28/10/15

Exposicións bibliográficas en Bibloleiros: Martínez de Pisón e Henning Mankell

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?q=mart%C3%ADnez+de+pis%C3%B3n%2C+ignacio&idx=au
Na Biblioteca Central Rialeda adicámoslle unha exposición bibliográfica ao escritor Ignacio Martínez de Pisón, que con "La buena reputación", obtivo o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Narrativa. O xurado destacou “o retrato do mundo xudeo-español en Melilla na época do Protectorado e o complexo desenvolvemento dunha rede de relacións familiares no marco dun relato extenso moi fiel á tradición novelesca”. O premio concédeo o Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, a proposta do Xurado, para distinguir unha obra de autor-a español-a escrita en cualquera das linguas oficiais e editadas en España durante 2014. Está dotado con 20.000 euros.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-search.pl?idx=au&q=mankell%2C+henning&sort_by=title_az&addto=
A segunda exposición que podes visitar, en Rialeda e na Biblioteca Municipal "Xograr Mendiño" en Lorbé, está adicada ao escritor sueco Henning Mankell (1948-2015), recentemente falecido. Deixou decenas de libros de ficción, corenta pezas de teatro e varias obras para nenos-as.
Acadou fama mundial como creador da serie de novelas policiais protagonizadas polo inspector Kurt Wallander. Desde 1987 dividía a sua vida entre Suecia e Mozambique, onde dirixía, en Maputo, a compañía Teatro Avenida. Estivo en Galicia en 2009 para recibir o Premio San Clemente á mellor novela estranxeira que conceden os-as alumnos-as do Instituto Rosalía de Castro de Santiago de Compostela pola súa obra 'El Chino'. 

Visita estas exposicións e lévate en préstamo algún libro para casa!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario