6/11/15

Recomendacións en Radioleiros: 6 de novembro

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/comunicacion/radio/podcast/todo-esta-nos-libros
 http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=98542- Infantil (a partir de dez anos):
"Os tratantes de papagaios" texto de Leticia Vila Sexto e ilustracións de María Lires, editado por Galaxia.
Por motivos laborais dos seus pais, Santi e Marcela traslándanse de cidade e vense obrigados a facer novos amigos. Unha casualidade vainos poñer en conexión cunha rede de traficantes de animais. Libro que mestura a preocupación pola natureza coas tramas criminais.
 
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=W+de+Whisky&idx=ti- Mozos-as e adultos-as:
"W de Whisky" de Sue Grafton, en Tusquets.
Nova historia da detective da súa serie sobre o alfabeto (A de adulterio, B de bestas, C de cadáver, etc.) Kinsey Milhone coa aparición de dous mortos en Santa Teresa, aparentemente sen relación. Co seu humor habitual, Kinsey métese nesta trama de traicións, fraudes e zonas escuras que non vai decepcionarnos. Moi recomendábel para os afeccionados ao xénero policiaco.
 
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario