- Infantil (menos de 6 anos):
A pantufla de Celia, de Concha Blanco e ilustrado por Dani Padrón
Hércules de Edicións
No andel dunha tenda vive unha pantufla con forma de vaca. Celia namórase dela e quere comprala mais hai un problema: a pantufla ten parella e véndense por xunto. Será Celia capaz de dar cunha solución?
- Mozos/as e adultos/as:
Huida en Francia: un relato novelado, de Soma Morgenstern
Pre-Textos
A anexión de Austria por Alemaña (1938) fai que Soma Morgenstern (Galitzia Oriental, 1890-Nova York, 1976) fuxa a París. Tempo despois é internado en varios campos franceses e logra chegar a Nova York a través de Casabranca e Lisboa.
Un relato autobiográfico, humano e político dunha experiencia traumática que o acompañaría toda a súa vida.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas
No hay comentarios:
Publicar un comentario