3/3/16

Recomendacións en Radioleiros: 4 de marzo 2016

http://bibliotecasoleiros.blogspot.com.es/search/label/Recomendaci%C3%B3ns%20en%20Radioleiros
- Infantil (de 10 anos en adiante):http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1198606&query_desc=kw%2Cwrdl%3A%20mision%20paris
Formig4s misión París, de Pere Tobaruela e ilustrado por Andrés Meixide
Xerais

Misión Paris inaugura unha serie de relatos que teñen como protagonistas a 4 Formigas. Esta primeira entrega desenrólase na cidade de París e será o escenario onde o científico doctor Paumao trate de urdir un plan que o leve a controlar o mundo e mesmo mudar a Historia. Todo comenza cando avisan á brigada das Formigas para que investiguen un asesinato ocurrido no famoso cemiterio parisino de Père Lachaise. O museo do Louvre, a torre Eiffel, serán os puntos neurálxicos onde transcorra a aventura.

- Mozos/as e adultos/as:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=1201001La nostalgia feliz, de Amélie Nothomb
Anagrama

Novela autobiográfica na que a autora narra o seu regreso a Xapón xunto a un equipo de televisión coa intención de grabar un documental sobre a súa infancia no país. Xapón é a clave da súa obra, todo xira o redor deste país como se dunha complicada relación amorosa se tratase. A novela convértese nuha reflexión sobre todo aquelo que gardamos dulcemente no máis intimo e recóndito da nosa mente, neste caso a infancia que o tempo ás veces destroza, provocando un desencanto, unha nostalxia feliz…


Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario