Tes entre 12 e 18 anos? Gústache escribir historias breves (de 250 a 500 palabras)? Pois xa estás tardando. A UNESCO e a Idries Shah Foundation promoven o concurso de narracións breves “Contos do mundo”. O tema desta primeira edición é "Once upon a time in my future. Érase unha vez no meu futuro". O prazo remata o 31 de maio deste ano e han de ser obras orixinais de ficción escritas en inglés ou francés.
Ben sabes que o cambio climático, as violacións dos dereitos humanos, os conflitos, racismo e todo tipo de discriminacións son algunhas das ameazas presentes.
As-os xoves creativas-os sodes quen de atopar solucións anovadoras a estes e os desafíos que están por chegar.
Fabula sobre o teu futuro nestes días en que podes botar fóra o teu potencial creativo!
Fabula sobre o teu futuro nestes días en que podes botar fóra o teu potencial creativo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario