- Infantil (nenas-os a partir de 9 anos):
"Poemar o mar" de Antonio García Teijeiro. Ilustracións de Xan López Domínguez. En Xerais.
Un delicioso libro de poemas para nenos/as que forma parte da triloxía das obras poéticas que o autor lle dedica ao mar: En la cuna del mar e Palabras do mar. Nas tres o gran protagonista é o mar e preséntanos un mar no que todo é posible: un mar triste, un mar que canta, que desexa, que cala segredos, que soña, que escoita...
Este fermoso poemario xunto coas expresivas e imaxinativas ilustracións de Xan López Domínguez fan deste libro unha harmoniosa e delicada obra.
- Mozas-os e adultas-os:
"O sol do verán" de Carlos Casares. Editado por Galaxia.
É unha historia dun amor imposible. Ao principio presenta unha cita de Albert Camus “A verdade do ser e do sentir” que apunta á cuestión central da trama. Consta de nove capítulos cunha estrutura ben construída e unha linguaxe moi traballada.
Estamos no verán de 1968. A narración comeza co suicidio de Carlos (un dos protagonistas) con tan só 27 anos. Pégase un tiro na casa da súa amiga Helena. A partir deste feito, ela irá narrando os momentos vividos naquela casa de Beiro onde pasaron moitos días xuntos durante a súa infancia e adolescencia, ao mesmo tempo que coñeceremos unha complexa trama de relacións familiares e amorosas. Todo o que iremos percibindo será o que Helena nos irá contando. A narración é fragmentaria, coa asociación subxectiva de lembranzas entrelazadas.
Ángel Basanta define esta obra como unha “novela lírica de amor e morte”. Un relato que achega ao autor á súa infancia na localidade de Beiro. Unha obra moi fermosa, como din na editorial Galaxia “un canto melancólico á beleza, á xuventude e á plenitude da vida e da memoria”.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario