21/9/15

Recomendacións en Radioleiros: 18 de setembro

 http://www.ipernity.com/doc/284673/39706586/in/album/748070
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=115157- Infantil (a partir de 12 anos):
"La cata" texto de Roald Dahl e ilustracións de Iban Barrenetxea, editado por Nórdica Libros.
O matrimonio Schoflield, pertencente á burguesía londiniense e a súa filla, agasallan aos seus convidados, entre eles o narrador da historia, cunha exquisita cea, na que asistidos por unha peculiar criada, os comensais degustarán ademais de suculentas viandas, espléndidos viños ofrecidos polo anfitrión que darán lugar a unha tensión de dimensións realmente insospeitadas, debido á presencia entre os invitados dun recoñecido enólogo que goza coas apostas.
 

- Mozos-as e adultos-as:
"A boneca de Blanco Amor" de María Xosé Queizán, en Galaxia.
Os diferentes capítulos, ou “revelacións” como lle gusta á autora chamarlles, vannos levar desde Chile á Galicia, desde o século XVI ata a época actual, como se dunha crónica histórica e de viaxes se tratase, mesturada coa trama novelesca motivada polo descubrimento dunha boneca en Punta Arenas (Chile), na que María Xosé Queizán quixo ver a misteriosa dona do señor de Andrada, nomeada por Blanco Amor en A Esmorga, e que xogou un papel decisivo na obsesión sexual dun dos personaxes de dita novela.
Pero isto non é todo porque na novela aparecen multitude de temas que descobren o como
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116266  e o por que da nosa literatura, que falan de emigración, de descubrimentos, de mulleres que non se deixan levar facilmente pola paixón amorosa, de críticas a un científico como Darwin, convertíndose por riba de todo nunha homenaxe a un dos nosos mellores escritores en lingua galega.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario