Entre 1924 e 1926 a fotógrafa de Nebrasca, Ruth Matilda Anderson viaxou dúas veces a Galicia, acompañada do seu pai Alfred, tamén fotógrafo, por encargo da Hispanic Society of America, fundación dirixida por Archer M Huntington.
Ruth fixo unhas 5.500 fotografías durante a súa estadía galega, dunha grande calidade, o que a xuízo dalgúns entendidos, non ten parangón con ningún traballo da época.
O documental “A viaxe de Ruth”, da Asociación Cultural Dous Punto Oito, dirixido por Jaime Pardo e Xosé Reigosa, trata de rememorar esta viaxe, case 100 anos despois, facendo que o fotógrafo galego, Xosé Reigosa, percorra algúns dos máis importantes escenarios que Ruth fotografou, tratando de realizar, na medida do posible, unha toma similar e comprobando os cambios de Galicia desde aqueles anos ata hoxe. O documental conta coa entrevista a distintas personalidades do campo da cultura que amplian o coñecemento da fotógrafa sobre aquela Galicia. O documental tamén está dispoñible en GaliciaLe.
Parabéns, Dous Punto Oito!
Fonte: Asociación Cultural Dous Punto Oito
No hay comentarios:
Publicar un comentario