19/4/22

Presentación de “Queendom" de Carlos Colino: 21 de abril

No Teatro As Torres (Santa Cruz), o xoves 21 de abril, ás 20:00.
Intervirán: o autor Carlos Colino, o profesor Daniel Doval e o xornalista Fernando Molezún.

"Queendom" é unha obra de teatro musical baseada na vida de Xesús de Nazaret. Narra os momentos máis importantes dos evanxeos acompañados coa música do famoso grupo británico Queen. Unha obra para que o lector ou lectora, crentes ou non, comprendan mellor a mensaxe de Xesús, unida á potente e fermosa música deste grupo.  
Naceu como un proxecto docente para implicar ao alumnado adolescente, pero que transcendeu do ámbito escolar para converterse nun libro.
Carlos Colino Gallego é veciño do municipio de Oleiros. Estudou Maxisterio e Estudos Teatrais e Psicopedagoxía na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Exerce como docente no colexio Santa María del Mar. No ano 2001, neste centro creou un grupo de teatro con alumnado, chegando a montar diversos musicais.
 
En atención ás indicacións e medidas de seguridade fronte ao COVID-19, será obrigatorio asistir con máscara, así como atender ás indicacións e normas da organización.
Desde as bibliotecas municipais invítase ás persoas que desexen asistir, ata completar o aforo permitido, para que gocen coa palabra e coa música.

No hay comentarios:

Publicar un comentario