- Xuvenil (a partir de 12 anos):
A coroa de Napoleón: un misterio para Tintimán na Coruña, de Jaureguizar ; ilustracións de Matalobos.
Edicións Xerais. Colección Un misterio para Tintimán, 2
Entretida obra sobre a representación que se realiza anualmente na Coruña da Batalla de Elviña, encadrada dentro das Guerras Napoleónicas.
Tintimán é un estudante de instituto ao que lle morreu seu pai, que era un coñecido xornalista. A raíz
desto fai colaboracións para o xornal compostelán no que el traballaba, debido a que o director ten certo sentimento de culpa pola súa morte. A coroa de Napoleón: un misterio para Tintimán na Coruña, de Jaureguizar ; ilustracións de Matalobos.
Edicións Xerais. Colección Un misterio para Tintimán, 2
Entretida obra sobre a representación que se realiza anualmente na Coruña da Batalla de Elviña, encadrada dentro das Guerras Napoleónicas.
Tintimán é un estudante de instituto ao que lle morreu seu pai, que era un coñecido xornalista. A raíz
Tintimán leva un tempo vivindo no piso que fóra de seu pai, polo que sempre anda acompañado do seu gato, o señor Grozni, que vai ter un papel importante na aventura.
O goberno francés cedeu a valiosa coroa de Napoleón para a conmemoración desta batalla, polo que é enviado á Coruña para cubrir esta celebración. A súa amiga Mónica conséguelle un disfrace para introducirse entre a xente que participa no acto, onde vai a coñecer a Sonia, unha fermosa moza que lle vai axudar provocando os celos de Mónica. Como non sabe moito deste acontecemento histórico solicita a axuda do seu padastro, que é profesor de historia no seu instituto e que tamén é o que lle xustifica as faltas a clase.
Durante os actos un misterioso cabaleiro vai roubar a coroa diante de todos e sen que ninguén interveña, porque moitos pensaron que formaba parte da programación. O xornal encarga a Tintimán que a recupere e escriba a historia...
- Para moz@s e adult@s:
Leonora, de Elena Poniatowska
Seix Barral. Premio Biblioteca Breve 2011
Unha novela baseada na vida de Leonora Carrington. Unha muller rebelde destinada a medrar entre a aristocracia como a rica herdeira dun magnate británico da industria téxtil. Cun carácter inquieto, desde pequena desafiou as convencións sociais, ata que marchou para dedicarse a pintar e ser unha muller libre.
Esta famosa pintora surrealista viviu unha historia de amor co tamén pintor surrealista Max Ernst. Coñeceu en París a Salvador Dalí, Joan Miró, André Breton ou Pablo Picasso.
Por Max Ernst padece un problema mental cando el foi enviado a un campo de concentración pola súa condición de xudeu, durante a II Guerra Mundial. A causa da guerra marchou de Francia para España e aquí, por ordes de seu pai, internárona nun centro psiquiátrico de Santander, do que escapou, trasladándose a Lisboa onde se refuxia na embaixada de México. De aí viaxa a Nova York e despois marcha para México onde puido continuar dedicándose á pintura e á escritura.
Esta novela é como unha homenaxe de Poniatowska a súa amizade coa artista e está baseada en numerosas conversacións que mantivo con ela e no que leu, tanto escrito por ela como sobre ela.
Un excelente retrato desta muller diferente, mito e lenda do surrealismo, ao mesmo tempo que nos aproxima ás vangardas da primeira metade do século XX.
Elena Poniatowska é Premio Cervantes 2013.
Recomendacións feitas no programa semanal que podes ESCOITAR en "Todo, todo está nos libros", emitido en Radioleiros (101.5 FM) ás 13, 15 e 17 horas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario