El jersey nuevo, de Oliver Jeffers
Andana
Os Huguis eran moitos, co mesmo aspecto e pensaban igual ata que Ruperto tivo a idea de tecerse un xersei novo: ser diferente comezaba a estar de moda.
Oliver Jeffers (1977), formouse en Irlanda e actualmente vive nos Estados Unidos. Ilustrador e escritor, ten participado en diversas campañas publicitarias para empresas e no ámbito da literatura infantil publicou, entre outros, títulos como “Cómo atrapar a una estrella”, “De vuelta a casa”, “El misterioso caso del oso” e “El corazón y la botella”.
- Mozos/as e adultos/as:
Galicia en guerra: espías, batallas, submarinos e volframio: do desfile da Wehrmacht en Vigo á fuxida dos criminais nazis, de Eduardo Rolland
Xerais
A participación de Galicia na 2ª Guerra Mundial é unha apaixoante historia oculta: o volframio galego alimentou á industria de Hitler, unha rede de espías alemáns e aliados operaban nos portos galegos mentres os submarinos U-Boot se abastecían en Vigo e Ferrol. Un estudo detallado deste xornalista vigués de plena actualidade.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario