Fadita fosca!, de Miguel Vázquez Freire; debuxos, Xosé Tomás
Baía
Unha tranquila mañán, a pequena Saleta e a súa familia están a disfrutar dun almorzo en familia cando de súpeto un berro de Saleta levántaos a todos da cadeira. ¿Qué foi o que asustou á rapaza? Pois nin mais nin menos que un negro moscón que estaba pousado na trona onde comía a pequena. Toda a familia fixo intentos por atrapalo, pero era máis veloz ca todos. Ao día seguinte, volveu zumbar na casa e foi cando o avó e Saleta decidiron declararlle a guerra ao molesto insecto.
Unha divertida historia que amosa a fermosa relación que se orixina moitas veces entre avos/avoas e netos/as.
- Mozos/as e adultos/as:
Tú no eres como otras madres, de Angelika Schrobsdorff
Periférica : Errata Naturae
Angelika Schrobsdoff narra, como se fose unha novela, as memorias da súa nai, Else Kirschner e de todos os que a rodearon, desde o seu nacemento nunha familia xudía burguesa en Berlín de comezos de século XX ata a súa morte. A autora fai un relato exhaustivo, centrado en construir o xeito de pensar dunha muller que quixo ser diferente desde a súa infancia, desde que tivo conciencia de sí mesma e empezou a romper moldes. Else, en efecto, non foi como outras nais, pero non porque se despreocupase dos seus fillos ou non sentira afecto por eles, senón porque elexiu un xeito de vida independente e menos conservador que os seus antepasados.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario