15/4/16

Recomendacións en Radioleiros: 15 de abril 2016

http://www.ipernity.com/doc/284673/41602132/in/album/863040
http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=485134&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20dez%20contos%20andersen- Infantil (a partir de 10 anos):

Dez contos de Andersen, ilustrados por Kiko da Silva
Galaxia

Partindo dunha orixe pobre nun pobo dinamarqués, Andersen converteuse nunha referencia mundial na literatura infantil e xuvenil. Este libro fálanos do fermoso e do feo que podemos atopar na vida: a historia dun chelín que sae da fábrica de moeda, unha galiña que conta o acontecido no galiñeiro, a relación dun norteño coa súa sombra nun país quente ou un farol vello que vai ser substituído.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=&q=picasso+retrato+artista+joven+mailer&branch_group_limit=Picasso: retrato del artista joven, de Norman Mailer
Alfaguara

Unha das mellores visións da vida de Picasso até o inicio da I Guerra Mundial: Málaga, A Coruña, Barcelona e París xúntanse para amosarnos os anos de formación humana e artística da man de Norman Mailer. As orixes familiares, as decisións que tomou, as relacións afectivas e comerciais que tivo para abrirse camiño, un mundo que mestura a Apollinaire, Gertrude Stein, Braque e que dá paso á guerra. Unha viaxe humana, pictórica e social polo remate do século XIX e comezos do XX.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario