eles coa finalidade de fomentar a lectura deste tipo de libros. 
 
A luz na batalla: Exposición bibliográfica formada por obras escritas por Emilia Pardo Bazán e outras que estudan esta insigne autora.
Este ano conmemórase o centenario do falecemento de Emilia Pardo Bazán, e como homenaxe a esta ilustre escritora e loitadora polos dereitos da muller, na biblioteca Rialeda realízase esta exposición para ensinar as súas principais obras, biografías e estudos sobre a súa produción, co obxectivo de que as usuarias e usuarios as coñezan e as leven en préstamo. Esta exposición titúlase A luz na batalla baseándonos no lema en latín De bellum luce que ela adoptara e utilizara encabezando o seu papel de cartas e que é toda unha declaración de principios da loita por defender a súa liberdade individual.
4 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Xoana a cargo de Ramiro Neira.
 
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
3 de marzo: Comentario da obra La vegetariana de Han Kang.
10 de marzo: Comentario da obra Amor de tango de Mª Xosé Queizán.

8 Mulleres, 8 libros, 8 cancións:  Mostra bibliográfica
Mostra na que se amosan 8 biografías de escritoras, científicas, deportistas…, 8 libros de autoras galegas e 8 CD de artistas con cancións orixinais delas ou que versionan poesías ou textos de escritoras ás que puxeron música.
Os obxectivos son difundir o fondo do Centro de Documentación da Muller, presentar obras escritas por mulleres, dar a coñecer libros de autoras galegas, promover a lectura entre moz@s e adolescentes de libros relacionados coa igualdade de xénero e a coeducación e aumentar o coñecemento sobre diversas mulleres relevantes ao longo da historia.
 
10 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Contamos=(Contamos en igualdade) a cargo de Caxoto.
 
Clubs de lectura para moz@s e adult@s por videoconferencia:
16 de marzo: Comentario da obra Abril encantado de Elizabeth Von Arnim.
 
Mulleres e recortables: Actividade plástica con recortables onde figuran as imaxes e resumos das biografías de varias mulleres que destacaron ao longo da historia.
Co obxectivo de destacar que as mulleres teñen e tiveron un papel destacado ao longo da historia, aínda que o conseguiron dun xeito moito menos doado que os homes.
Mulleres protagonistas: Exposición bibliográfica composta por títulos de literatura infantil e para adultas-os, en castelán e galego, nos que as protagonistas son mulleres.
Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
12 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Un mundo de mulleres a cargo de Fátima Fernández.
 
Mostra de material audiovisual e bibliográfico sobre igualdade de xénero e o feminismo, co obxectivo de dar a coñecer o fondo sobre esta temática e que o leven en préstamo.
Cartel A Xeración de igualdade: co obxectivo de unirse á campaña da ONU “Mulleres para acelerar as accións para a igualdade de xénero”.
5 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Tres irmás, tres camiños e un gran perigo a cargo de Paula Carballeira.
 
Con nome de muller: Exposición bibliográfica sobre o feminismo, seleccionando obras para abordar a temática da igualdade de xénero. Co obxectivo de provocar a reflexión sobre esta temática.
8 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Mulleres que cambiaron o mundo a cargo de Charo Pita.
 
Exposición bibliográfica sobre feminismo, seleccionando contos e libros para abordar a temática de igualdade de xénero. Co obxectivo de dar a coñecer os libros sobre feminismo e que as-os usuarias-os os leven en préstamo.
4 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Nós somos fortes, máxicas e poderosas a cargo de Fátima Fernández.
 
Mulleres que deixaron pegada: Mostra bibliográfica sobre mulleres que destacaron como científicas, no mundo das artes, da política, etc. Co obxectivo de divulgar estas obras e promover a súa lectura.
9 de marzo: Hora do conto para maiores de 6 anos, co espectáculo titulado Aventureiras intrépidas a cargo de Charo Pita.


6/3/20

Día da Muller 2020 en Bibloleiros

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com/2020/03/bibloleiros-en-violeta.html
Con todas estas actividades, organizadas desde as Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, deséxase conmemorar o Día da Muller e reivindicar a igualdade da muller co home na sociedade actual.

- Actividades da Hora do conto, dirixidas a nenas e a nenos, que promoven a igualdade entre a muller e o home ou de temática feminista:
Mércores 4 de marzo, para nenas-os a partir de 4 anos, Olga Abad con “A viaxe de Maruxa", na Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro. Santa Cruz
Xoves 5 de marzo, para nenas-os a partir de 4 anos, Anxo Fariña con “Dulcinea, a nena cabaleira", na Biblioteca Central Rialeda. Perillo.
Venres 6 de marzo, para nenas-os de 1 a 3 anos, Charo Pita con "Eu nena, ti neno” , na Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado. Mera.
Martes 10 de marzo, para nenas-os a partir de 3 anos, Trinke Trinke con "Aprendendo a querer", na Biblioteca Pública Municipal Manuel María. Oleiros.

- Nos Clubs de Lectura de Rialeda vanse ler e comentar libros escritos por mulleres con temas feministas como:
Grupo A: La flor púrpura de Chimamanda Ngozi Adichie (comentarase o 11 de marzo).
Grupo B: Madres e hijas. Relatos recompilados por Laura Freixas (comentarase o 18 de marzo).

- Nas actividades dirixidas ao alumnado dos centros de ensino están programados actos con temática feminista ou pola igualdade da muller e o home, como por exemplo:
A favor da igualdade, a cargo de Caxoto. Na Biblioteca Rialeda, o 5 de marzo, ás 10 h. Dirixida a alumnado de 2º de primaria do Colexio Juana de Vega de Nós.
Contos escollidos de Emilia Pardo Bazán, a cargo de Soledad Felloza. Na Biblioteca Rialeda, o 4 de marzo, ás 9:40 e ás 10: 50 (son dúas sesións). Dirixidas a alumnado de 4º de ESO do IES Miraflores.
Emilia Pardo Bazán foi unha muller que, no século XIX, loitou pola igualdade da muller e o home, reivindicando o dereito das mulleres a acceder a todos os niveis da educación.  

- Exposicións bibliográficas sobre a muller en todas as bibliotecas:
Biblioteca Central Rialeda, en Perillo: "Abrimos camiño: 25 novelas protagonizadas por mulleres, reais ou imaxinadas". Exposición dirixida a moz@s e adult@s, nas que a ficción literaria inspírase na vida e profesións de mulleres pioneiras como a pintora Leonora Carrington, a poeta Tahiri Quarratu'l-Ayn, a sobrevivente do Holocausto Liana Millu, a escritora Silvina Ocampo, a física e química Maria Salomea Skłodowska, a pintora e escritora Carmen Mondragón, a aviadora Beryl Markham, etc. para crear marabillosos relatos de mulleres singulares, auténticas mulleres-espello no que mirarse, excelsas mulleres-luz que alumean sendeiros hoxe transitables grazas a elas.

“Abrimos camiño: exposición de libros de científicas e artistas que cambiamos o mundo” dirixida a un público infantil e xuvenil. Con títulos como: “Supermujeres superinventoras: ideas brillantes que transformaron nuestra vida”, “Meiga nova, metade anxo, metade marisco: Pequena biografía de Maruja Mallo”, “Las chicas son guerreras: 26 rebeldes que cambiaron el mundo”, etc.

Biblioteca Pública Municipal Rosalía de Castro, en Santa Cruz e na Biblioteca Pública Municipal Manuel María, en Oleiros: a exposición titulada “Só 15 mulleres Premio Nobel de Literatura”. Con obras de escritoras que recibiron o Premio Nobel, acompañadas dunha ficha de cada unha das autoras. Exporanse libros como por exemplo: Una bendición de Toni Morrison, O que ocorreu despois de que Nora abandonara o seu home ou os piares das sociedades de Elfriede Jelinek, ou La vida de las mujeres de Alice Munro, etc.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Ruso, en Dorneda: “Con nome de muller”. Formada por obras procedentes de diversos fondos (ensaio, novela, poesía, cine, cómic…) escritas, debuxadas, dirixidas, por mulleres e que falan sobre mulleres.
Haberá libros de autoras coma Alice Munro, Antía Yáñez, Emma Pedreira, Maria Reimóndez, Chimamanda Adichie, Montse Fajardo, Marta Sanz, Carme Adan, Jenny Nordberg, Diane English, Marjane Satrapi, Penelope Bagieu, Adela Turin, Asa Lind, Kathryn Bigelow, Helena Villar Janeiro, ou Claire Bretécher.

Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado, en Mera: “Escritoras galegas de onte e de hoxe que tes que ler”. Escolma de obras dalgunhas das máis destacadas escritoras galegas de todos os tempos. Iniciamos un apaixonante percorrido que parte de Cantares gallegos de Rosalía de Castro, ata chegar a Senlleiras de Antía Yañez, sen esquecernos de escritoras galegas tan importantes como Concepción Arenal, Francisca Herrera, Emilia Pardo Bazán e Sofía Casanova entre outras.

Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, en Nós: “Miscelánea sobre a muller”. Mostra na que se aborda a temática desde distintas perspectivas, pero sempre tendo presente o  paulatino  empoderamento da muller na nosa sociedade. Dar visibilidade á muller e  á igualdade de xénero entre mulleres e homes. Avanzamos  moito, pero aínda queda un longo camiño no que temos que participar activamente todas e todos. É unha miscelánea que intenta achegar  o papel da muller de  todo os xeitos posibles. Faranse dúas mostras: unha dirixida  para público infantil e outra para adult@s .

Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, en Lorbé: “Esencia de muller: Mulleres esenciais na configuración do noso coñecemento”. Presentaranse obras que falen de científicas, literatas, políticas, etc. e outras escritas por elas.