- Xuvenil (a partir de 12 anos):
"Corredora" de María Reimóndez. Editado por Xerais.
O que máis lle gustaba desde moi noviña a Genet era correr, correr e correr polas chairas e trepar polas abas das montañas na súa aldea natal. Despois dun periodo de seca extrema e debido á fame que estaban a pasar na aldea, as mulleres deciden emigrar cos seus fillos á cidade de Addis Abeba. A nosa protagonista tamén marcha seguindo a súa nai. A negativa da nai de mendigar na cidade e a súa teima por atopar medios de subsistencia a través da súa propia forza de traballo, ao contrario doutras mulleres desprazadas coma elas, ve os seus froitos e Toiba, a nai, comeza a traballar como empregada doméstica, o que será a clave do éxito posterior da súa filla, e que rematará con Genet subida ao podio duns Xogos Olímpicos.
- Mozas-os e adultas-os:
"Canción dulce" de Leila Slimani. En Cabaret Voltaire.
Myriam descobre os meles da maternidade ao ter a súa filla, Mila, goza tanto do seu amor que decide prolongar a experiencia tendo outro fillo, pero o que foi un pracer coa primeira convértese nun martirio con Adam, o seu segundo fillo. A vía de escape que Myriam atopa é a de reemprender a súa actividade laboral. O matrimonio decide contratar unha persoa para que coide aos seus fillos. Tras un laborioso proceso de selección e cando unha especie de Mary Poppins aparece, Myriam e Paul entréganlle non só a chave da súa casa. Tamén a da súas vidas…

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario