22/11/19

Recomendacións en Radioleiros: 22 novembro 2019

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1433843&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE
https://youtu.be/Eli5brVsbzM- Infantil / Xuvenil:

El cartero del espacio, de  Guillaume Perreault
Juventud

Trátase dun cómic que conta a historia de Bob, un carteiro que non só é especial, senón tamén espacial. O noso protagonista vai de planeta en planeta entregando o correo. Podemos dicir que é un carteiro do futuro. A Bob encántalle o seu traballo, esa rutina fácil e sen complicacións. Pero unha mañán, o seu xefe modifícalle a ruta e pronto lle entran sudores e dor de barriga polos cambios. Para tranquilizarse, vaise dicindo a el mesmo que non pode ser difícil. Pero as complicacións non tardan en chegar.

Un cómic que nos pretende transmitir a idea de que ás veces, non é tan malo saír da nosa zona de confort e vivir novas experiencias. Que o descoñecido non ten por que ser peor, tan so diferente e novedoso.

- Mozas/os e adultas/os:

https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1482087&branch_group_limit_txt=Oleiros-Bibliotecas%20P%C3%BAblicas%20Municipais&branch_group_limit=multibranchlimit-OLEAs Ramonas, de Ana Cabaleiro
Galaxia

A protagonista da historia, Mona Otero, é unha muller que busca con todas as súas forzas triunfar no mundo da arte. Ela é fotógrafa e na actualidade sobrevive facendo reportaxes de vodas. Por infraccións de tráfico, perdeu o carné de conducir e vese na obriga de depender doutras persoas para desprazarse. É no interior dos distintos coches aos que sube Mona onde transcorre a historia.
Cada capítulo desenvólvese nun coche diferente, e todas as condutoras son mulleres. Mulleres de carne e óso que aman e odian e que perseguen soños ao igual que Mona, que para acadar o seu, realizar a foto perfecta, non dubida en poñer en marcha un plan totalmente disparatado.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario