La gallina que soñaba con volar, de Hwang Sun-Mi. Ilustrado por Nomoco e traducido por Matuca Fernández de Villavicencio
Nube de Tinta
Unha historia cargada de simbolismos…
Brote é unha galiña que ansía ser nai, pero como galiña poñedora que é permanece recluída nunha xaula polo que a única solución para poder cumprir os seus desexos é... poder voar!!.
Brote ten a súa vontade centrada únicamente en poñer cantos máis ovos mellor, por eso quere ser libre e envexa ao galo e a galiña que percorren o corral coa súa rolada de pitiños, eles sí que son felices. Brote deprímese e deixa de comer, polo que os granxeiros que pensan que está morta bótana a unha fosa común da que Brote consegue saír moi débil coa axuda dun ánade real. Este será o primeiro paso para ser libre e cumprir os seus soños…
- Mozas/os e adultas/os:
Recursos inhumanos, de Pierre Lemaitre
Alfaguara
Unha impresionante novela sobre os tempos de crise e desesperación que atravesamos e do acuciante paro que cada día se converte nunha dura realidade para moitas persoas.
O protagonista é un director de recursos humanos dunha gran empresa que de súpeto atópase na cola do paro debido a cambios estructurais no organigrama da empresa. Pasan varios anos e non consigue máis que pequenos empregos en precario, ata que cre ver a súa oportunidade cando unha importante empresa francesa chámao para participar nunha selección de candidatos para unha oferta de traballo. Pero a persoa que van a contratar, curiosamente sairá do vencedor nun xogo de rol.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:
Publicar un comentario