21/10/16

Recomendacións en Radioleiros: 21 de outubro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43491844/in/album/863040
 http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1168114- Infantil - xuvenil (nenas-os de 8 a 10 anos):
"Cama e conto", texto de Gonzalo Moure. Ilustracións de Lucía Serrano, traducido por Fran Alonso. En Xerais.
"Cama e conto" narra a historia de Malva, unha nena moi esperta e chea de imaxinación que devece porque chegue o momento do día en que a súa nai lle lea un conto antes de durmir. Con cada historia, Malva, é quen de imaxinar mundos de maxia e fantasía onde todo é posible. O momento en que a súa nai lle di: “Malva, cama e conto” supoñía para ela o mellor instante do día. Pero Malva faise maior. Cando cumpríu os seis anos as cousas cambiaron e xa non houbo “cama e conto". Desde entón, a nai de Malva cre que ela xa pode ler os contos soa, o que a rapaza lle pareceu unha traizón. Mais Malva tivo unha gran idea
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=kw&q=&idx=ti&q=McDermott%2C+Alice&idx=ti&q=alguien&limit-yr=&limit=&limit=&multibranchlimit=OLE&sort_by=relevance&do=Busqueda para mudar a súa vida. Unha idea estupenda, que fará pensar a calquera nai ou pai con fillas-os nesas idades en que queremos que collan autonomía e fagan cousas por elas-es soas-sós.

- Mozas-os e adultas-os:
"Alguien" de Alice McDermott, editado por Libros del Asteroide.
MacDermott narra a vida de Marie Commeford, unha nena de nai e pai irlandeses que observa atenta todo canto acontece tras os cristais dos seus lentes.
A narración vai seguindo as lembranzas aparentemente dispersas e desordenadas de
Marie: a súa peculiar infancia, o seu despertar sexual, a súa primeira ruptura amorosa que a levará ao seu primeiro traballo, a relación co seu irmán solteiro, a maternidade, os cambios que acontecen no barrio, naquel Brooklyn, uns anos antes da Gran Depresión.
Escenas que van encaixando cunha naturalidade pasmosa, ata compoñer unha poderosa historia: a historia dunha vida real e intensa, como tantas outras.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario