Ás 16,30 h.
Actividade dirixida ao alumnado de 2º ESO do IES Miraflores.
Jaureguizar falará da súa obra "A coroa de Napoleón".
Tintimán é un estudante de instituto ao que lle morreu seu pai, que era un coñecido xornalista. A raíz desto fai colaboracións para o xornal compostelán no que el traballaba. Durante os actos de conmemoración da Batalla de Elviña na Coruña un misterioso cabaleiro vai roubar a coroa de Napoleón, cedida polo goberno francés, diante de todos e sen que ninguén interveña. O xornal encarga a Tintimán que a recupere e escriba a historia...
Santiago Jaureguizar y Ruiz de Zárate (Bilbao, 1965) é escritor e xornalista en El Progreso. No ano 2005 obtivo o Premio de Xornalismo Reimóndez Portela e no 2009 o Premio Museo Provincial 2009. Pioneiro na introdución da literatura galega na rede.
(información extraída de Blog Xerais, bvg e AELG)
No hay comentarios:
Publicar un comentario