- Infantil (a partir de 6 anos):
"As estrelas de cores", de Mireia Canals e ilustracións de Sandra Aguilar
Baía
Con Ana e Xavier de protagonistas, os libros desta colección falan dos sentimentos e as emocións: primeiro aprendendo a recoñecelas (decatarme que estou triste); a saber expresalas (dicir "quérote", "estou triste" ou "síntoo"); tamén aprendendo a autocontrolarse (pensar antes de falar ou pegar), a facer amigas e amigos; e, finalmente, a ser responsable.
Completan o libro unhas actividades pensadas para que poñas en práctica os teus sentimentos e emocións e aprendas a resolver só os teus conflitos.
- Mozos/as e adultos/as:
"Tallo de hierro", de William Kennedy
Libros del Asteroide
Unha das mellores novelas sobre a época da Depresión que se teñen escrito. Publicada tras anos de pelexas coas editoriais, é un texto de grande valor literario e social que narra a volta dun vagabundo a Albany despois dunha longa ausencia nun contexto de alcohol, violencia e desarranxo.
Dispoñemos igualmente da versión en DVD.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario