Con Tango son tres, de Justin Richardson e Peter Parnell; ilustrado por Henry Cole
Kalandraka
"Con Tango son tres" é a historia real dunha parella singular de pingüins barbicha que viven no zoo de Central Park en Nova York. Roi e Silo son dous pingüins machos aos que lle gusta moito estar xuntos. Cando chega o momento de poñer un ovo e incubalo, Roi e Silo fan un niño, tentandoo cunha pedra… O seu coidador Rob Gramzay, vendo que esto se vai repetindo e vai aumentando a frustación da parella ao non conseguilo, dalles a oportunidade de incubar o ovo doutra parella do grupo que puxeran dous. E asi nace Tango, que é o primeiro pingüin en ter dous pais.
Unha entrañable historia coa que afianzar valores de igualdade e normalidade na adopción entre parellas de igual sexo.
- Mozos/as e adultos/as:
Brooklyn, de Colm Tóibín
Lumen
Ambientado na década dos 50, conta a historia de Ellis Lacey, unha moza de familia humilde que vive coa súa nai e con Rose, a súa irmá maior nun pequeno pobo do sudeste irlandés. As dificultades que atopa Ellis para conseguir un traballo medianamente bo, fanlle decidirse por aceptalo nos EEUU, precisamente en Brooklyn, un dos condados da cidade de Nova York e que da título á novela. Alí Ellis traballa como dependenta duns grandes almacéns mentras estuda polas noites.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario