- Infantil (de 10 a 12 anos):
"A chamada da selva" de Jack London en Xerais.
Buck, can de vida tranquila, vese metido nunha nova andaina tras ser roubado da súa casa. No 1894, Alaska e o ouro son a motivación de moitos homes. Buck e outros cans formarán parte dela tendo que aprender a sobrevivir con forza e intelixencia. Diferentes donos, adversidades, fames, pelexas, frío e centos de millas tirando da carga. Unha auténtica viaxe por un mundo primitivo entre o XIX e o XX.
Jack London (1876-1916), foi entre outros oficios, mariñeiro e buscador de ouro. Autor de varios libros e ducias de relatos, escribiu textos de gran plasticidade e moita emoción, con fonda preocupación social.

- Mozos-as e adultos-as:
"El balcón en invierno" de Luis Landero, editado por Tusquets.
Comeza no 1964 co pai recén falecido e o autor con dezaseis anos. Familia de labregos do sur que venderá un anaco da propiedade para comprar un piso en Madrid. Interno ao oito anos, mozo de recados dun ultramarinos que abastecía a familias con cartos e aprendiz de mecánico antes de interesarse pola guitarra e posteriormente ser escritor da man das lecturas dun profesor de academia.
Lembranza do pobo dos avós: comida, animais, supersticións, oficios ben coñecidos (madeira, esparto, pizarra…) mesturado todo coa experiencia urbana. Dous mundos que se superpoñen á vez que o tempo corre adiante a atrás.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario