A polifacética e premiada Paula Carballeira tráenos o relato dunha bruxa no que aparecen dúas gatas que conviven con ela xunto a un feixe de animais e Rosaura, a nena que gustaba do chocolate. Un compendio de historias contadas con ironía, humor e tenrura facendo un conxunto apto tamén para maiores.
Integrante do grupo Bloomsbury de intelectuais e artistas, Vita publicou esta novela en 1930 e hoxe mantense plenamente de actualidade. Unha viúva afronta o feito de tomar decisións á morte do seu home e contra o criterio dos seus fillos. Un texto de calidade que supón un estudo sociolóxico da sociedade inglesa daqueles anos.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario