7/10/16

Recomendacións en Radioleiros: 7 de outubro 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/43417572/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=prohibido+leer+lewis+carroll&branch_group_limit=- Xuvenil (de 10 a 12 anos):

Prohibido leer a Lewis Carroll
, de Diego Arboleda
Anaya

A protagonista, Eugène Chignon, é unha rapaza torpe pero moi simpática e lista que desexa ser institutriz. Lánzase á aventura tras ver un anuncio no xornal no que se buscan mozas que saiban mentir, e ademáis que o fagan ben. O obxectivo non é outro que cuidar dunha rapaza chamada Alice e tratar de quitarlle da cabeza a famosa obra de Lewis Carroll “Alicia no país das marabillas”. É un tema prohibido na casa, se se le a obra, compréndese o motivo. Así que Eugène cambia a súa querida Francia por Nova York. A primeira responsabilidade da institutriz é evitar que Alice se entere de que a verdadeira Alice Liddell, de 83 anos, á que inspirou a Lewis Carroll para o personaxe de Alicia, se encontra na cidade por invitación da Universidade de Columbia.
A historia irá avanzando a través dunha serie de situacións divertidas, curiosas e sen sentido.

Obra galardoada co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2014.

- Mozos/as e adultos:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=ti&q=elefantes+sokurov&branch_group_limit=Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello
Galaxia

Unha historia coral ambientada en Santiago no Nadal do ano 2012. Janis, a súa protagonista, ten trinta anos, un expediente académico exemplar e está a preparar oposicións para o ensino. Mentres, fai crítica de cine e coida anciás nunha casa de Santiago.
Almorza todas as mañáns nunha cafetería da zona vella onde un descoñecido escribe e le deseguido. Janis adoita observalo e queda engaiolada coa súa presenza ata que un día el desaparece. A partir dese momento, a protagonista inicia unha pescuda que a levará a revivir momentos da súa infancia, o pasado dos seus país, a descuberta dun segredo que vai marcar a vida de Janis.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario