14/8/15

Recomendacións en Radioleiros: 14 de agosto

http://www.ipernity.com/doc/284673/39277986/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=23701- Infantil (de 6 a 8 anos):
"Como curé a papá de su miedo a los extraños" de Rafik Schami, Ole Könnecke. Tradución de Rocío González Lovelle en RqueR.
Unha nena aproveita que ten unha amiga africana para tentar curar a aprensión do seu pai cara os inmigrantes. A maxia servirá de catalizadora para lograr o seu desexo. Texto escrito por un sirio e ilustrado por un sueco que residen en Alemaña. Ideal polo seu contido pedagóxico e visual.
 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=97314- Mozos-as e adultos-as:
"Vía secundaria" de An Alfaya, en Xerais.
Varias historias distintas que nun punto determinado terminan uníndose debido a un accidente de coche. Todo comeza cando nun día chuvioso Nora vai traballar e atropela a un can e ao seu dono. Libro coral que no seu día foi premio Voz de Galicia “novela por entregas” con capítulos curtos e rápidos, de fácil lectura. Unha aposta interesante dunha das mellores escritoras de literatura galega actual.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario