22/4/16

Recomendacións en Radioleiros: 22 de abril 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41697632/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=493677&viewallitems=1- Infantil (maiores de 6 anos):

Dulcinea, a nena cabaleira
, de Anxo Fariña
A Nosa Terra

Sabela está de cumpreanos e de agasallo Breogán lévalle un libro, o Don Quixote, que a ela gústalle moito. De volta na casa, entralle o sono e no mesmo Breogán acompaña a Don Quixote e Sancho á casa de Dulcinea do Toboso, a princesa máis fermosa de toda A Mancha, que non estaba na casa, pero a súa filla prometeulles un bo xantar, polo que antes decidiron ir darse un baño no río. Aproveitando que estaban na auga, o ruín Furandón, o ladrón que máis roubaba na Mancha, fuxiulles coa roupa. Pero a nena Dulcinea agarrouno polo pescozo e lle deu unha malleira co seu caxato. Don Quixote deulle as grazas por telos salvado e nomeouna cabaleira de honra.
 
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1159665
- Mozos/as e adultos/as:

El almanaque de mi padre, de Jiro Taniguchi
Planeta DeAgostini

Yoichi, un deseñador de éxito residente en Tokio coa súa muller, recibe a noticia da morte de seu pai de quen leva distanciado nos últimos anos. No velorio, os testemuños dos seus familiares descóbrenlle facetas del que descoñecía. Demasiado tarde dase conta de que deixou pasar a oportunidade de comprender realmente quen era seu pai e por qué actuou dese xeito.


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario