O corazón de Xúpiter, de Ledicia Costas
Xerais
Un libro que nos leva da man a un percorrido pola adolescencia, cos seus conflitos, cos seus perigos, as súas festas o os seus amores. Unha novela que desde o primeiro capítulo nos engaiola para sabermos o final, mentres compartimos eses momentos vertixinosos que se poden vivir na adolescencia.
- Mozos/as e adultos/as:
Mentiras de mujeres, de Liudmila Ulitskaya
Anagrama
Trátase dunha obra que consta dun prólogo e seis historias cun fío condutor común que é Zhenia, unha muller intelectual, activa e interesante que é a que da testemuño dalgunhas das mentiras que lle contan mulleres de personalidades e circunstancias vitais totalmente dispares.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario