O 28 de xaneiro, ás 18:30 horas, na Biblioteca Central Rialeda sita en Perillo realizarase a presentación do libro de Xurxo Souto “Contos do mar de Irlanda” .
Xurxo Souto nesta presentación relatará diversas historias de mariñeiros galegos no Gran Sol, acompañadas con cancións en homenaxe aos seus antepasados de Perillo.
Xurxo Souto nesta presentación relatará diversas historias de mariñeiros galegos no Gran Sol, acompañadas con cancións en homenaxe aos seus antepasados de Perillo.
É licenciado en Filoloxía Clásica, traballa desde 1986 en diferentes medios de comunicación. Entre as súas obras podemos destacar: "A tralla e a arroutada”, “Fumareu”, “O retorno dos homes mariños”, “Contos da Coruña”, “Tres trebóns”, “A terra queima” e “Contos do mar de Irlanda”. Foi vocalista de “Os Diplomáticos de Monte Alto” e agora toca o acordeón no grupo “Tres trebóns".
"Contos do mar de Irlanda" está formado por 53 relatos distribuídos en tres partes: Ribeira, Unha marea no Gran Sol e No outro lado do espello. E, como nos explica o propio Xurxo Souto, no Plan de derrotas, os que queiran saber sobre os caladoiros deben ler a segunda parte (Unha marea no Gran Sol), aos que lles interese máis rexoubos de Irlanda, entón deben ir á terceira parte e os que non teñan presa pois comezalo desde o principio.
“O océano símbolo tamén do alén, da morte, mais non como destrución, senón espazo de coñecemento absoluto, moito máis alá dos límites da percepción racional".
Invitamos a asistir a todas as persoas que o desexen.
No hay comentarios:
Publicar un comentario