4/4/16

"Libros en libros": exposición en Rialeda para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil

http://www.oepli.org/pag/gl/dia.php
Para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil deste ano confeccionamos a exposición bibliográfica "Libros en libros" para nenos-as de 4 a 12 anos que podes visitar na sala infantil-xuvenil da Biblioteca Central Rialeda.

Porque cada libro pode ser unha pequena biblioteca que conteña outros dentro de si. Historias que nos falan de títulos que fascinan aos-as protagonistas e personaxes que poboan os libros. 

Autores-as que se sinten engaiolados-as por aqueles contos que escoitaron ou leron e queren amosárnolos a nós. 
Moitos mundos dentro dun só mundo ou cando os libros falan de si mesmos: "Libros en libros".

No hay comentarios:

Publicar un comentario