11/9/15

Recomendacións en Radioleiros: 11 de setembro

- Infantil (de 6 a 8 anos ou máis novos/as acompañados/as de adulto/a):  La pequeña Amelia se hace mayor, de Elisenda Roca e ilustrado por Paula Bonet Combel  Fermosa obra na que Amelia, unha nena pequena, nos invita a coñecer o seu mundo, no que todo é moi grande, ou ela é moi pequena!. Soña co sol, a lúa e as estrelas, xoga no xardín mentres a herba lle fai cóxegas e coñece o nome das súas flores preferidas.Gústanlle os animais que viven no océano: peixes de cores, peixes pintados de azul e negro ou unha tímida estrela de mar. Tamén ten un can e un gato e, aínda que pareza mentira, os tres se levan estupendamente...  Delicioso libro, con desplegables e unhas magníficas e tenras ilustracións, en cores vivos, que expresan a sensibilidade desta obra que nos fala da aventura de medrar, pero tamén de coñecer e compartir.   - Mozos/as e adultos/as:   Herejes, de Leonardo Padura Tusquets  Obra formada por tres historias diferentes pero relacionadas entre si:  A primeira, denominada “Libro de Daniel” parte dun feito real acontecido no ano 1939, cando o barco S.S. Saint Louis, con novecentos xudeus que lograran fuxir de Alemania, estivo fondeado varios días fronte ao porto da Habana á espera do permiso para que estes refuxiados puidesen entrar no país, sendo finalmente devolto a Europa, onde a maioría deles morreron no Holocausto. Aquí comeza a trama de Daniel Kaminsky, un neno xudeu, que acompañado de seu tío Joseph (ambos exiliados) esperan a que desembarque a súa familia. Teñen a esperanza de poder mercar ás autoridades cubanas cun pequeno cadro de Rembrandt que pertenceu aos Kaminsky desde o século XVII. Anos despois, no 2007, a noticia de que ese lenzo ía ser sometido a unha poxa en Londres, provoca que o fillo de Daniel, Elías, decida viaxar á Habana desde Estados Unidos para aclarar que sucedeu realmente con esa obra e coa súa familia, poñéndose en contacto co ex-policía e detective Mario Conde para que lle axude a resolver o problema. Nas conversacións entre ambos saberemos que Daniel decidiu cambiar radicalmente de vida e que lle atormentaba un crime... A segunda parte, é o “Libro de Elías” na que nos fala de Elías Ambrosius, un mozo xudeu, que no século XVII aprende a pintar con Rembrandt porque desexa converterse en pintor, algo que está prohibido no xudaísmo. A terceira é o “Libro de Judith” que nos presenta algunha mocidade cubana, nunha época máis recente.  Obra escrita coa mestría que caracteriza a este autor e que nos fala da dor e a perda, non só a perda dos seres queridos, senón tamén das ilusións e esperanzas. Obra moi interesante que abarca distintas épocas históricas, pero que en toda ela se ve unha loita contra os fanatismos e a favor da tolerancia e o respecto polas distintas maneiras de pensar.   Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=116532- Infantil (de 6 a 8 anos ou máis novos/as acompañados/as de adulto/a):

La pequeña Amelia se hace mayor, de Elisenda Roca e ilustrado por Paula Bonet
Combel

Fermosa obra na que Amelia, unha nena pequena, nos invita a coñecer o seu mundo, no que todo é moi grande, ou ela é moi pequena!.

Soña co sol, a lúa e as estrelas, xoga no xardín mentres a herba lle fai cóxegas e coñece o nome das súas flores preferidas. Gústanlle os animais que viven no océano: peixes de cores, peixes pintados de azul e negro ou unha tímida estrela de mar. Tamén ten un can e un gato e, aínda que pareza mentira, os tres se levan estupendamente...


Delicioso libro, con despregables e unhas magníficas e tenras ilustracións, en cores vivos, que expresan a sensibilidade deste álbum que nos fala da aventura de medrar, pero tamén de coñecer e compartir. 

- Mozos/as e adultos/as:

http://bmpg.rbgalicia.org/cgi-bin/koha/opac-detail.pl?biblionumber=110081Herejes, de Leonardo Padura
Tusquets

Obra do autor galardoado co Premio Princesa de Asturias das Letras 2015 e formada por tres historias diferentes pero relacionadas entre si:

A primeira, denominada “Libro de Daniel” parte dun feito real acontecido no ano 1939, cando o barco S.S. Saint Louis, con novecentos xudeus que lograran fuxir de Alemania, estivo fondeado varios días fronte ao porto da Habana á espera do permiso para que estes refuxiados puidesen entrar no país, sendo finalmente devolto a Europa, onde a maioría deles morreron no Holocausto.

Aquí comeza a trama de Daniel Kaminsky, un neno xudeu, que acompañado de seu tío Joseph (ambos exiliados) esperan a que desembarque a súa familia. Teñen a esperanza de poder convencer ás autoridades cubanas cun pequeno cadro de Rembrandt que pertenceu aos Kaminsky desde o século XVII.

Anos despois, no 2007, a noticia de que ese lenzo ía ser sometido a unha poxa en Londres, provoca que o fillo de Daniel, Elías, decida viaxar á Habana desde Estados Unidos para aclarar que sucedeu realmente con esa pintura e coa súa familia, poñéndose en contacto co ex-policía e detective Mario Conde para que lle axude a resolver o problema. Nas conversacións entre ambos saberemos que Daniel decidiu cambiar radicalmente de vida e que lle atormentaba un crime...

A segunda parte, é o “Libro de Elías” no que nos fala de Elías Ambrosius, un mozo xudeu, que no século XVII aprende a pintar con Rembrandt porque desexa converterse en pintor, algo que está prohibido no xudaísmo.

A terceira é o “Libro de Judith” que nos presenta algunha mocidade cubana, nunha época máis recente.


Obra escrita coa mestría que caracteriza a este autor sobre a dor e a perda, non só a perda dos seres queridos, senón tamén das ilusións e esperanzas. Obra moi interesante que abarca distintas épocas históricas, pero que en toda ela se ve unha loita contra os fanatismos e a favor da tolerancia e o respecto polas distintas maneiras de pensar.

Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario