19/5/17

Recomendacións en Radioleiros: 19 maio 2017

https://soundcloud.com/bibloleiros/19052017-recomendacions-en-radioleiros
 https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=gali%C3%B1a+azul&branch_group_limit=multibranchlimit-OLE- Infantil (nenas-os a partir de 6 anos):
"A galiña azul" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
 

A galiña de Leoncio ten unha cor diferente e canta doutro xeito por iso o alcalde, Manolito Listón quere desfacerse dela. Leoncio, un tolo moi cordo que inventa canóns que disparan caramelos e bombas da felicidade, a formiga esquiadora... personaxes tenros e inesquecibles cos que Carlos Casares desliza a súa mensaxe contra a intolerancia e a inxustiza.
https://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1210258 
- Mozas-os e adultas-os:
"Amor é unha palabra coma outra calquera" de Francisco Castro. En Galaxia.
 

Carla acaba de ser abandonada polo seu home. De súpeto dáse de fociños cunha nova situación e a crúa realidade dille que a súa vida xirou ao redor da valía profesional e persoal de Xabier, mentres ela asentía e calaba… É hora de que Carla escriba a súa propia historia.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario