23/8/19

Recomendacións en Radioleiros: 23 agosto 2019

https://youtu.be/uUwUwQWvL0c
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1472582- Infantil (a partir de 8 anos):

Unha longa viaxe
, de Daniel Hernández Chambers, ilustracións de Federico Delicado
Kalandraka

Dúas historias en paralelo cóntannos o drama da inmigración. A primeira delas é a dunhas aves que marchan por cuestións climatolóxicas mentras na segunda é unha familia a que ten que fuxir dun conflito bélico. A fame, o frío, o maltrato e outros episodios pasan por este relato de grande contido social e que compón unha mensaxe pedagóxica de plena actualidade.

- Mozas/os e Adultas/os

Buscando un pájaro azul, de Joseph Wechsberg
Automática

As memorias de Joseph nos anos vinte e trinta despois da súa saída de Checoslovaquia son un anaco de como foi o periodo de entreguerras. Chegado ao París da bohemia onde busca traballo como músico, embárcase para cruzar os océanos tocando o violín nun feixe de barcos nos que vivía e viaxaba unha multitude de personaxes: un chinés lavandeiro ao que gustaba a fotografía, americanos descontentos coa lei seca, mulleres en situacións diferentes, a oficialidade que mandaba os transportes….
Un retrato de como foi o mundo entre as dúas grandes guerras.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario