4/6/20

Chegou a hora da Natureza!!! #PolaNatureza

https://www.worldenvironmentday.global/es
Os alimentos que comemos, o aire que respiramos, a auga que bebemos e o clima que fai posible a nosa vida no planeta, non existirían sen a natureza. As plantas mariñas producen máis da metade do osíxeno da nosa atmosfera e unha árbore é capaz de limpar o noso aire absorbendo 22 quilos de dióxido de carbono e dándonos osíxeno a cambio. A pesar de todos os beneficios que nos agasalla a natureza seguimos maltratándoa, por iso precisamos traballar por ela e por iso necesitamos este Día Mundial do Medio Ambiente. Colombia é o país anfitrión este ano, e desde 1974, o 5 de xuño é o día máis importante no calendario oficial das Nacións Unidas para fomentar a acción ambiental. En 2020 o tema é a biodiversidade. Eventos recentes, como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia de COVID-19, demostran a relación directa entre as persoas e a incidencia sobre o clima.
https://youtu.be/5gQUo_P22sM
Na web do Día Mundial do Medio Ambiente do Programa das Nacións Unidas para o Medio Ambiente podes atopar moita información sobre esta celebración, a súa historia, e noticias como a conexión entre o medio ambiente e os coronavirus así como unha gran cantidade de materiais visuais en diferentes idiomas para difundir a mensaxe "A hora da Natureza".
Fonte: Nacións Unidas
Queremos recomendarvos o fermoso libro "O home que plantaba árbores" de Jean Giono, resultado do encargo que recibíu o autor en 1953 da editorial Reader's Digest, de escribir un  relato sobre unha persoa inesquecible que Giono fixo sobre un personaxe inventado. Hai moitas versións por todo o mundo, tamén versións sonoras. En 1987, Frédéric Back realizou unha curta de animación basada no texto, que obtivo o Óscar.
Se queres a versión en castelán, "El hombre que plantaba árboles", podes levala tamén en préstamo. Lembra que para levar materiais a casa ou facer devolucións, has de pedir cita previa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario