23/2/18

Recomendacións en Radioleiros: 23 febreiro 2018

https://youtu.be/tX8yEe86ZPw
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=784050- Infantil (8 a 10 anos):
"Boa sorte", texto de María Solar e ilustracións de Xosé Tomás. Editado por Baía.
Boa Sorte tiña moi mala sorte desde que naceu. Estar ao seu lado era perigoso porque calquera cousa podía pasar até que un día atopou unha explicación e tiña que ver coa metereoloxía. Libro que mestura a literatura coa divulgación científica dun xeito lúdico.
 

- Mozas-os e adultas-os:
"Meirás, un pazo, un caudillo, un espolio" de Carlos Babío Urkidi e Manuel Pérez Lorenzo. En Fundación Galiza Sempre.
Estudo detallado do acontecido co Pazo de Meirás desde a súa entrega á familia Franco no ano 1938
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1420377 con fondos públicos, e das actuacións posteriores até o día de hoxe. Un documento de historia contemporánea de plena actualidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario